Seca

Falar neste intre -xusto cando o tren de borrascas se ceba sobre Galicia con ventos fortes e precipitacións intensas- da seca na nosa comunidade é case levar a contraria. Pero ímoslle poñer cifras a este período de oito meses continuados con escasa precipitación en Galicia:

t_p_a_corunha_2016-17

A observación das temperaturas medias na estación meteorolóxica da Torre de Hércules en A Coruña indica unha continuidade clara con respecto dos valores medios do período 1981-2010 (a media térmica foi de 15,9 ºC, mentres a media do período de referencia foi de 15,96ºC). Por contra, o déficit de precipitacións é ben significativo (apenas 51% das precipitacións medias do período sinalado).

En Galicia estamos acostumados a que chova a cotío. E agora comprobamos que chove menos, máis intensamente concentrado e con incremento significativo das alertas meteorolóxicas. Igual é que hai que ir acostumándose ás consecuencias do quecemento global.

Como resultado disto, os encoros das distintas confederacións hidrográficas da nosa terra (Miño-Sil, Galicia-costa) e mesmo outras tributarias dalgún río galego como o Navia (a do Cantábrico occidental) téñense resentido nos seus niveis de aforo. O ano hidrolóxico -que comeza en outubro- iniciouse aínda en niveis aceptables (se ben na cunca do Lima se detectaba unha escaseza xa evidente -36% de aforo con respecto ao 56% de media-); a medida que o outono e comezos do inverno chegaron, o aforo diminuíu de xeito significativo. Velaí algúns datos a modo de exemplo: en xaneiro de 2017, o aforo de Belesar situábase no 24,71% (fronte ao promedio histórico de 59,71%); o do encoro de As Conchas, no 31,78% (fronte ao 51,47% de promedio histórico).

Nestas circunstancias, a choiva é necesaria e benvida!

Retrógrado

meteo_19_xan_2017
Estes días estamos a padecer unha advección de aire polar continental, procedente de Siberia. Trátase dunha masa de aire fría e seca, que descende en movemento retrógrado cara ao SO de Europa. Mentres en altura se produce unha valgada que se extende desde Rusia oriental ata a Península Ibérica, en superficie, unha alta presión moi intensa (con 1041 mb, centrada na Grande Chaira Europea, á altura de Alemania e Polonia) bloquea a circulación de ventos do Oeste e unha baixa presión sobre o Mediterráneo (neste caso, ao S de Italia) envía ventos húmidos cara aos Pireneos e o Levante. En consecuencia, o aire siberiano canalízase entre a alta e a baixa presión para provocar un notable baixón das temperaturas. Velaquí o mapa térmico previsto para xoves 19 de xaneiro ás 7.00 a.m.:temperaturas_19xan2017_700.

Cambio climático en Galicia

Xullo de 2016 foi o mes máis seco en Galicia desde que hai rexistros. Aínda que as opinións respecto do cambio climático poidan ser diverxentes, cada vez aproxímanse máis, e a expresión -en si mesma- deixa de cuestionarse.

Os parámetros climáticos ofrecidos polo Informe 2012-15 na comunidade pódense resumir en: 1) un aumento das temperaturas máximas -maior que o das temperaturas medias, que se incrementaron en 1ºC con respecto ao período 1971-2000-; 2) a duración promedio dos días consecutivos cálidos tende a aumentar, especialmente na metade meridional de Galicia; 3) tenden a reducirse o número de días de xeada, de xeito singular na marxe sudoriental; 4) acentúanse as anomalías de precipitacións con respecto á media nas distintas estacións, pero especialmente no outono -a redución da precipitación é máis significativa en primavera e outono; os días de choiva redúcense tamén globalmente-; 5) a duración media dos períodos de seca tende a aumentar; 6) hai unha tendencia ao aumento dos eventos meteorolóxicos extremos, sobre todo aqueles relacionados con ventos e precipitacións (son os que producen maiores efectos na poboación); 7) os impactos nos ecosistemas, a nivel de flora e fauna, serán evidentemente apreciables no futuro, en caso de manterse as actuais pautas de cambio climático.

