Arquivos da categoría Outro xeito de aprender

Banksy

Da última visita a París con alumnas e alumnos quédome cun momento único, o da reflexión en torno ao significado dunha obra de Banksy à côté du musée Pompidou.

Viñamos de visitar o Louvre, de ver a Mona Lisa nunha sala baleira destinada á súa glorificación. E a Gioconda foi misteriosamente roubada en 1911 -momento a partir do que alcanzou unha fama desmesurada.

O misterio rodea tamén a Banksy, e por iso o noso alumnado se sinte tan atraído polo que pinta en diversos lugares. Esta vez foi París, onde houbo unha verdadeira invasión dos seus grafitis para rememorar o maio de 1968 e a decadencia da pulsión revolucionaria na capital francesa -se ben as protestas radicais dos gilets jaunes de hoxe en día reavivan o espírito de barricada desta cidade.

Eu quédome coas reflexións do alumnado sobre a rata do Beaubourg, armada cun pincel ou cun cúter, tapados os seus ollos. Quédome coa vontade de pensar, de interpretar, de querer saber… Ese é o espírito a transmitir aos nosos élèves.

Por certo, en pouco tempo virá Deborah García Bello a falarnos de grafitis no noso #NeiraNaukas. Non o perdades.

#F4F

Grazas á inventiva do noso alumnado (Clara Bode e Eva Carreira) e á mobilización do profesorado, o noso IES quere sumarse ao movemento #FridaysForFuture, que contará con accións propostas por elas e eles, ademáis da lembranza de textos significativos sobre o cambio climático antropoxénico.

Neste ano de viaxes apetécenos comezar lembrando un fragmento do mestre Lovelock:

“Os astronautas que tiveron ocasión de contemplar a Terra desde o espazo comprobaron que é un planeta asombrosamente belo. A cotío falan da Terra como do seu fogar. Pido que deixemos á beira o medo e a nosa obsesión polos dereitos persoais e tribais e sexamos o bastante valentes como para ver que a verdadeira ameaza procede do dano que lle fagamos á Terra viva, da que formamos parte e que é, en efecto, o noso fogar.”

James Lovelock: “A vinganza da Terra.”

Femmes scientifiques

11 février c’est la journée internationale des femmes et des filles de science; 8 mars, la journée internationale de la femme.

Quelques femmes scientifiques ont changé le cours de notre histoire. Il y a aussi des découvertes oubliées des femmes scientifiques (l’effet Matilda). En conséquence, peu de femmes ont reçu le prix Nobel.

Le féminisme lutte pour l’égalité des sexes.

Civilización

“Civilización” é, para Mary Beard, “pouco máis ca un acto de fe”. Dínolo despois de percorrer variadas culturas e ampliar o concepto de civilización -a nivel xeográfico e de xénero- que Kenneth Clark establecera a finais dos anos 1960 na BBC (un concepto europeo e etnocéntrico).

* Le algúns extractos do libro “A civilización na mirada”. Nel, Beard aborda a ollada cara á arte laica e relixiosa, exenta de mitoloxías e prexuízos, contextualizando os obxectos e mantendo a distancia interpretativa respecto deles.

María Estuardo

Unha muller forte. Unha católica enérxica. Unha muller políglota. Un ser traizoado. Unha mente intelixente. Bela e fermosa. Unha vontade vencida. Así presenta Josie Rourke -inspirándose na obra de John Guy– á raíña mártir María Estuardo, nun filme recentemente estreado.

A historia mergúllase no período 1561-1587, cando Isabel I era raíña protestante de Inglaterra e María se verá sometida a sucesivas conspiracións, nun mundo onde o dominio dos varóns era lei. Finalmente, fuxirá de Escocia a Inglaterra, e alí será definitivamente executada por orde da súa curmá.

O filme reclama a forza feminina de dúas raíñas orgullosas; canto a María, chaman a atención os seus earrings ao modo de María de Portugal… e o seu carisma.

Ötzi

Ötzi foi achado a unha altura de 3200 metros, perto do cumio de Similaun, nun lugar entre Austria e Italia. (…) Estábanse asentando entón a agricultura e a gandería, e con elas o comercio e o manexo de algúns metais (…). Coa sedentarización, os pobos ían medrando lentamente ata converterse en algo semellante a aglomeracións urbanas, aínda que as cidades eran aínda algo descoñecido nesa parte do mundo. Naquel intre, Europa non estaba en absoluto domesticada. (…)

Ötzi axúdanos a adentrarnos nun momento crucial para a humanidade: a revolución do Neolítico, cando os seres humanos comezaban a deixar atrás o mundo de cazadores recolleitadores e se xeralizaba a agricultura. (…)

O Home dos Xeos está cheo de respostas, mais tamén de preguntas: vintecinco anos de investigacións sobre o corpo permitiron resolver moitos misterios, aínda que aumentaron outros. Os científicos tardaron unha década en descobrer de que morrera e foi preciso un médico con moita experiencia, Paul Gostner, radiólogo do hospital de Bolzano, para atopar un detalle que pasara inadvertido ao resto dos observadores: unha punta de frecha á altura do ombreiro esquerdo. Ötzi fora asasinado polas costas.”

Guillermo Altares: Una lección olvidada.”

Despois das pesquisas científicas, chega o filme.

Fóra de sitio

España é un Estado que ten fronteira con outros 5 Estados (Marrocos, Gran Bretaña, Portugal, Andorra e Francia). E aínda que as fronteiras semellan ter cada vez menos trascendencia nas nosas vidas, marcan a pel da nosa existencia.

