#Fame

O Obxectivo do Milenio número 1 para 2015 -enunciado pola ONU- é “erradicar a pobreza extrema e a fame. Pero, por moito que as estatísticas disfracen os resultados dos ODM, a fame está lonxe de ser erradicada: 800 ou 900 millóns de persoas no mundo pasan fame e sofren malnutrición, 8.000 rapaces morren cada día por esta causa. E o problema acaba sendo alarmante en moitos países do Sahel ou da África Negra, o OutroMundo -como alerta o Global Hunger Index de 2014.

Nun libro sementado de datos, cifras e historias particulares, Martín Caparrós percorre o mundo para dar conta dun dos grandes problemas actuais: a fame, expresión máxima da desigualdade crecente da que se nutren as nosas sociedades. E faino partindo daquela información que Jean Ziegler nos aportou en “Destrución masiva”, que contaba como a agricultura, no mundo actual, podería alimentar a 12.000 millóns de persoas (e o planeta alberga menos de 8.000 millóns). Pero os intereses globais da economía actual non facilitan a equitativa distribución desa produción alimentaria; a tese de Caparrós é que a causa da fame está na actual distribución da riqueza entre a poboación mundial (e aquí ven a incidir nunha cantinela que ben coñecemos grazas a Thomas Piketty).

Caparrós percorre o mundo para testemuñar os estragos da fame: de Níxer a Sudán do Sur, onde a acción de MSF se fai tan necesaria; das chozas de Madagascar ás vilamiserias de Bangladesh; dos suburbios de Bos Aires aos comedores sociais dos arrabaldos de Chicago -para atopar no incremento da obesidade a “faciana pobre” dos países ricos. Á beira de enclaves rurais como Madaua -en Níxer- sobresaen outros moitos bidonvilles e slums –Dharavi en Mumbai, Kamrangirchar en Daca, José León Suárez en Bos Aires- tan ben retratados por Mike Davis en “Planeta de cidades miseria”. Pero tamén se achega o xornalista á Bolsa de Chicago, o lugar onde o negocio de futuros sobre materias primas agrícolas desestabiliza o menú diario de tanta xente, sobre todo desde que -tras o estourido da crise da burbulla inmobiliaria-, en 2008, fose alí onde se elevasen dun xeito notable o prezo dos alimentos, como consecuencia da especulación financeira que os levou a seren novos valores refuxio de diferentes fondos de investimento: o lugar onde se negocia e incrementa o prezo dos cereais básicos de consumo humano (aínda que en boa medida se destinan a nutrir animais ou fabricar agrocombustibles). E iso repercute de xeito negativo, especialmente, en países do OutroMundo, nos que o orzamento investido en comida por parte da xente está, de media, entre o 50 e o 80% da renda mensual.

“El hambre” é unha obra que evita e combate as teses neomalthusianas defendidas por Alan Weisman en La cuenta atrás”, que equilibra relato literario, testemuñas directas e información obxectiva; unha investigación que obriga a reflexionar sobre os nosos hábitos diarios en relación coa comida e a solidariedade, sobre a necesidade de políticas redistributivas máis dignas e xustas,… É un libro que non pode deixar indiferente, que xa podemos considerar entre os nosos imprescindibles.

* Consulta extractos da obra en #Fame.

Produción agropecuaria e pesqueira en España

Analizando a produción agropecuaria en España a través dos datos do MAGRAMA (Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente) constátase que somos un país: a) cunha importante produción de cereais -dentro dos cultivos herbáceos, tanto en regadío como en secaño, nunha área de clima mediterráneo continental apta para esta especialización en campos abertos-, aínda que variable interanualmente -debido á alternancia de secas que minguan a produción- e destinados non só ao consumo animal, senón tamén á alimentación do gando; b) cunha produción de leguminosas que se incrementa en razón das demandas dunha dieta variada no mercado; c) cunha importancia relativa dos cultivos industriais, entre os que destacan a produción de azucre e xirasol -oscilante esta última en función tamén das secas e da súa variable utilización como produto oleícola ou para alimento do gando-; d) cunha estabilizada produción de forraxes para alimentar o gando, destacando entre eles a alfalfa; e) cun incremento relativo na produción de hortalizas, propio dun país que explota o adianto nas datas de xerminación con respecto a outras áreas europeas para ampliar a competitividade da horticultura mediterránea, baixo plástico ou ao aire libre, de cara a incrementar ás exportacións á UE; esta especialización mantense tamén na estabilizada produción de cítricos tan característicos da horta levantina; f) cunha especialización ben clara en vide e oliveira, cultivos leñosos tan propios do clima mediterráneo, que se potencian grazas á creación de denominacións de orixe protexidas e á elevación dos estándares de produción a nivel ecolóxico; g) cun maior consumo de proteína animal e sacrificios de porcinos e aves, ademáis doutro tipo de gandería estabulada, en razón das demandas do mercado; h) cunha estabilizada produción láctea, en razón da fixación de cotas por parte da PAC (Política Agrícola Común) -debido á existencia de maiores produtividades noutras áreas da UE.

