Arquivos da categoría Culture Scientifique

Évolution

Dans l’évolution humaine (dont la table de vestiges continue de s’accroître), la croissance de la taille du cerveau est importante. Quelques dates sont aussi d’intérêt. Mesurer un crâne, quelquefois, peut devenir un problème; Stephen Jay Gould met en question la mal-mesure de l’homme [voir résumé, vidéo].

Aujourd’hui, nous sommes un peu obsédés par le QI, mais ce n’est pas la question!

Advertisements

Lume e tremor

Cinto do Lume mide máis de 40.000 km, entre Nova Zelanda e América Latina. Concentra aproximadamente o 75% dos volcáns máis activos do mundo. 

O leito do océano Pacífico descansa sobre varias placas tectónicas, na que a placa do Pacífico está constreñida entre a placa indo-australiana, a filipina, a de Cocos, a de Nazca e a do Antártico. A fricción constante entre elas orixina tensións que producen movementos sísmicos. Os volcáns desta área son tamén resultado destes movementos.

En 1960 tivo lugar o grande terremoto de Valdivia, en Chile, o maior rexistrado nunca, dunha magnitude 9.5 na escala Richter. En Alaska, en 1964, rexistrouse un terremoto de magnitude 9.2. Asociados a grandes maremotos están na nosa memoria o de Sumatra en 2004 (9.1 na escala Richter) e o de Xapón en 2011 (9 na escala Richter).

De Panxea a Amasia

 

Alfred Wegener publicou en 1915 “A orixe dos continentes e océanos”, na que postulaba a existencia dun supercontinente primordial ao final da era Paleozoica (hai uns 250 millóns de anos), que recibiría o nome de Panxea, rodeado por un inmenso océano chamado Pantalasa. A teoría da deriva continental plantexaba a existencia -só probada anos máis tarde, tras o estudo dos fondos mariños- dunha serie de placas continentais que van desprazando os continentes ata formar a súa configuración actual. De feito, antes que Panxea, outros supercontinentes como Columbia, Rodinia e Pannotia terían existido. As coincidencias xeolóxicas, botánicas e faunísticas entre uns continentes e outros dos actuais así testemuñarían a antiga unidade territorial.

tectónica de placas é a teoría xeolóxica que explica a forma en que está estruturada a litosfera. Esta teoría, elaborada a mediados do século XX por diversos xeólogos, xeofísicos e sismólogos, é aceptada como aquela que unifica as Ciencias da Terra e se basea na observación da expansión dos fondos oceánicos, a estrutura interna dos continentes e do interior do noso planeta. A orixe de terremotos [ver animación] e fenómenos de subdución ou a distribución de volcáns explícanse en base a esta teoría.

O modelo de orthoversion proposto por científicos da Universidade de Yale sobre a evolución futura dos continentes prevé a formación dun novo supercontinente, Amasia, para dentro de 50-200 millóns de anos.

Exoplanetas

Os exoplanetas orbitan arredor doutra estrela que non é o noso Sol. Os primeiros descubrimentos de exoplanetas datan dos anos 1990. Recentemente, Proxima b tense convertido no aspirante máis próximo a albergar potencialmente vida. E está na órbita de Proxima Centauri.

Hai diferentes técnicas para detectar planetas extrasolares (ata 6, das que 5 son indirectas); algunhas das máis significativas son a da astrometría (medindo o desprazamento da estrela sobre a bóveda celeste), a das velocidades radiais (medindo a distancia de aproximación e alonxamento da estrela en torno á que orbita un exoplaneta) e a dos tránsitos (a través da cal se detecta que hai planetas orbitando en torno a unha estrela en función do brillo recibido da mesma).

¿Atoparemos vida intelixente ou outros espazos habitables? Desde os anos 1970, a NASA ven patrocinando proxectos SETI (Search for ExtraTerrestrial Intelligence) para tratar de atopar intelixencia extraterrestre. A meirande parte dos proxectos tratan de analizar sinais electromagnéticas capturadas en distintos radiotelescopios, ou enviando mensaxes de distinta natureza ao espazo coa esperanza de que algún sexa contestado (ata o momento, sen éxito). Con esa esperanza tamén enviamos sondas que xa teñen chegado ao límite do noso Sistema Solar.

Científicos

cene_scientifique

Cando a web meh.ro publicou, en 2010, a Última Cea dos Científicos, escolleron unha boa parte de físicos teóricos que teñen contribuído de xeito significativo aos avances da modernidade. Tamén José Manuel Sánchez Ron, en “El mundo después de la revolución” (2014) apuntou cara á Física como a grande transformadora da nosa sociedade actual.

“Se ollamos cara atrás, a como viviamos hai uns vinte ou trinta anos, deseguida nos decatamos de que o grande cambio producíuse no ámbito das comunicacións. A presenza, a omnipresenza habería que dicir mellor, de teléfonos móbiles e Internet constitúe un elemento que afecta profunda e constantemente ás nosas vidas e ao conxunto da sociedade. Enviamos e recibimos todo tipo de informacións, cunha celeridade e en cantidade tal e como nunca antes tiñamos imaxinado. Esta facilidade e inmediatez de comunicacións fai que se poida dicir, axeitadamente, que o mundo se está convertindo -¿converteuse xa?- nunha Aldea Global. (…)

Pois ben, todo iso é en grande medida produto, como sabemos ben, dese fillo da física cuántica … o transistor, e dos fillos deste, os circuitos integrados, que xunto cos láseres e a fibra óptica, forman un conxunto de instrumentos particularmente ben adaptados ao mundo do dixital, fronte aos sinais analóxicos característicos das comunicacións electrónicas anteriores.”

José Manuel Sánchez Ron: El mundo después de la revolución.

  • Consultez des informations autour des scientifiques de “la cène”.

 

 

Antropoceno

Xa é oficial. A comunidade científica, notamment os xeólogos reunidos en Sudáfrica esta semana, veñen de considerar que aquel termo empregado por primeira vez nunha conferencia en 2000 por Paul Crutzen, “Antropoceno“, define a nosa época xeolóxica actual. Dado que esta época arrancaría propiamente cara a mediados do século XX -despois da gran aceleración-, a meirande parte da poboación do planeta levamos vivindo na Terra sendo os seus actores.

Anthropocene_geolspiral

Antropoceno é un neoloxismo que tenta subliñar os irreversibles efectos das actividades humanas no clima terrestre e nos ecosistemas do planeta.