Valeurs de la République

Lors des événements récents en France -réaffirmation de la laïcité après les attentats de janvier 2015-, on peut bien se demander sur l’origine de ces valeurs, incarnés par la devise “liberté, égalité, fraternité” de la première Révolution Française.
Si bien on peut revendiquer l’émergence de la laïcité pendant la Révolution de 1789, la reaffirmation de celle-ci se produit pendant la IIIème République (1870-1940).
À la fin du XIXe siècle, la France est républicaine. Malgré les crises de croissance qui ont accompagné la naissance de la IIIème République depuis sa naissance en 1870 (Commune de Paris, majorité de monarchistes au début de cette décennie dans la Chambre des représentants, adoption de l’amendement Wallon en 1875 -353 voix contre 352- en introduisant le mot “République” dans la loi constitutionnelle,…), celle-ci paraît enracinée dans le pays.
Les Français se sont alors habitués aux pratiques démocratiques d’un régime qui a introduit le parlementarisme dans les moeurs. L’avènement de la République est le résultat d’une évolution quasi naturelle qui aurait commencé avec la Révolution de 1789 pour s’achever avec l’arrivée des républicains au pouvoir en 1879.
Les valeurs républicaines s’expriment dans la litographie de 1875, laquelle présente la Marianne -avec le drapeau tricolore, le bonnet phrygien et le glaive de la justice- accompagnée par le flambeau de la Raison et deux anges qui portent les planches des Droits de l’Homme et une légende du suffrage universel -toujours masculin jusqu’en 1944- et appuyée par toutes les classes sociales. Déjà à Grenoble, le 26 septembre 1872, le “commis voyageur de la démocratie” Léon Gambetta avait proclamé l’avènement des “couches nouvelles”, ces classes moyennes appelées à jouer un important rôle politique; la confiance de celles-ci va permettre d’asseoir socialement le régime républicain.
Bien que la période 1870-1879 est une période de doute (la majorité des représentants sont monarchistes aux élections de 1870, et le Sénat maintient cette majorité jusqu’en 1879; le président de la République, Mac Mahon (1873-1879), semble se limiter au retour du roi,…) entre monarchie et république, la décennie suivante commence avec l’affirmation de la République.
L’école permet l’apprentissage des valeurs républicaines. On y enseigne une morale civique fondée sur le respect des libertés fondamentales, l’idéal démocratique et l’amour de la patrie. L’école est au coeur du combat pour la laïcité, et les lois scolaires de Jules Ferry de la période 1879-1882 donneront naissance à l’école laïque et obligatoire, une attaque contre l’Église catholique, qui avait soutenu les partisans de la monarchie au début de la Troisième République. Finalement, une loi de 1905 mettra au point la séparation des églises et de l’État.
La Troisième République établit un régime libéral en matière de presse. La loi de 1881 accorde la liberté de réunion publique sans autorisation, et une loi de 1884 légalise les syndicats, sauf au sein de la fonction publique et des corps dépendants de l’État. Sur le plan social, la loi Naquet (1884) rétablit le divorce. La République devient alors laïque et libérale.
Mais la Troisième République devra surmonter quelques crises sévères à la fin du siècle (le scandale de Panama, les attentats anarchistes, l’affaire Dreyfus), surtout celle du boulangisme -mouvement politique soutenu de façon paradoxale par les républicains révisionnistes alliés avec des bonapartistes et des monarchistes désireux de renverser la République. Avec un discours belliqueux et une grande ambigüité, le boulangisme repose sur l’espoir de revanche contre l’Allemagne. Les représentants politiques obtenus par le boulangisme aux élections de 1889 sont minoritaires; un mandat lancé contre le général Boulanger en 1889 -pour complot contre la sûreté de l’État-; le propre général, exilé en Belgique, va se suicider. Tout cela entraîne la perte de soutiens et la disparition du mouvement lors des élections de 1893.
En définitive, les valeurs républicaines ont vaincu et se sont fortement enracinées à partir de la première décennie de la Troisième République, et aujourd’hui on peut faire appel à ce moment là comme le début de continuité de la laïcité et des libertés républicaines en France.

Continuous change

A historia do presente, o período máis recente da nosa existencia, está claramente marcada pola eclosión de novos movementos sociais que teñen profundas raigames no pasado, como poidan ser o feminismo e o ecoloxismo. Outros toman forza en acontecementos coetáneos, tal e como poidan ser os movementos antiglobalización.

Toda unha serie de acontecementos está a marcar a nosa existencia con novas propostas de pensamento e acción que permiten comprender as forzas que moven as sociedades, ao tempo que os estados poderosos se confrontan estratexicamente en áreas xeopolíticas cheas de novos intereses e tensións, ás veces determinadas pola loita contra o narcotráfico, o tráfico de armas ou o control das rutas marítimas do comercio internacional.

En suma, atopámonos nun período de cambio continuo, no que os acontecementos son transmitidos en directo e dun xeito inmediato a través dunha sociedade-rede [ver o primeiro capítulo do libro de Castells] que nos implica a todos sen excepción.