Por elas transitou Sergio del Molino, o autor da España baleira, para analizar as diversidades socioeconómicas e lingüísticas de espazos que encartan o noso mapa, #lugaresfueradesitio que describen límites exteriores (Xibraltar, Ceuta, Olivenza,…) e fronteiras fósiles (Treviño, Ademuz,…) con singularidades propias, que nos permiten repensar a necesidade de convivir dentro da diversidade e aceptar as diferenzas como parte significativa do noso espírito democrático.

“Iso é un mapa: un instrumento que sirve para que o seu autor se atope e se defina en relación co espazo. Unha forma de coñecemento e de dominio á vez. Os mellores cartógrafos desde a Idade Moderna foron militares. Mais o que importa nestas representacións non é tanto a fidelidade e a correspondencia como o debuxo e o territorio, senón a posición do observador nel. Tendo en conta que o mundo é esférico e que o norte e o sur son, polo tanto, convencións, os mapas transmiten unha interpretación personalísima do planeta. Os europeos estamos acostumados a que Europa ocupe o centro do mapamundi, mais nos chineses, Europa está ao oeste e o centro ocúpaso Asia. En moitos mapas medievais, o centro é Xerusalén, e quen teña visitado Bos Aires antes de Google Maps teríase que ter acostumado a moverse polas rúas cun plano invertido onde o sur está arriba e o norte abaixo, que é o xeito en que os bonaerenses entenden a súa cidade.”

Sergio del Molino: Lugares fuera de sitio.”

Esquecida

A rica e variada historia do noso continente, Europa, sirve de base para as viaxes e episodios que Guillermo Altares decide contarnos en Una lección olvidada (#UnaLecciónOlvidada). Europa é unha enorme acumulación de batallas, un palimpsesto de horrores, con lugares que ben merecen ser visitados (a réplica de Chauvet, o museo de Bolzano, o anfiteatro de Cirencester, o barrio xudeu de Cracovia, o centro de cidades como Berlín e Roma, o val da Somme,…), todos eles escenarios de momentos singulares e violentos da nosa historia (algo que nos permite valorar a relativa tranquilidade do presente) . Alí poderemos atoparnos coas sombras de personaxes como Nerón, Palme, Ötzi, Caravaggio, Simon de Montfort,… e evocar os cementos de episodios que non deben ser esquecidos.

Con abundante documentación, grande erudición e innumerábeis citas literarias e históricas, cun estilo xornalístico directo, o autor fía relatos que tecen un enunciado que compartimos: a actual Unión Europea -cos seus problemas e dificultades- representa unha idea que ben merece a mágoa defender, malia non ser perfecta.

Illuminati

“Así pois, hai que entender os Illuminati non como unha omnipresente conspiración, sostida por medios sinistros durante máis de dous séculos, senón como unha reveladora nota a pé de páxina na historia da Ilustración. (…)

Os Illuminati non foron os causantes da Revolución francesa, e moito menos do auxe de Napoleón, aínda que sen dúbida se beneficiaron diso (todos menos Weishaupt foron indultados, e algúns, en especial Dalberg, chegaron a ser moi poderosos). Lonxe de proseguir coa súa conxura en favor do goberno mundial ata os nosos  días, deixaron de operar na década de 1780, e os supostos esforzos por resucitar a orde no século XX foron en grande medida falsos. Nembargantes, a súa historia é parte integrante do complexo proceso histórico que conducíu á Europa da Ilustración á Revolución e despois ao Imperio; un proceso no que sen dúbida as redes intelectuais cumpliron un papel decisivo.”

Niall Ferguson: La plaza y la torre.”

40 ans

L’Espagne est prête à commémorer 40 ans de sa dernière Constitution. L’alternance politique, les risques d’involution, la volonté de rejoindre l’Europe démocratique, les succès économiques et sportifs, la foule qui marche sur la rue, les réclamations des indignés… Tout s’organise pour raconter une époque, questionnée de plus en plus.

Décennie de troubles

L’Espagne est dans un moment de crise et d’instabilité. On parle de régénérationnisme -comme au début du XXème siècle, on est dans la pire crise économique de notre histoire récente, on est peut-être à la fin du système politique de la transition démocratique?

Derrière tout cela, le premier succès d’une motion de censure contre le gouvernement en Espagne depuis 1978 (première réunion du nouveau cabinet).

* Vidéo.

This is…

O video viral de Childish Gambino (voir explication en français) destapa toda unha serie de críticas con respecto á desigual sociedade norteamericana dos tempos presentes, nos que o american way of life é un soño de cultura melting pot inabordable.

As parodias e referencias xa se fan presentes noutros países, como España. En Francia, Marc Lavoine xa cantara que iso era Francia (ver video).

Dexo

Un percorrido pola parte oriental do Monumento Natural Costa de Dexo revela un cambio rotundo da paisaxe entre a ortofoto de 1956 e a actual: aumentou a superficie de bosque, a medida que se foron reducindo as agras -ben que a clasificación de estruturas agrarias de Bouhier incluía este espazo  na Galicia dos socalcos– e abandoando os cultivos; as vellas corredoiras enchéronse de matogueira e a edificación avanzou na marxe meridional, lonxe do espazo protexido pola catalogación de espazo natural (un LIC que forma parte de Red Natura desde 2000, con case 350 ha.). A topografía, suave, en abas dirixidas cara aos fortes cantís do Norte, oriéntase cara ao avesedo, con pendentes febles e terreos sempre por debaixo dos 100 m.s.n.m.

A igrexa románica de Santa María de Dexo [ver ficha, entrada de blogue e comentario de tese de doutoramento -pp. 383 a 397-] é punto de partida dun percorrido que agocha o castro de Castromen, o castro de Punta Roza, o castro de Punta Torrella, a cova do ladrón, o lavadoiro do río da Pedra e o porto de Dexo -no que os barcos debían ser elevados con guindastre para protexelos da forte ondaxe de marea- [ver ligazón á ruta].