Cara á Guerra


6_mapa_satirico_europa_1914

As alianzas e tratados do período 1870-1914, xunto cos enfrontamentos coloniais e a arrogancia de persoeiros como Guillerme II, contribuiron a empedrar o escenario que ía orixinar a Grande Guerra. Finalmente, esta estourou despois do asasinato do herdeiro do Imperio austro-húngaro e a súa dona, en xuño de 1914, en Saraievo.

6_esquema_alianzas_antes_grande_guerra“A Grande Guerra comezou lonxe de Lovaina, no outro extremo de Europa, nos Balcáns, en Saraievo, co asasinato do arquiduque Francisco Fernando, herdeiro ao trono austrohúngaro. Igual que os lumes que asolaron Lovaina, aquel acto foi o detonante dun conflito que se extendeu por case toda Europa e boa parte do mundo. As meirandes batallas e as perdas máis cuantiosas tiveron lugar nas frontes occidental e oriental; mais tamén se combateu nos Balcáns, no norte de Italia, en Oriente próximo e no Cáucaso, así como en extremo Oriente, o Pacífico e África. Soldados de todo o mundo chegaron a Europa provenientes da India, Canadá, Nova Celandia ou Australia, por parte do imperio británico; ou desde Alxeria ou a África subsahariana, por parte do francés. China enviou culís para transportaren suministros e cavaren trincheiras para os aliados; e Xapón, outro aliado, axudou a patrullar as vías marítimas. En 1917, Estados Unidos, hostigado ata o intolerable polas provocacións alemanas, entrou en guerra. Nela perdeu perto de cento catorce mil soldados, e chegou a sentirse embaucado, metido nun conflito no que non tiña nada que gañar.”

Margaret MacMillan: 1914: De la paz a la guerra“.

“Entre 1815 e 1870, Rusia, Prusia, Austria e Francia tiveron case a mesma autoridade no escenario mundial, por detrás de Gran Bretaña. Despois, a nova Alemania acelerou e recoñecéuselle como a nación continental de maior éxito, con diferenza: líder mundial en case todos os sectores industriais, desde a farmacéutica á tecnoloxía automobilística, e pioneira social canto á promoción de seguros médicos e pensións de vellez. En Gran Bretaña, algúns patrioteiros belicosos deixáronse enganar pola inmensidade do seu imperio e seguían crendo na primacía do seu pequeno país: mais os economistas analizaron friamente o seu eclipse, por detrás de Estados Unidos e de Alemania tanto na produción como no comercio, co cuarto posto ocupado por Francia. Todas as grandes nacións consideraban positiva a ambición de extender ao máximo a súa propia grandeza e as súas posesións territoriais. Só Gran Bretaña e Francia estaban a favor de manter o statu quo no estranxeiro, porque xa saciaran as súas ambicións imperiais.

Outros sentíanse inquedos. En maio de 1912, o tenente coronel Alick Russell, agregado militar británico en Berlín, manifestou a súa preocupación polo febril estado de ánimo que percibía. Ao seu xuizo, “nos corazóns alemáns [vivíase a] incómoda sensación de que o exército patrio estaba adquirindo a fama dunha escasa predisposición ao combate, máis unha intensa irritación diante do que se consideraba arrogancia francesa e a nosa propia hostilidade, en apariencia inevitable”.  En conxunto, apuntaba, “obtemos unha suma de sentimento nacional que, chegado o caso, podería decantar a balanza cando se pesase nela a cuestión da guerra ou a paz”.”

Max Hastings: 1914, el año de la catástrofe“.

“A paz reinaba no continente europeo a mañá do 28 de xuño de 1914, cando o arquiduque Francisco Fernando e a súa esposa Sofía Chotek chegaron á estación de tren de Saraievo. Trinta e sete días despois, estaba en guerra. O conflito que comezou ese verán mobilizou 65 millóns de soldados, cobrou tres imperios, 20 millóns de mortos entre militares e civís, e 21 millóns de feridos. Os horrores da Europa do século XX naceron desta catástrofe; foi, en verbas do historiador norteamericano Fritz Stern, “a primeira calamidade do século XX, a calamidade da que xurdiron todas as demáis calamidades”.

Christopher Clark: Sonámbulos“.

* Consulta un mapa animado sobre a Primeira Guerra Mundial.

* Consulta un esquema de rivalidades entre potencias antes da Primeira Guerra Mundial, por Daniel Gómez Valle. E outro de Ana María.

Deixar un comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