* Consulta un vello artigo.

* Consulta a nosa presentación.

Autoritarismo e totalitarismo

En pleno século XXI, o culto á persoalidade sigue presente no ámbito político. Non hai que ir tan lonxe para atopar o Turkmenistán de Nyýazow, líder autoproclamado Turkmenbashi en 1993 (“líder de todos os turcománs”), sobrevivinte na era post-soviética, ata a súa morte en 2006. Grazas ao finés Arto Halonen, que filmou “Shadow of the holy book”, (“A sombra do libro sagrado”) coñecemos mellor a mensaxe do inspirador do Ruhnama, libro no que se reescribe a historia do país e se adoutrina á maioría suní de clans nómades. É a verdadeira expresión da presenza dun autoritarismo ditatorial, que ademáis se ten convertido en manual de escola para os nenos turcománs.

O autoritarismo é unha modalidade de exercicio da autoridade que impón a vontade do que exerce o poder en ausencia dun consenso que se poida construir de xeito participativo; en consecuencia, orixina unha orde social opresiva e carente de liberdade e autonomía. A sociedade preindustrial está marcada por unha forte autoridade e xerarquía en todas as ordes -relixiosa, política, económica,…-, cunha indiscutida autoridade masculina e paterna dentro da familia -patriarcado, paternalismo, machismo-, fronte a graos cada vez maiores de liberdade existentes nas sociedades industrial e postindustrial.

En política, o autoritarismo caracterízase pola concentración de poder en mans dun líder ou unha pequena elite que non é “constitucionalmente responsable diante do corpo do pobo”, baseándose no “exercicio arbitrario do poder sen consideración doutros corpos” que o poidan limitar -por exemplo, mediante a separación de poderes- e cunha inexistencia de mecanismos que permitan a efectiva alternancia no poder, como as eleccións libres multipartidistas.

Coñecemos como totalitarismos as ideoloxías, movementos e reximes políticos onde a liberdade está seriamente restrinxida, e o Estado exerce todo o poder sen divisións nin restricións.

Os reximes totalitarios diferéncianse doutros reximes autocráticos por seren dirixidos por un partido político que se comporta como partido único e se funde coas institucións do Estado; estes reximes, polo xeral, exaltan a figura dun personaxe que ten poder ilimitado -que acada todos os ámbitos- e que se manifesta a través dunha autoridade exercida xerarquicamente; estes reximes impulsan un movemento de masas -co apoio das cales se afirman no goberno- no que se pretende encadrar a toda a sociedade, co propósito de formar unha persoa nova nunha sociedade perfecta; estes reximes fan uso intenso da propaganda e de distintos mecanismos de control social e de represión, como a policía segreda.

Mussolini (que utilizou por primeira vez o termo “totalitarismo”) evidenciou todo isto no eslogan “todo no Estado, todo para o Estado, nada fóra do Estado, nada contra o Estado”.

Xa en 1951, tivo lugar a publicación da obra clásica que describe e analiza os dous movementos totalitarios máis importantes do século XX: o nazismo e o estalinismo. Trátase de “As orixes do totalitarismo”, de Hannah Arendt. O libro analiza o ascenso do antisemitismo en Europa central e occidental a comezos e mediados do século XIX, engadindo unha análise do novo imperialismo -que acontece entre 1884 e o inicio da Primeira Guerra Mundial-, para examinar a fondo o panxermanismo e o paneslavismo como fase previa ao xurdimento de movementos que sustituiron aos partidos políticos.

“Mentres que todos os grupos políticos dependen dunha forza proporcionada, os movementos totalitarios dependen da pura forza do número, ata tal punto que os reximes totalitarios parecen imposibles, incluso baixo circunstancias polo demáis favorables, en países con poboacións relativamente pequenas. Despois da primeira guerra mundial barreu Europa unha vaga intensamente antidemocrática e proditatorial de movementos semitotalitarios e totalitarios; os movementos fascistas extendéronse desde Italia a case todos os países da Europa central e oriental (a parte checa de Checoslovaquia foi unha das excepcións notables); sen embargo, incluso Mussolini, que tan orgulloso se amosaba do termo «Estado totalitario», non tentou establecer un completo réxime totalitario, e contentouse cunha ditadura e un réxime unipartidista. Ditaduras semellantes non totalitarias xurdiron na Rumanía da preguerra, en Polonia, os Estados bálticos, Hungría, Portugal e a España de Franco. Os nazis, que posuían un infalible instinto para advertir semellantes diferenzas, acostumaban a comentar con desdén as imperfeccións dos seus aliados fascistas, mentres que a súa xenuina admiración polo réxime bolchevique de Rusia (e o partido comunista en Alemania) só admitía parangón e era equilibrada polo seu desprezo ás razas de Europa oriental. O único home por quen Hitler sentía un «incalificado respeto» era «Stalin, o xenio”.”