Canto á produción pesqueira, a de moluscos en acuicultura supera xa amplamente á das capturas de pesca. Non sucede así aínda cos peixes, para moitas especies dos cales existen regulacións específicas tratando de preservar os caladoiros e evitar a sobrepesca, tal e como se establece nas bases da PPC (Política Pesqueira Común).

* Podedes consultar os datos estatísticos neste documento.

* Consulta tamén a web alimentación.es e localiza no seu SIG as áreas de produción de distintos cultivos en España. E interésate polas producións de verduras e froitas… para comer mellor!!!

Non está de máis que, a pesares de todo, cando falamos de produción agropecuaria e pesqueira, pensemos que estamos a falar dunha das bases da nosa existencia, na que a seguridade e a soberanía alimentaria, xunto coas necesidades de abordar un consumo sustentable, son precisas. Neste senso, non está de máis que leamos o interesante ensaio de Esther Vivas que presentamos na entrada desta anotación.

Lanzarote

vides_geria_yann_arthus_bertrand

“É un val estreito [o de Geria] que se abre camiño entre abas de pedra e grava que van desde o violeta escuro ata o negro. No decurso dos séculos, os habitantes da illa recolleron os croios para construir uns muretes semicirculares, e despois foron afondando na grava para formar unhas excavacións protexidas polos muretes. No interior destas excavacións, a resgardo do vento, plantaron unha vide. As gravas volcánicas son un terreo excelente e a insolación é boa; a uva que vendiman dá un moscatel moi aromático. A tenacidade esixida por estes traballos era impresionante. A acta natalicia de Lanzarote foi unha catástrofe xeolóxica total; mais alí, neste val, ao longo de varios quilómetros, podía verse unha natureza abstracta, reconstruida ao xeito dos homes.”

Michel Houellebecq: “Lanzarote“.

* Ver web de turismo de Lanzarote.

Poboación activa agraria e PAC

6_poboacion_activa_agrariaA pesares da redución continua e progresiva da poboación activa agraria no conxunto da poboación activa española -desde o 50% en 1950 a menos do 5% na actualidade-, en tempos recentes subsisten determinadas diferenzas provinciais que contribúen a sinalar a importancia do sector primario sobre doutros, especialmente nas provincias con máis do 12% de poboación activa agraria (determinadas áreas de escasa industrialización correspondentes ao interior peninsular, como é o caso das provincias de Zamora, Cuenca e Xaén; e outras provincias nas que, a pesar do seu carácter parcialmente litoral -Lugo, Huelva, Almería-, o insuficiente pulo dos sectores secundario e terciario conceden un peso relativo moi significativo ao sector primario).

En todo caso, o avellentamento xeral da poboación marca a tónica xeral da poboación activa agraria, cunha redución progresiva de explotacións rendibles que só se ve paliada en áreas de pulo importante como as de cultivos baixo plástico do litoral almeriense.

Feitas as salvedades das provincias “litorais” citadas, as meirandes porcentaxes de poboación activa agraria concéntranse especialmente no interior peninsular, e sobre todo en Extremadura e Andalucía, comunidades de forte presenza latifundista e man de obra vencellada á contratación de xornaleiros e temporeiros -esquema que tamén se ten repetido, aínda que con man de obra preferentemente procedente da inmigración magrebí, na provincia de Almería-.

* Olla un esquema da PAC.