As emisións de dióxido de carbono á atmosfera son en grande medida responsables do quentamento global. En Galicia, o procesado de enerxía representa máis das 3/4 partes destas emisións, se ben estas se reduciron con respecto ao ano inicial da crise económica, 2007. Con datos de 2014, as emisións resultantes en 2014 reducíronse nun 28% con respecto ás de 2007, un pouco por enriba da redución (23,36%) global de todas as emisións de dióxido de carbono.

emisions_c02_galicia_2007-14

Ríos atmosféricos

A partir dos estudos con satélites e radares, a partir da mellora dos modelos meteorolóxicos, coñecemos hoxe en día algo máis sobre os ríos atmosféricos, auténticas autoestradas de vapor de auga que poden mover inxentes cantidades de caudal a velocidades sorprendentes. Sobre varias rexións do planeta Terra ten lugar este transporte que leva o 90% do vapor atmosférico desde os trópicos cara aos polos.

E estes días, ríos atmosféricos procedentes do Golfo de México teñen bañado con intensidade a nosa terra, a “terra dos mil ríos”.

COP 21

Comeza hoxe en París a COP 21, a reunión na que se tentará chegar a acordos para limitar o cambio climático no planeta Terra.

Se ata hai uns anos o cambio climático antropoxénico era aínda cuestionado, hoxe en día a comunidade científica acepta nunha elevadísima porcentaxe a existencia dun quentamento global que xa está entre nós. O informe do IPCC correspondente a 2014 insiste: 1) a temperatura planetaria sigue a medrar; para deter o incremento sería preciso reducir as emisións de GEI entre un 40% e un 70% antes de 2050; 2) as vagas de calor serán máis frecuentes e durarán máis; as precipitacións extremas tamén incrementarán a frecuencia; 3) os glaciares diminuirán a pasos axigantados, como consecuencia do incremento da temperatura do permafrost; 4) os océanos quéntanse e acidifícanse, o que comportará cambios na salinidade e na evaporación.

Os impactos serán evidentes, sobre todo nos sistemas mariños e nas áreas costeiras, así como nas grandes áreas urbanas, -refuxio da maior parte da actividade económica do planeta, abranguendo as migracións climáticas e os riscos alimentarios -debido á baixa da produtividade das terras.

Diante destas evidencias, o obxectivo de non superar un incremento de 2ºC na temperatura media do planeta para o ano 2.100 -o limiar a partir do cal será difícil prever que acontecerá- convírtese no esencial deste cumio.

Norte…

Esta mañá levanteime escoitando bater o vento (bater, que non zoar). Esperanzado nun cambio de tendencia tras esta situación anticiclónica de bloqueo tan continuada de novembro -con impropias temperaturas para a estación-, e alertado sobre a acción inmediata que a “vasoira meteorolóxica” (expresión de José Miguel Viñas) ía exercer sobre o noso territorio cunha advección de aire polar, saín á rúa e advertín que facía fresco -que non frío-, que o vento rachara ponliñas e tumbara follas, que caían pingueiras espalladas -mais non en exceso… ¿Por que?

Non semella esta unha situación Norte intensa, máis ben atenuada. Pero algo é algo, diante de tanto quentamento global.

San Martiño

As temperaturas medias elevadas nesta época do ano sorpréndennos e déixannos diante da dúbida de como pode estar a afectarnos o quentamento global. A nosa percepción da realidade climática pode errar, mais semella claro o incremento da virulencia de fenómenos extremos (non só as inundacións, os tornados, os furacáns, tamén os episodios de picos de calor). O IPCC xa o ten ben advertido, e está claro que as teorías climáticas actuais dificilmente serán capaces de explicar calquera anomalía que poidamos detectar no acontecer meteorolóxico.

Hai días cuestionábame diante dunha compañeira se verdadeiramente El Niño pode estar detrás dos incrementos térmicos deste outono de 2015 –como se ten suxerido nalgún medio de comunicación. Pero ben pode chegar o momento en que as anomalías sexan tan normais que nos teñan que facer replantexar as ferramentas coas que hoxe definimos as propias estacións e variables climáticas.