H. Arendt: Los orígenes del totalitarismo“.

“Os movementos totalitarios son organizacións de masas de individuos atomizados e illados. En comparación con todos os demáis partidos e movementos, a súa máis conspicua característica externa é a esixencia dunha lealdade total, irrestrinxida, incondicional e inalterable do membro individual.”

H. Arendt: Los orígenes del totalitarismo“.

Sirva como exemplo de denuncia do totalitarismo e dos seus métodos, así como da oposición firme dun cidadán que se separa da masa, o inicio de “Historia dun alemán”, as memorias de Sebastian Haffner escritas en 1939 e publicadas en 2000, despois da súa morte un ano antes.

Diríase que os reximes autocráticos tenden a desaparecer nos nosos días, mais hai quen considera que se encubren para adaptarse ao novo ambiente. ¿É a súa unha estratexia camaleónica? ¿Ou é que verdadeiramente a democracia está a espantalos?

“A Revolución dos cravos foi o comezo do que o profesor Samuel Huntington bautizou como “a terceira vaga da democratización”. A primeira vaga producírase no século XIX, coa ampliación do sufraxio e a aparición das democracias modernas en Estados Unidos e Europa occidental, mais sufríu unha serie de reveses en vésperas da Segunda Guerra Mundial, co ascenso das ideoloxías totalitarias. A segunda vaga, que chegou despois da guerra co restablecemento da democracia en Europa, tivo unha curta vida. O comunismo e os reximes monopartidistas implantáronse en toda Europa oriental e en moitos estados que viñan de obter a súa independencia. A terceira vaga ten sido duradeira e tivo un meirande alcance xeográfico.”

M. Naím: El fin del poder“.

* Visualiza un video recente con Kim Jong Un de protagonista.

* Consulta o Global Report 2011 de CSP sobre conflitos, governanza e fraxilidade estatal. Consulta o mapa interactivo co informe de Polity IV correspondente a 2011 para caracterizar os reximes políticos de cada Estado.

* Consulta o Mapa da Liberdade 2014 elaborado por Freedom House. E consulta o informe de base desta organización sobre a democracia por continentes.

* Olla a nosa presentación sobre este tema.

Crimea’s patchwork

Nos tempos de Catalina II de Rusia, o Imperio ocupou Crimea  (1783), despois de que -tras a guerra ruso-turca de 1768 a 1774, na que Rusia conquistou boa parte do espazo ucraíno- este territorio permanecera durante un tempo erixido en kanato “independente” e sumido en loitas internas. O interese por acceder ao Mediterráneo levou ao Imperio Ruso a controlar a península, que máis tarde sería obxecto dunha contenda internacional que ten sido catalogada por Orlando Figes como a primeira “Grande Guerra”.

“O nome da guerra de Crimea non reflicte a súa escala global e a súa enorme importancia para Europa, Rusia e esa área do mundo – que se extende desde os Balcáns ata Xerusalén, desde Constantinopla ata o Cáucaso- que chegou a definirse pola Cuestión Oriental, o problema internacional plantexado pola desintegración do Imperio otomano. Tal vez sería mellor adoptar o nome ruso da guerra de Crimea, a “Guerra Oriental”  (Vostochnaia voina), que cando menos ten o mérito de relacionala coa Cuestión Oriental, ou incluso chamala a “Guerra Turco-Rusa”…

A guerra empezou en 1853 entre forzas rusas e otomanas nos principados do Danubio de Moldavia e Valaquia, o territorio da actual Romanía, e propagouse ata o Cáucaso, onde os turcos e os británicos alentaron e apoiaron a loita das tribos musulmanas contra Rusia, e desde alí extendeuse a outras áreas do Mar Negro. En 1854, coa intervención dos británicos e franceses á beira dos turcos e a ameaza dos austríacos de unirse a esta alianza antirrusa, o tsar retirou as súas forzas dos principados e o combate trasladouse a Crimea. Mais houbo outros diversos escenarios de guerra entre 1854 e 1855: o mar Báltico, onde a Royal Navy planexaba atacar San Petersburgo, a capital rusa; o Mar Branco, onde bombardearon o mosteiro de Solovetsky en xullo de 1854, e incluso a liña costeira siberiana do Pacífico.”

Orlando Figes: Crimea. A primeira grande guerra“.

Bastión dos rusos brancos despois da revolución de outubro de 1917, Crimea converteuse en república autónoma en 1921, dentro da URSS, se ben sería despois rebaixada á categoría de oblast (rexión ou provincia), e transferida en 1954 á RSS de Ucraína. En 1997 -despois de anos de defender que Crimea nunca formara parte de Ucraína, Rusia recoñece a soberanía de Ucraína sobre a cidade de Sebastopol, se ben nela está instalada a principal base da flota rusa no Mar Negro.

Sebastopol exemplifica ben o patchwork étnico de Crimea actual -sumida hoxe nunha escalada de tensión que afecta ás relacións internacionais-, na que rusos e ucraínos predominan por enriba doutras variadas demografías: tártaros, armenios, xudeus,… Toda unha serie de comunidades que exemplifican ben o carácter multiétnico de boa parte da Europa da ribeira do Mar Negro.