Cambios e permanencias no sector agrario

6_paisaxe_agraria_esquema

Cando falamos das paisaxes agrarias -tan transformadas nos derradeiros tempos- non podemos deixar de evocar que as paisaxes culturais do pasado manteñen a súa impronta aos ollos do visitante. E así lembramos aquelas verbas de Patrick O’Flanagan sobre a nosa terra:

“Como estranxeiro, unha das cousas que máis me chama a atención, e que considero unha das forzas principais da Galicia moderna, é a presencia da policultura en toda a rexión, aínda que as políticas europeas destes tempos, unidas ao cambio nos gustos da xente, provoquen a diminución e a substitución dese tipo de cultivos en favor doutras empresas, máis especializadas. Aínda hoxe -anos 1990-, a exuberante riqueza do agro galego queda patente na grande variedade de árbores, arbustos, cultivos e plantas silvestres que nel medra. En realidade, hai certas zonas de Galicia -como as penínsulas que forman as Rías Baixas e as súas famosas comarcas do Morrazo e O Salnés- cun aspecto tan fértil que ata se lles pode perdoar aos visitantes que confundan cun xardín botánico a rexión tan admirablemente eloxiada pola súa máis grande poetisa, Rosalía de Castro, e que consideren decadente ruína agraria unha rexión que, en realidade, conta cun ilimitado potencial de posibilidades.”

Patrick O’Flanagan: “Xeografía histórica de Galicia”. 

O autor pon énfase nos cambios: do policultivo ao monocultivo, do minifundio ao crecemento das explotacións agrarias,… mais sen deixar de admirar as permanencias nesta terra xa tildada por Manuel Rivas de bonsái atlántico.

18

Pois ben, se observamos a imaxe superior -correspondente a unha parroquia do concello de A Pastoriza, en Lugo, en xaneiro de 2012-, ¿que queda e que é novo nesta paisaxe agraria? En primeiro lugar, estamos diante dunha paisaxe de hábitat disperso, predominantemente de uso gandeiro -velaí os prados que abranguen a meirande parte do terreo, detrás da matogueira do primeiro termo-, cunha redución progresiva das sebes naturais -árbores que limitan algunhas parcelas- en beneficio da roturación de novos espazos do antigo monte comunal destinados a pradería artificial, cun agrandamento xeral das parcelas e das explotacións. A especialización gandeira (cárnica e láctea) eliminou boa parte da policultura da que quedaba admirado O’Flanagan, se ben intuímos novos aproveitamentos nalgúns espazos dedicados á silvicultura do eucalipto, esa que fai da nosa terra unha grande produtora de madeira de crecemento rápido -moitas veces sometida á incesante queima dos pirómanos-. Velaquí, pois, un espazo rural transformado, unha área de escasa densidade demográfica e con niveis de renda inferiores á media urbana, mais esencial para connotar o noso país.

* Consulta un documento sobre as paisaxes agrarias en España no blog de Pedro Toledo.

* E un resumo máis simple destas paisaxes.

Cambios e permanencias no sector primario

1. Acuicultura é o conxunto de actividades que, mediante algún tipo de intervención no ciclo biolóxico de animais ou plantas acuáticas, ou no medio no que habitan, permiten controlar a súa reprodución e/ou crecemento. Compre diferenciar as actividades que só pretenden limitar a actividade recolectora, tales como “topes de capturas”, vedas, etc., daquelas que consisten en modificar o seu hábitat, defender estes organismos doutros ataques, ou intervir no seu ciclo biolóxico. A acuicultura aparece polo de agora restrinxida a un pequeno abano de especies, principalmente peixes, moluscos e crustáceos, en función da súa importancia económica e do desenvolvemento dunha tecnoloxía axeitada e limitada espacialmente á beiramar ou as augas continentais.

2. A agricultura ecolóxica é un sistema para cultivar unha explotación agrícola autónoma, baseada na utilización óptima dos recursos naturais e sen empregar produtos químicos de síntese ou organismos xenéticamente modificados (OXMs) -nin para abono nin para combater as plagas-, logrando deste xeito obter alimentos orgánicos á vez que se conserva a fertilidade da terra e se respeta o medio ambiente. O seu incremento está vencellado á difusión da idea dun crecemento sostible e equilibrado.

3. A denominación de orixe (D.O.) ou denominación de orixe controlada (D.O.C.) é un tipo de indicación xeográfica aplicada a un produto agrícola do que a calidade ou características se deben fundamental e exclusivamente ao medio xeográfico no que se produce, transforma e elabora. Os produtores que se acollen á denominación de orixe comprométense a manter a calidade o máis alta posible e manter certos usos tradicionais na produción. Un consello regulador autoriza a exhibir o distintivo aos produtores da zona que cumpren as regras. Esta figura facilita o acceso de produtores a mercados nacionais e internacionais.