Por outra banda, tradicionalmente, o veranciño de San Martiño – non necesariamente coincidente co Indian Summer de Norteaméricaé un episodio de tempo estable intercalado -no hemisferio Norte- entre as perturbacións habituais do outono. As temperaturas medias na Península Ibérica, esta vez, acadaron máis dos 25ºC no segundo fin de semana de novembro.

Altas e baixas presións

A atmósfera é un sistema global, composto por millóns e millóns de partículas que interactúan continuamente. Estudar as súas variables esixiría unha observación minuciosa en múltiples puntos para chegar a establecer unha predición meteorolóxica completamente fiable. Hoxe en día, as predicións a 2 ou 3 días son de grande fiabilidade; a partir de aí, o risco de erro dos modelos predictivos multiplícase de xeito notable.

“A presión en todos os puntos da atmosfera non é igual, existen centros de baixas e altas presións. O ar tende a moverse cara aos centros de baixas presións e a escaparse dos de altas presións. Debido a que a Terra xira, prodúcese unha forza lateral chamada forza de Coriolis. Deste xeito, as traxectorias das correntes de ar vense curvadas formando espirais, remuiños. (…)

A forza de Coriolis depende da latitude á que se estea, sendo máxima nos polos e cero no ecuador. Tamén cambia de signo segundo se estea no hemisferio norte ou sur, polo que un anticiclón no hemisferio norte xira no mesmo senso que unha borrasca (ciclón) no hemisferio sur.”

Javier Fernández Panadero: ¿Por qué el cielo es azul?

#Pam

Le petit archipel de Vanuatu (12.189 km2, moins de la moitié de la superficie de la Galice), dans le Pacifique Sud, vient d’être frappé par le cyclone Pam, de catégorie 5 (le niveau maximal sur l’échelle Saffir-Simpson), dans la nuit du vendredi 13 au samedi 14 mars. Pam a ravagé l’archipel avec des pluies diluviennes et rafales de vents atteignant 300 km/h. La pression atmosphérique en son centre était estimée vers 900 hPa.

Dans cette zone, le Pacifique Ouest, le typhon Tip (1979) était le cyclone tropical de plus grand diamètre et le plus intense jamais rapporté dans les annales modernes.

L’Organisation Météorologique Mondiale fait la différence entre ouragan, cyclone et typhon selon l’origine géographique.

* Regardez une animation à propos de la formation d’un ouragan.

* Vérifiez l’évolution de Pam.

Cambio climático

“Suxerir que se apliquen os principios da xestión da fauna á nosa propia especie evoca abominacións como a de sacrificar selectivamente a seres humáns como se fosen cervos. (…)

Nembargantes, aínda que aspiremos aos ceos, como sinalaba Pascal, seguimos a ser mamíferos que, como todas as demáis criaturas terrestres, precisamos comida e auga, recursos que agora estamos a esquilmar. O noso marisco redúcese aos restos que arrancamos do fondo mariño; os nosos solos dependen de produtos químicos artificiais, os nosos ríos están contaminados e exhaustos. Exprimimos a códea terrestre para extraer minerais, explotamos mares xeados e dividimos átomos en lugares perigosos porque os combustibles facilmente extraíbles case se esgotaron. (…) Para sobrevivir e continuar o legado da nosa especie debemos adaptarnos en consecuencia.

De xeito inevitable (…) iso significa ir reducindo gradualmente o noso número. A alternativa é deixar que a natureza… o faga por nós.