0_crimea_grupos_etnicos_telesurtv_net

CNI e CNA

Dentro do movemento antiimperialista desatado nas colonias xogaron un papel importante algúns partidos que teñen consolidada a súa influencia nos respectivos países de orixe.

Destes partidos fixamos a atención agora en dous: o Congreso Nacional Indio (CNI) e o Congreso Nacional Africano (CNA).

O Congreso Nacional Indio ou Partido do Congreso foi fundado en 1885, o mesmo ano da Conferencia de Berlín. Este partido liderou o movemento de independencia indio que xa se tiña manifestado inicialmente coa revolta dos cipaios en 1857. Mais o momento de eclosión do CNI vai ser a partir da Primeira Guerra Mundial, despois de ter regresado Gandhi á India (1915); este líder sería despois o artífice da desobediencia civil -que xa tiña ensaiado en Sudáfrica, onde vivíu entre 1893 e 1915- como método de acción para acadar a independencia. A marcha do sal de 1930 é o comezo desta política activa que desembocaría no “Quit India” e a independencia da India, outorgada por Gran Bretaña en 1947. Con escasas interrupcións, o CNI dominou a política hindú desde a independencia, e mantense no poder en 2014.

En Sudáfrica, colonia tamén británica desde a segunda guerra bóer -finalizada en 1902-, fundouse o Congreso Nacional Africano en 1912 co obxectivo de defender os dereitos da maioría negra do país. A partir da instauración do rexime do apartheid, co dominio do Partido Nacional Afrikaaner, en 1948, o CNA tivo que loitar contra a política de segregación racial e “colonización interior” por parte da minoría branca. En 1955 -o mesmo ano de celebración da conferencia de Bandung-, o CNA asinou a “Carta da Liberdade”, documento que presenta unha serie de demandas para a creación dunha Sudáfrica sen distincións raciais, obxectivo que non foi posible ata a liberación de Mandela e a convocatoria de eleccións libres para 1994. Desde entón, o CNA domina a escena política sudafricana, se ben sufríu en 2008 a escisión do COPE (Congreso do Pobo).

De Kipling a Twain

Desde a formulación da Doutrina Monroe en 1823 (aquela que viña a declarar que “América era para os americanos”), os Estados Unidos consideraron Latinoamérica dentro da súa área de influencia.

Con máis de 100 intervencións no exterior durante o século XIX, os Estados Unidos afrontaron a guerra contra España, en 1898, como o comezo real da súa expansión imperialista exterior. Nesa guerra, Estados Unidos non se anexionou Cuba, mais advertiron a unha Convención Constitucional Cubana que o exército norteamericano non sairía de Cuba ata que se incorporase a Enmenda Platt -que o Congreso aprobou en febreiro de 1901- na nova Constitución cubana. Esta enmenda confería a USA “o dereito a intervir para preservar a independencia cubana, a defensa dun Goberno axeitado para a proteción da vida, a propiedade e a liberdade individual…”.

En 1899, os filipinos liberados do xugo español  tras o Tratado de París (1898) rebeláronse contra os ocupantes estadounidenses, aínda que finalmente Filipinas pasou a ser unha colonia dos norteamericanos, formalmente ata 1946.

Contra a guerra filipino estadounidense (1899-1902) xurdíu a voz da Liga Antiimperialista dos Estados Unidos, fundada por Mark Twain -inicialmente para criticar a acción norteamericana na guerra de Cuba-. Twain rediseñou a bandeira norteamericana en lembranza do que algúns chamaron “xenocidio filipino”.

Outras voces de inspiración marxista denunciaron o imperialismo en Europa, como no caso de Rosa Luxemburg e Lenin.

Atrás quedaba a visión civilizadora que -por parte dos pobos colonizadores- Kipling tratou de transmitir en “White man’s burden”, ben expresada na caricatura de Victor Gillam en 1899.

“Nos seus versos, Kipling exhortaba ás nacións invasoras a quedarse nas terras invadidas, ata cumprir a súa misión civilizadora:

Asume a carga do Home Branco
Envía aos teus fillos mellores,
obrígaos ao exilio
ao servizo das necesidades dos teus cautivos,
aceptando o pesado xugo
que xe impoñen os teus recén capturados pobos,
salvaxes, rencorosos,
metade demos, metade nenos.

O poeta hindú advertía que os servos son tan ignorantes que ata ignoran o que precisan, e tan ingratos que nunca valoran os sacrificios  que os seus amos fan por eles:

Asume a carga do Home Branco
a cambio da antiga recompensa:
a maldición dos mellor tratados,
a xenreira dos mellor coidados,
a queixa dos mellor levados
(¡ai, lentamente!) cara á luz…”

Eduardo Galeano: “Espejos”.

* Olla algunhas caricaturas sobre o imperialismo norteamericano. Velaquí algunhas outras. Incluso outras máis.