4. O concepto desagrarización refírese á perda de poboación adicada á actividade agraria, así como á perda de importancia económica da actividade agrícola nun territorio, e o conseguinte debilitamento das institucións sociais vencelladas a esta actividade que organizan diferentes aspectos da vida social (por exemplo, a explotación familiar agraria, a propiedade da terra como base da estratificación social, os sistemas de xestión comunal dos recursos agrícolas, etc.).

5. Explotación intensiva é aquela explotación agraria que elimina os barbeitos e recorre á produción continua do terreo, estimulada polo emprego de fertilizantes e o regadío artificial. Este tipo de agricultura intensiva, moi habitual no litoral mediterráneo, especialízase, por exemplo, na horticultura, que, dadas as condicións naturais e climáticas do noso territorio, permite unha produción a finais de inverno e comezos de primavera, susceptible de exportarse a outros países europeos que non teñen as mesmas condicións climáticas. A agricultura intensiva explota o terreo obtendo del unha forte productividade, sobre terreos moitas veces reducidos.

6. A Política Agrícola Común (PAC), adoptada inicialmente en 1962, pretendía incrementar a produtividade agrícola garantindo niveis de vida dignos aos agricultores da entón CEE (Comunidade Económica Europea), estabilizar os mercados, garantir a dispoñibilidade dos abastecementos e asegurar ao consumidor suministros a prezos razoables. As reformas dos anos 1990 centráronse en establecer cupos sobre determinados produtos (lácteos, por exemplo, nos que a UE é excedentaria), axudas para prácticas agrícolas que garanticen o respeto medioambiental e promoción do desenvolvemento rural con novas alternativas (turismo rural, por exemplo). As reformas máis recentes inciden na redución de axudas directas, polo onerosa que resulta a PAC no orzamento xeral europeo, desligamento das subvencións canto á produción e pago único por explotación, ademais de volver insistir na necesidade de que as axudas vaian destinadas a explotacións respetuosas co equilibrio medioambiental. Para xestionar os fondos da PAC creáronse o FEOGA (Fondo Europeo de Orientación e Garantía Agrícola) e o FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional), aos que hai que unir aportacións do FSE (Fondo Social Europeo) e do Fondo de Cohesión.

7. A Política Pesqueira Comunitaria (PPC), xurdida en 1970, ten como obxectivos: a) a protección das poboacións contra a pesca excesiva; b) garantir unha renda digna para os pescadores; c) garantir o suministro regular dos consumidores e da industria de transformación a prezos razoables; d) a explotación sostible dos recursos mariños vivos desde os puntos de vista biolóxico, medioambiental e económico -promocionando a acuicultura-. Contando cos fondos do IFOP (Instrumento Financeiro de Orientación da Pesca), esta política serve para que a UE negociew en nome dos países membros os tratados de pesca con países terceiros, así como vixiar o tamaño da frota pesqueira europea -co gallo de impedir o seu crecemento e favorecer un aproveitamento sostible dos recursos mariños-.

8. A silvicultura é a actividade que trata do cultivo de montes e bosques. A práctica máis habitual da silvicultura é o aproveitamento forestal de espazos destinados á produción de madeira, leña ou resinas, pero que tamén poden ter un efecto positivo na protección de cuncas hidrográficas, a conservación de hábitats naturais -susceptibles de integrarse en parques naturais protexidos- e o desenvolvemento de espazos recreativos.

9. Os alimentos transxénicos (ou OGM, organismos xeneticamente modificados) son aqueles modificados pola enxeñería xenética coa finalidade de incrementar a produtividade agrícola dalgunhas plantas (exemplos son o millo, a cebada ou a soia), mediante a súa resistencia mellorada ás plagas. As críticas das organizacións ecoloxistas a estes cultivos proveñen do control oligopolístico por parte dunhas poucas multinacionais sobre as sementes (co risco de perda de biodiversidade global), así como o abuso de fertilizantes que se fai con estes cultivos -o cal agrava o posible cambio climático-.