¿E como podería facer iso a natureza? Probablemente dunha serie de formas en rápida sucesión, posto que cada perda desencadea outra nova. (…) O descenso dos niveis de osíxeno e o aumento dos índices metabólicos nunhas augas cada vez máis quentes están reducindo xa o tamaño corporal do bacallao e o abadexo do Atlántico Norte, e máis rápido do que os modelos predeciran. (…)

Ao noso actual ritmo crecente de emisión de gases de efecto invernadoiro… deixaremos pequeno ese incremento de 2 ºC nas vindeiras dúas ou tres décadas. Coas dúas terceiras partes da poboación mundial vivindo a unha distancia máxima duns 300 kilómetros de algunha costa, e coa meirande parte da economía do mundo concentrada en cidades costeiras, o potencial afundimento da civilización tal e como a coñecemos, no caso de que todos eses lugares se inundasen, supera a nosa capacidade de comprensión. Os actuais traumas orzamentarios semellarán triviais fronte á perspectiva de ter que erixir diques para protexer, por orde de poboación, cidades como Tokio, Shangai, Guangzhou, Karachi, Bombai, Iakarta, Nova Iorque, Manila, Estambul, Los Angeles, Londres, Lagos, Hong Kong, Cidade Ho Chi Minh, Miami, Singapur, Barcelona, Sidney…

Eramos moitos menos, e viviamos unha vida moito menos urbana e intensa, cando a Peste Negra matou aproximadamente a unha cuarta parte de todos os seres humáns a mediados do século XIV, e tamén cando a gripe española de 1918-1920 causou estragos na nosa especie, que por entón sumaba menos de 2.000 millóns de individuos, reducíndoa en aproximadamente 50 millóns.”

A. Weisman: A conta atrás“.

* Consulta o informe sobre cambio climático do IPCC do ano 2014.

* Sen grandes acordos no cumio climático de Lima (decembro de 2014).

Isohietas e isotermas

As isohietas son isoliñas que unen puntos coa mesma precipitación total anual. As isotermas unen puntos coa mesma temperatura media anual.
Cando ambas magnitudes se representan en sendos mapas, estamos diante de mapas temáticos e corocromáticos que diferencian as áreas máis húmidas das máis áridas, ou ben as máis frías das máis calorosas.
En todo momento, os mapas resultantes han de relacionarse coas características e tipoloxías climáticas dos distintos territorios representados (no caso de España, as áreas peninsulares e insulares).

* Olla o mapa de isohietas.

* Olla o mapa de isotermas.

* Repasa unha serie de conceptos de climatoloxía.

Nubes

2_tipos_de_nubesAs nubes cambian constantemente de forma e tamaño. Polos refráns albiscamos que tempo nos traerán (“cardelas de lá, se non chove hoxe, chove mañá”, sempre me repetía miña avoa). Ollándoas podemos abstraernos e pensar en formas suxerentes. De feito, a súa presenza en moitos cadros permítenos ver os estados cambiantes da atmosfera (e xa foron analizados bos exemplos por parte de José Miguel Viñas).

As pingas de auga que as forman miden entre décimas e milésimas de milímetro (micras); condénsanse a partir do punto de rocío e precipítanse cando o seu peso supera o das forzas ascendentes de aire que as poidan conter.

Hainas singulares, como poidemos comprobar no #cursodenubes iniciado en 2013… Ollándoas poderás tentar prever o tempo. Ensaia!

Vórtice polar

O vórtice polar é un ciclón persistente, a grande escala e situado perto dos polos terrestres, na media e alta troposfera e a estratosfera. Forma parte da fronte polar.

Estes días, o centro-norte e a costa nororiental dos Estados Unidos de Norteamérica estanse a ver afectados pola acción dese vórtice polar que provocou sensacións térmicas inferiores a -50ºC en cidades como Chicago. Defuncións de indixentes, cancelacións aéreas e parálises nas comunicacións por estrada son algunhas das consecuencias inmediatas.

Polarvortexwinter

* Escoita o que contaba ao respecto José Miguel Viñas en “Herrera en la onda” (7 de xaneiro de 2014).

* Consulta unha aplicación-web para calcular a sensación térmica.

* “Baixo cero”, en Flipboard.