Un “mapa literario” de África

4_winwood-reade-map

Os principais protagonistas do “mapa da literatura de África” -debuxado por William Winwood Reade– eran os exploradores de finais do século XVIII e do século XIX: David LivingstoneRené “Caillié”, Mungo Park, Speke, Stanley,… (por certo, ¿lembras cal foi o escenario da famosa frase “Dr. Livingstone, I presume?”). Nese mapa obsérvase un grande baleiro sobre o territorio do futuro Congo belga.

“Os extraordinarios logros de Stanley como explorador  -non só por ter atopado a Livingstone, senón a confirmación de que o Nilo Branco nace no lago Victoria- quedaron deslocidos pola súa participación no que pode ser o maior desastre humanitario concebido pola soberbia e avaricia coloniais.

Animado pola actitude altisonante de Stanley no río Congo entre 1874 e 1877, o rei Leopoldo II de Bélxica cooptou con el para que tomase parte nunha empresa bastante menos “científica”. Nunha época na que Gran Bretaña, Francia, Italia, Alemania e Portugal estaban a repartirse o continente nunha expedición de saqueo imperial desenfreado, a conquista do territorio mediante unha mestura de ambición industrial e inspiración relixiosa pudo semellar simplemente a orde natural das cousas. Leopoldo expuxo as súas intencións na conferencia xeográfica celebrada en Bruxelas en 1876, propoñendo o establecemento dun comité internacional co obxecto de elevar a “civilización” dos nativos do Congo “por medio da exploración científica, o comercio legal e a guerra contra os traficantes de escravos “árabes”.

Afirmou que lle movía un obxectivo máis alto: “Abrir á civilización a única parte do noso mundo na que aínda non penetrou, esnaquizar o veo de escuridade que gravita sobre pobos enteiros é, atrévome a dicir, unha cruzada deste século de progreso”. Mais as súas ideas de progreso e métodos científicos eran pouco convencionais na súa crueldade, pois entrañaban a imposición dunha escravización brutal, unha ditadura militar e o control implacable sobre o comercio do marfín e do caucho, ambición que inicialmente só foi posible grazas a que Stanley traballou para el como axente intachable comprando extensas zonas da rexión con boas palabras e baratixas.”

Simon Garfield: En el mapa“.

* Consulta a web da Universidade de Princeton sobre a exploración de África.

* Lembramos “Darknesscuridade”, un traballo co noso alumnado do curso académico 2007-08.

Reto socialista en USA, ca. 1900

En Estados Unidos de Norteamérica asentouse o Consello Xeral da AIT despois da expulsión dos anarquistas no Congreso de La Haya (1872); nos Estados Unidos tivo lugar a disolución da AIT, tras o Congreso de Filadelfia (1876). En Estados Unidos, as décadas de 1880 e 1890 foron testemuñas de grandes insurreccións laborais e laboristas, mellor organizadas que a grande folga ferroviaria de 1877.
E, pouco a pouco, a protesta laboral medrou ata reivindicar a xeira laboral de 8 horas na folga de Chicago de 1886, orixe da conmemoración do 1º de maio. Ás reivindicacións anarquistas e socialistas uníronse as feministas, á creación do Partido Socialista dos Estados Unidos seguíu a do sindicato IWW (ao que pertencía Joe Hill, un dos wobblies máis activos, autor da canción “The Preacher and the Slave”).

* Todo iso nos conta H. Zinn no capítulo “O reto socialista” [ver presentación].

A Comuna de París

O historiador norteamericano Howard Zinn, autor da Outra historia dos Estados Unidosescribíu en 1999 unha obra teatral que leva por título Marx in Soho. Nela recrea un monólogo de Marx diante dos espectadores, no que repasa a vixencia do seu pensamento no mundo actual e algúns episodios como a Comuna de París [páxinas 25 a 29 da versión proposta] e as súas discrepancias con Bakunin.

O proxecto autoxestionario da Comuna de París experimentouse entre marzo e maio de 1871, despois do afundimento do Segundo Imperio francés e a proclamación en Versailles do II Reich alemán. Durante 60 días, un goberno inspirado en ideoloxías diferentes -marxistas, anarquistas, outras de tradición hebertista,…- promulgou decretos revolucionarios (autoxestión das fábricas abandonadas polos seus donos, creación de garderías para os fillos das obreiras, laicidade do Estado, obriga das igrexas de acoller as asembleas de viciños e de sumarse ós labores sociais, remisión dos alugueres impagados e abolición dos intereses das débedas). A entrada do exército da III República en París acabaría coa masacre duns 30.000 parisinos e o fusilamento dos líderes do movemento.

