Arquivos da categoría Cine

María Estuardo

Unha muller forte. Unha católica enérxica. Unha muller políglota. Un ser traizoado. Unha mente intelixente. Bela e fermosa. Unha vontade vencida. Así presenta Josie Rourke -inspirándose na obra de John Guy– á raíña mártir María Estuardo, nun filme recentemente estreado.

A historia mergúllase no período 1561-1587, cando Isabel I era raíña protestante de Inglaterra e María se verá sometida a sucesivas conspiracións, nun mundo onde o dominio dos varóns era lei. Finalmente, fuxirá de Escocia a Inglaterra, e alí será definitivamente executada por orde da súa curmá.

O filme reclama a forza feminina de dúas raíñas orgullosas; canto a María, chaman a atención os seus earrings ao modo de María de Portugal… e o seu carisma.

Advertisements

Ötzi

Ötzi foi achado a unha altura de 3200 metros, perto do cumio de Similaun, nun lugar entre Austria e Italia. (…) Estábanse asentando entón a agricultura e a gandería, e con elas o comercio e o manexo de algúns metais (…). Coa sedentarización, os pobos ían medrando lentamente ata converterse en algo semellante a aglomeracións urbanas, aínda que as cidades eran aínda algo descoñecido nesa parte do mundo. Naquel intre, Europa non estaba en absoluto domesticada. (…)

Ötzi axúdanos a adentrarnos nun momento crucial para a humanidade: a revolución do Neolítico, cando os seres humanos comezaban a deixar atrás o mundo de cazadores recolleitadores e se xeralizaba a agricultura. (…)

O Home dos Xeos está cheo de respostas, mais tamén de preguntas: vintecinco anos de investigacións sobre o corpo permitiron resolver moitos misterios, aínda que aumentaron outros. Os científicos tardaron unha década en descobrer de que morrera e foi preciso un médico con moita experiencia, Paul Gostner, radiólogo do hospital de Bolzano, para atopar un detalle que pasara inadvertido ao resto dos observadores: unha punta de frecha á altura do ombreiro esquerdo. Ötzi fora asasinado polas costas.”

Guillermo Altares: Una lección olvidada.”

Despois das pesquisas científicas, chega o filme.

Victoria e Abdul

A raíña Victoria, ao final da súa vida, cae ¿namorada? dun servinte musulmán que vén da India.

O filme de Stephen Frears aproxímanos a unha época, adoptando o punto de vista preferente dos fastos da realeza, mergullándonos nunha historia descoñecida ata hai pouco tempo, que algo ten de reivindicativo canto á aproximación de amizade entre civilizacións, de superación dos estereotipos sociais e de “edulcoramento” dunha época colonial chea de clichés… E marabíllanos coa interpretación de Judi Dench, introdúcenos nos dispendios do xubileo, achéganos ao urdu. Unha experiencia interesante.