Quentamento global

Un informe do IPCC sobre os cambios na atmosfera e no clima ao longo do século XX advertíanos claramente do aumento dun 0,6ºC da temperatura media global da superficie (no hemisferio norte, a temperatura media aumentou máis durante o século XX que durante nengún outro século do último milenio), da diminución das xeadas [*], do incremento dos fenómenos de forte precipitación e do incremento da frecuencia e gravidade das secas no planeta [*]. Aumentou o nivel medio do mar de 1 a 2 mm anuais durante o século XX, diminuíu a extensión do xeo no Ártico [*] e reducíuse o seu grosor, os glaciares non polares tenderon a unha retirada xeralizada [*] e diminuíu a cuberta de xeo global. Fenómenos como El Niño [*] tiveron maior frecuencia, persistencia e intensidade nos últimos 20-30 anos. Producíuse unha anticipación xeralizada na floración das plantas e aparición de insectos, ao tempo que a extensión de plantas e animais se desprazou cara aos Polos. As perdas mundiais relacionadas coa meteoroloxía incrementáronse dun xeito moi significativo no último medio século.

Se a isto engadimos que se acentuaron as concentracións atmosféricas de dióxido de carbono (chegando ás 368 ppm no ano 2000), de metano (con máis do 100% de incremento de ppb ao longo do último milenio) e ozono na troposfera -aínda que este descendeu na estratosfera-, ademáis da elevación notable na emisión de CFC’s á atmosfera, parece que as evidencias do global warming (quentamento global) son claras.

Falar, polo tanto, de cambio climático, sostense na evidencia, se ben o clima ten cambiado desde sempre.

6_quentamento_climatico_1901-20006_quentamento_climatico_espanha_1960-2008

* Velaquí algunhas reflexións.

* Consulta unha web especial de El País con información sobre o Cumio do Clima de Varsovia (2013).

Lovelock di…

A gráfica do “pau de hockei” -elaborada por Jerry Mahlman  en base a estudos sobre temperaturas históricas e dendroconoloxía, e difundida polo IPCC en 2001- evidencia a tendencia ao incremento da temperatura media no noso planeta, especialmente no último século.

James Lovelock, creador da teoría Gaia, reflexiona nas súas últimas obras sobre as evidencias do cambio climático -concepto que ocasiona, ás veces, debates enfrontados, aínda que os científicos admitan xa de xeito case unánime o quentamento global, que sería unha das súas evidencias: Within the scientific community, there is no debate: An overwhelming majority of climate scientists agree that global warming is happening and that human activity is the primary cause. (http://www.ucsusa.org/global_warming/).

Ou ben esquecemos ou ben nunca soubemos o diferente que era o clima na última idade de xeo. A meirande parte do Reino Unido e do norte de Europa occidental, incluída Escandinavia, estaban enterrados baixo tres mil metros de xeo, un glaciar tan profundo como é hoxe o de Groenlandia. América do Norte estaba igualmente conxelada ata a altura de St Louis, nos 35º de latitude Norte. A pesar de todo este xeo, tratábase dun mundo máis saudábel que o actual e no que había máis vexetación, tanto na terra como no mar. Cremos que é así porque o nivel de dióxido de carbono no ar estaba entón por debaixo das 200 ppm. Fai falla moita vida para rebaixalo ata ese punto.

O nivel do mar estaba 120 metros máis baixo que hoxe e unha área tan grande como África, agora mergullada, quedaba entón por enriba do nivel do mar. Moita desta terra extra emerxeu no Sureste asiático, o que axudaría a explicar como chegaron os humanos a Australia durante a idade de xeo: a distancia era o bastante pequena como para salvala a bordo de balsas ou barcos rudimentarios.”

James Lovelock: “La venganza de la Tierra”.

“A medida que a crise climática empeore, o mundo enteiro verase afectado, mais de distintos xeitos. Sir John Houghton lémbranos no seu libro Global Warming  [*], publicado en 2004, que os cambios climáticos máis grandes se verán nas rexións polares. Pimeiro fundirase o xeo flotante e logo erosionaranse os casquetes polares de Groenlandia e a Antártida; as consecuencias destes cambios climáticos serán o aumento do calor e unha subida do nivel do mar en toda a Terra, e entón todos notaremos o cambio. Excepto nos lugares tropicais onde as montañas están próximas a mares cálidos e traen choiva, máis calor significa seca e perdas fatais na produción de alimentos. O tempo caluroso ocasiona máis choiva, mais esta escapa en inundacións repentinas ou evapórase con tal rapidez que resulta de moita menos utilidade para os cultivos que o feble orballo que cae en países fríos como Irlanda. Nas zonas continentais dos hemisferios norte e sur, onde vivimos a maioría, as secas de verán intensificaranse. Nos Estados Unidos rememorarán a Dust Bowl (os anos das treboadas de pó) dos anos trinta. Australia xa sofre desde hai once anos unha continua seca; os europeos lembrarán o horrible verán de 2003; e en China, África e Asia do Sur a fame xa é un inimigo coñecido. Como a pata dun elefante sobre un formigueiro, o quentamento global aplastará a vida das chairas continentais.”