“Thiers retirábase con todo o goberno a Versalles e, a finais de marzo, en París proclamábase a Comuna. Agora era o goberno francés (de Versalles) o que sitiaba e bombardeaba París desde o forte do Mont-Valérien, mentres os prusianos deixaban que o fixese,…

(…) A mañá do luns (22 de maio), os homes de Versalles colocaban os canóns no Arco de Triunfo e alguén deu aos comuneiros a orde de abandoar unha defensa coordinada, levantar barricadas e atrincheirarse cada un no seu propio barrio. (…)

A Comuna apagouse os días seguintes, cun último corpo a corpo a arma branca no cemiterio Père-Lachaise. Cento corenta e sete supervivintes, dicíase, foron capturados e axustizados no lugar.”

Umberto Eco: El cementerio de Praga“.

Un dos símbolos deste movemento revolucionario estivo no derrubamento da columna da Place Vendôme, erixida en tempos de Napoleón I, aínda que ao pintor Courbet lle saíse caro o acto, pois foi -nun proceso en 1873- xulgado responsable e condeado a aboar os gastos de reconstrución da mesma.

4_derrubamento_columna_place_vendome

“A Comuna enseguida se considerou como a primeira revolución da idade industrial, que anunciaba unha nova era de revolución social máis que política. A esquerda viuna como o primeiro disparo da loita internacional de clases que conduciría en última instancia á vitoria total da clase traballadora. Por outra banda, a dereita considerábaa como o primeiro signo da revolución socialista inminente, que temían fose organizada polo movemento obreiro internacional. De feito, como coincidiu co apoxeo do eco e a propagación popular da Primeira Internacional, moitos conservadores sobreestimaron o seu papel na Comuna e crían que xa era capaz de planexar e organizar unha revolución universal. Unha das consecuencias foi que Bismarck se convencese de que había que tomar medidas contra o movemento socialista en aumento na nova Alemania.

(…) En último termo, a Comuna foi máis importante como símbolo e exemplo para revolucionarios futuros. Se ben non ameazou seriamente o statu quo burgués en 1871, é certo que asustou ás elites económicas e políticas: a súa existencia semellaba dotar de carne e óso á pantasma da revolución comunista coa que Marx ameazaba no Manifesto Comunista de 1848. Pode considerarse, polo tanto, como precursora da Revolución Rusa de 1917.”

Allan Todd: Las revoluciones. 1789-1917

* Un vídeo-resumo de Javier Fernández-Peña.

“O comunista manifesto”

A pantasma do comunismo parece percorrer o mundo -xa non só Europa- 5/3 de século despois da publicación do Manifesto Comunista. E agora xa non como traxedia nin como farsa, senón como estética. A caída do PC (Partido Comunista) a mans do pc (personal computer) deixa no imaxinario colectivo Ostalxia e pervivencias dun Eastern que tería sido inaugurado por Steinbeck e Capa co Diario de Rusia...

Debulla todas estas reflexións Iván de la Nuez en “El comunista manifiesto”, un paseo pola influencia do comunismo na cultura contemporánea, desde as propostas de José Antonio Hernández Díez ou o colectivo PSJM [ver] ata as fotografías de Eric Lusito [ver], pasando pola recreación teatral de Marx no Soho, de Howard Zinn [ver] ou a inclusión da faciana do propio Marx nunha tarxeta Mastercard… E sendo posible seguir un curso on-line sobre “O capital” con David Harvey.

4_jose_antonio_hdez_diez_marx

En suma, que o neoliberalismo terá “enterrado” ao comunismo, mais a difusión do código libre na web, o panfleto de Hessel, a mercadotecnia ou a filmografía seguen a recrear un “comunismo manifesto” que combate.

“En resumo, a sombra do comunismo proxéctase sobre o presente como nostalxia e como materia crítica, como a ilusión polo mundo do traballo manual e como a culminación imaxinaria doutra vida posible, como crítica ao mercado e como vinganza polas atrocidades daqueles reximes. Toda unha secuencia de arqueoloxías diversas nas que non se busca a restauración dun sistema senón o resarcemento dunha posibilidade, acaso minúscula, de vivir doutro xeito.”

Iván de la Nuez: “El comunista manifiesto”.

“Acaso esa posdemocracia califique ese momento en que a democracia debe lidiar -e non sempre en igualdade de condicións- con outras “cracias” puxantes que lle gañan terreo e constrúen os planos da política actual.

Desde a “Cleptocracia” (poder organizado de roubo e desfalco do Estado) ata a “Petrocracia” (baseada no poder do petróleo). Desde a “Quirocracia” (o imperativo social, e enorme negocio, da cirurxía estética) ata a Narcocracia (ese poder do narcotráfico que non pode circunscribirse a un asunto delictivo e abarca horizontes políticos e incluso xeopolíticos). Desde a “Aristocracia” (mantida aínda con todos os seus privilexios en boa parte de Europa) ata a “Ladrillocracia” (poder alcanzado pola especulación do solo e as súas respectivas burbullas inmobiliarias). Todo isto sen esquencer, na rede, o apoxeo da “Anonimocracia” (que vai desde o acto de xustiza ou vinganza dos que non teñen “nome” ata os trolls) ou o declive da “Meritocracia” (noutros tempos reverenciada como medida de progreso en calquera sociedade liberal).”

