Comentar mapas temáticos

Os mapas temáticos poden ser de moi diversos tipos: de puntos, de isoliñas, de coropletas, corocromáticos, cartogramas, de fluxos, anamórficos,…

Aproveitamos esta ocasión para ofrecervos uns exemplos de mapas comentados, tomando como exemplo de base o correspondente ao mapa mundial co IDH correspondente a 2010 (fai click na imaxe para acceder):

Mapa meteorolóxico

Dentro das múltiples situacións atmosféricas ás que pode estar sometida a Península Ibérica, presentámosche aquí a correspondente á observación en superficie e altura do día 8 de novembro de 2010, ás 19.00 horas.

Coa axuda dunha presentación para practicar o comentario do mapa do tempo, identifica os tipos de tempo en España e o modelo estacional ao que pertence esta situación. Xa che adiantamos que se trata dunha advección de vento septentrional, como ben se pode corroborar no mapa en altura. Por certo, que alí é ben perceptible a circulación do Jet Stream.

* Realiza o teu comentario e non esquenzas identificarte á hora de envialo (pois esta é unha proba alternativa ao deficiente funcionamento actual da Aula Virtual do IES).

* Se che sobra tempo, nestes días de vento, non deixes de botarlle unha ollada a este capítulo da Guía do clima de España, de Vicente Aupí, no que se describen as consecuencias catastróficas dunha situación de vento extremo en 1941, na cidade de Santander. Aquí ofrecemos a ligazón que o benquerido José Miguel Viñas introduce na súa web divulgameteo.es.

* Na mesma web, José Miguel Viñas introduce o texto dunha unidade didáctica sobre meteoroloxía e climatoloxía realizada pola FECYT con motivo da Semana da Ciencia e a Tecnoloxía 2004. Non deixes de ollala.