James Lovelock: La Tierra se agota“.

Lovelock propón ollar cara ao uso da enerxía nuclear para evitar o incremento do dióxido de carbono na atmosfera, fomentar o crecemento da vexetación climácica en amplos espazos, e considera tamén que un xeito de poder paliar os problemas será acudir á xeoenxeñería… aínda que a solución final ao cambio climático non exista, porque o Sol se quenta máis a medida que se avellenta, e dentro de 500 millóns de anos a intensidade da radiación solar será aproximadamente un 6% maior que agora. Mentres tanto, bo será facerse un pouco máis ecoloxista.

Unha situación do Norte

2_situacion_sinoptica_do_norteFrío, frío… Hoxe tócanos comentar unha situación do Norte. Se non lembro mal, debe ser da data exacta en que se producíu o grande tsunami que arrasou boa parte de Tailandia, Indonesia e os extremos do Índico. Por estes lares, este era o mapa de observación de superficie.

* Consulta un comentario sobre o mapa.

* E realiza unha actividade interactiva en educaplay.com sobre o mesmo documento.

* Aproveita para completar outra actividade interactiva sobre unha DANA.

Nubes

Seguindo o #Cursodenubes en Twitter atopa un formas delirantes. O noso vello coñecido José Miguel Viñas di que se o home do tempo anuncia para mañá moito vento e vivimos a sotavento dunha cordilleira, os altocúmulos lenticulares poden aparecer con relativa facilidade. E velaquí un, case extraterrestre:

0_nubes_altocumuloslenticularisÉ para sentirse doutra terra, non si? Velaquí a lección do 7 de febreiro de 2013, hoxe mesmo.

Unha situación sinóptica do NL

É difícil ao longo dos últimos anos atopar unha situación do Norte. E de seguro que as houbo, mais, explorando nos vídeos das intervencións de Mónica López en TVE, atopamos esta situación sinóptica típica do Norte ¡o 13 de decembro de 2010!

E velaí que (ver 2’53”), segundo as imaxes de satélite, se aproxima o fluxo de aire moi frío, ártico continental, cara á Península Ibérica -aínda envolta en depresións máis meridionais-, e invadirá o territorio provocando nevaradas en cotas baixas, especialmente na marxe nororiental da Península Ibérica-. A situación sinóptica (ver 3’44”) presenta unha fronte fría que se cola desde o NL, en medio dun anticiclón moi reforzado (1040 mb) emprazado sobre Irlanda.

A predición particular e o tipo de tempo previsto [visionar especialmente desde 3’54” ata 7’05”] en España delata a posibilidade de precipitacións de neve na parte NL da Península, case en calquera cota -e de xeito especial nas abas localizadas nos avesedos-, que se reduce a medida que avanzamos cara ao Sur e fai elevar a cota de neve ata altitudes menos elevadas ma metade meridional. Sen embargo, boa parte do territorio queda baixo a influencia dese anticiclón septentrional que provocará baixadas térmicas significativas e inversións térmicas notables.

Tampouco deixedes de comprobar os efectos da masa ártica na Europa continental. Non só de España viven os mapas do tempo! Velaquí o momento concreto da presentación do mapa de isóbaras:

* E mira ti por onde… a finais deste mes de novembro de 2012, atopámonos cunha situación típica do Norte, esa que tanto se parece á que puxemos no mapa do tempo do exame (ver 5’45” do video, clickando na imaxe):