Iván de la Nuez: “El comunista manifiesto”.

Revolución Industrial

Xa nos advirte Alfred Chandler de que o desenvolvemento do uso da máquina de vapor durante o século XIX e a popularización da electricidade e as innovacións na xestión desembocaron nuna segunda revolución industrial que xerou empresas moito máis grandes que as que xurdiran na primeira revolución industrial do século XVIII… E esa primeira revolución veu da man doutros cambios a nivel agrícola, demográfico e tecnolóxico que tiveron especial incidencia na Inglaterra revolucionaria.

Permitídenos acudir a Galeano para introducir este proceso:

“Potosí, Guanajuato e Zacatecas comían indios. Ouro Preto comía negros.

No solo español, rebotaba a prata que viña do traballo forzado dos indios de América. En Sevilla, a prata estaba de paso. Ía parar á panza dos banqueiros flamencos, alemáns e xenoveses, e dos mercadores florentinos, ingleses e franceses, que tiñan hipotecada a coroa española e todos os seus ingresos.

Sen a prata de Bolivia e de México, ponte de prata que atravesou o mar, ¿tería podido Europa ser Europa?

(…) E sen a compra e venda de negros, ¿tería sido Liverpool o porto máis importante do mundo e a empresa Lloyd’s a raíña dos seguros?

Sen os capitais do tráfico negreiro, ¿quen tería financiado a máquina de vapor de James Watt? ¿En que fornos se terían fabricado os canóns de George Washington?”

Eduardo Galeano: “Espejos”.

* Una presentación introdutoria.

* Uns documentos e un posible comentario dos mesmos.

* Unha presentación de Sergi Sanchiz.

* Un esquema comparativo da primeira e segunda revolución industriais.

Un mapa satírico

Falar do caricaturista Fred W. Rose é achegarse aos mapas antropomórficos e satíricos. O mapa do polbo (“octopus map”) de 1877 é un exemplo da súa mestría. Forma parte da colección da Biblioteca Británica e, 25 anos despois da súa publicación en 1877, foi utilizado pola propaganda xaponesa para gañar apoio europeo contra Rusia na guerra ruso-xaponesa.

Baseándose en estereotipos nacionais, Rose presenta unha Europa axexada polo polbo ruso, que cos seus tentáculos abrangue desde as fronteiras persas ata Polonia e os Balcáns, tentando facerse cunha saída ao Mediterráneo. O enfermo de Europa, o Imperio Otomano, tendido a cabalo de dous continentes, mantén aínda o dominio sobre parte dese territorio balcánico anceiado libre polos eslavos. Unha xove patria ao Sur non sabe que facer coa tiara papal; a Occidente, máis alá dunha España durmida, dous vellos inimigos prepáranse para un futuro enfrontamento cheo de mortes. Illados aparecen John Bull e o crego que demanda a Home Rule… nuha terra de forte influencia católica. Rose non desaproveita a ocasión para criticar a un rei acaparador, Leopoldo II de Bélxica.

* Distingue os países representados e os seus estereotipos neste mapa interactivo.

Burguesía e clase media

2_degas_algodon_new_orleansXurdida como grupo social urbano na Baixa Idade Media, a burguesía afirma o seu status político e social na Europa posterior ás revolucións dos séculos XVII e XVIII. Sempre heteroxénea, adquire no século XIX un poder político que corre paralelo ao seu potencial económico, aristocratízase en certo xeito e impón uns valores morais e de conduta que afirmarán o seu predominio.

“A burguesía domina. Ela é a nova aristocracia, a nobreza do século XIX. (…) A burguesía domina porque manexa todas as forzas sociais; porque posúe as fontes de riqueza, os instrumentos de traballo, o crédito. O goberno é tributario seu, igual que a nación. Por ela o pobo vive; por ela morre. Ela é, en fin, señora e raíña do mundo social. Este dominio está consagrado, proclamado polas institucións políticas. É a burguesía quen fai a lei e quen a aplica.”.

Duclerc, E.: Dicionario político e enciclopédico. París, 1842.

“A burguesía someteu o campo á dominación da cidade, creou cidades enormes, incrementou en alto grao o número da poboación urbana en relación á rural, fixo depender aos países bárbaros e semibárbaros dos civilizados, aos pobos campesiños dos pobos burgueses, ao Oriente do Occidente. A burguesía vai superando cada vez máis a fragmentación dos medios de produción, da propiedade e da poboación, centralizou os medios de produción e concentrou a propiedade nunhas poucas mans.”

Marx e Engels: Manifesto do Partido Comunista. 1848.

A partir de comezos do século XX, o grupo de xente acomodada que integra a clase media comeza a medrar, ao abeiro do crecemento económico dos anos posteriores á Primeira Guerra Mundial, especialmente nos Estados Unidos.

En Europa, o crecemento económico posterior á Segunda Guerra Mundial (a expresión acuñada por Fourastié é a dos “trinta gloriosos“, os anos que van de 1946 a 1974)  motivará o incremento dunha clase media consumista que -a ollos de algúns cineastas como Chabrol ou Buñuel– manifesta signos de decadencia.

A recente crise económica pode cuestionar aínda máis o poder socio-económico desta clase media que perde poder adquisitivo en Europa, mais que medra de xeito significativo nos países emerxentes.

“O progreso dos países pobres contrasta claramente coa situación recente en Europa e Estados Unidos, onde unha clase media que tivo decenios de crecemento e prosperidade está a perder os seus cementos económicos e contraéndose como consecuencia da crise financeira. O desemprego crónico que está arraigándose en moitos países europeos e en Estados Unidos é un problema grave. Nembargantes, a imaxe xeral de que a humanidade actualmente goza de mellor calidade de vida, de que satisface as súas necesidades básicas moito mellor que nunca, é crucial para comprender os fluxos e as redistribucións actuais de poder,…”

Moisés Naím: El fin del poder“.

* Olla a presentación.

* E visualiza un film de Polanski coa clase media como protagonista:

“En 2008, días despois de que se anunciase o rescate bancario masivo en Estados Unidos e poucas semanas despois da caída de Lehman Brothers e o rescate da xigantesca aseguradora American International Group (AIG), a crítica Naomi Klein calificou a época como “unha revolta das elites… e cun éxito incrible”. Klein dicía que tanto o longo abandono da regulación financeira como o repentino e masivo rescate eran reflexo do control das clases dominantes sobre a política. E suxería que había unha tendencia común na concentración de poder que unía a grandes países con sistemas políticos e económicos aparentemente opostos. “Vexo unha deriva cara ao capitalismo autoritario que comparten [Estados Unidos], Rusia e China -explicou Klein nun acto público en Nova Iorque-. Iso non quere dicir que esteamos todos na mesma fase, mais si vexo unha tendencia cara a unha mestura moi inquedante do grande poder empresarial e grande poder do Estado que colaboran en defensa dos intereses das elites.”

Moisés Naím: El fin del poder“.

Va, pensiero

Vai, pensamento… comezaba o coro do “Nabucco” -ópera estreada en 1842- de Verdi, inspirado no salmo 136 Super flumina Babylonis… E o pensamento ía cara á liberdade naquela Italia do Risorgimento:

* Olla un breve reportaxe sobre O gatopardo, de Lampedusa.

* E un “artigo conmemorativo” de Timothy Garton Ash respecto do 150º aniversario da creación do Estado italiano.

* Ademáis, unha visión crítica desde o Mezzogiorno, un video de Davide Ippolito e Claudio Boschi.

Educando a Chulalongkorn

A educación básica do futuro rei Rama V, o príncipe Chulalongkorn de Siam, correspondeu -por desexo do seu pai Mongkut- á institutriz Anna Leonowens, unha viúva británica que foi chamada á actual Tailandia para poñer “todo o seu empeño no coñecemento da lingua inglesa, a ciencia e a literatura e non na conversión ao cristianismo”. Esta historia revisitámola volvendo ver a versión contemporánea (1999) do filme “Ana e o rei”. E aproveitamos a ocasión para profundizar nunha serie de temas-chave que propón o visionado do filme:

5_caratula_ana_y_el_rey_sliderocket

God save the Queen

5_imperio_britanico_ca_1914

“A India vendía a Inglaterra os seus tecidos finos de algodón e de seda, e o goberno inglés buscaba o xeito de evitar esa invasión. A partir de 1685, as teas hindúes foron castigadas con pesadas tarifas. Despois os gravames seguiron aumentando, ata chegar a moi altos niveis, e alternaron con períodos de portas pechadas.
Pero o tempo foi pasando e as barreiras e prohibicións non conseguían desaloxar a competencia. Medio século despois das máquinas de vapor e da revolución industrial inglesa, aínda os tecedores da India eran duros de pelar. Malia os seus primitivos medios técnicos, as súas teas de alta calidade e baixo prezo seguían atopando clientes.
Estes testudos competidores non foron aniquilados ata que por fin, a comezos do século dezanove, o imperio británico  culminou a sangue e lume a súa conquista militar de case todo o territorio hindú e obrigou aos tecedores a pagar impostos astronómicos.
Despois, tivo a xentileza de vestir aos sobrevivintes da hecatombe. A mediados do século dezanove, cando xa os teares da India xacían afogados no fondo do río Támesis, os hindúes eran os mellores clientes da industria téxtil de Manchester.
Para entón Dacca, que o lendario Clive da India comparara con Londres e Manchester, estaba baleira. De cada cinco habitantes, catro fóranse. Dacca era o centro industrial de Bengala, e Bengala xa non producía tecidos, senón opio. Clive, o seu  conquistador, morrera de sobredose, pero os cultivos de mapoula gozaban de boa saúde no medio da ruína xeral.
Agora Dacca é a capital de Bangladesh, país pobre entre os pobres.”

Eduardo Galeano: “Espejos”.