Unha paisaxe agraria

Camiñando cara ao alto de Santo Antoniño de Toques atopamos unha panorámica do val do río Furelos que expresa ben o cambio da paisaxe agraria galega en tempos recentes. Aínda que pervivan trazos do policultivo tradicional nalgúns casos, o abandono do campo leva a unha explotación máis extensiva, centrada na gandería bovina especializada na produción de carne. Á beira deste predominio de pradeiras sobre o espazo das antigas agras, sinálase un uso intensivo coa aparición de algún que outro invernadoiro especializado nos produtos de horta para os mercados próximos (Melide, Arzúa) e outros máis urbanos e abundantes (Santiago de Compostela); intensiva é tamén a explotación de granxas porcinas.

A transformación do saltus é moi significativa: aínda que neste sector da Galicia central perviven especies autóctonas como os carballos, castiñeiros e bidueiros, a introdución de piñeiros e eucaliptos progresa -con destino á venda para pasta de papel ou taboleiros-, mentres devece o uso que do espazo de matogueira (landa atlántica) se facía para a produción de estrume; esta matogueira é ás veces roturada para crear pradeiras artificiais alí onde as pendentes non son excesivamente elevadas.

Mais tamén hai herdanzas tradicionais ben claras: velaí están as sebes de salgueiros, bidueiros e ameneiros que lindan aínda nalgunhas parcelas, ou velaí as hortas de coles para manter ás galiñas e servir de base para o caldo tradicional que aínda é manxar abondoso nos xantares de aldea. O autoconsumo verificarase con antigas cortiñas hoxe destinadas á produción de patacas e legumes, ao tempo que os froitais surten en tempada de mazás e peras sobre todo. Pero, iso sí, xa non cantan os carros; ao sumo, agora renxen os tratores.

Paisaxes agrarias en España

Seguindo a caracterización das paisaxes agrarias en España que fai o IGN en colaboración coa AGE, presentamos o mapa de sistemas agrarios en España:

Plus simple était le classement de Méndez et Molinero:

En plus, nous ajoutons une carte de distribution des produits agricoles et d’élevage:

* Consultade os datos máis recentes sobre o sector primario publicados polo INE no seu España en cifras 2010. E tamén unha reportaxe de El País sobre o avellentamento da poboación campesiña e o abandono da agricultura, un dos problemas acuciantes hoxe en día.

* Consultade tamén as imaxes de paisaxes agrarias comentadas polo IGN en España a través dos mapas.

* Accedede ao visor SIGPAC. Velaquí unha panorámica das paisaxes agrarias en España a partir do SIGPAC:

* Para unha información puntual das paisaxes agrarias galegas e as súas transformacións recentes, non deixedes de consultar este artigo da profesora Torres Luna.

* Dans le monde, le progrès d’une agriculture plus mécanisée a transformé vraiment les paysages agraires partout:

Évolution des paysages agraires aujourd’hui

“Alors que dans l’agriculture traditionnelle à finalité domestique l’exploitation a comme destination première la reproduction sociale et économique en quasi-autarcie, l’autoconsommation étant le principal moteur de fonctionnement, avec la diffusion d’une agriculture de marché, l’exploitation devient une entreprise dont l’objectif premier est de vendre sur un marché. (…)

L’agriculture de marché conduit … à la constitution de bassins de production specialisés et à la concentration. (…)

[Dans] l’agriculture hors-sol [hydroponie], les paysages sont marqués par la multiplication de bâtiments surbaissés et allongés, couverts de tôles ou de fibro-ciment. (…) À côté des hors-sols, un autre type d’exploitation s’est diffusé en liens étroits avec l’agriculture de marché, il s’agit des formes multiples d’agriculture sous serre. Ici l’intensification est poussée à son maximum par l’utilisation de procédés industriels et scientifiques conduisant à une artificialisation vis-à-vis des cycles naturels. La conjugaison de cultures sous abri (châssis de verre, serres, tunnels plastiques) et du chauffage (soit par l’électricité, le fuel ou l’eau chaude fournie par l’industrie…) permet d’accélérer les cycles des cultures ou de les rendre indépendants du climat à fin de produire à contre-saison. (…)

Tout au long de l’histoire, le drainage des zones humides et leur transformation par poldérisation en prairies ou terres labourables a été une permanence afin d’étendre les zones cultivées. La maîtrise de l’eau, en combattant ses excès comme sa pénurie est une constante.  (…) Le fait nouveau n’est pas dans ces techniques, mais dans leur très rapide et large diffusion depuis un petit nombre de décennies à l’ensemble des espaces agraires. (…) L’irrigation par aspersion ou celle dite au goutte-à-goutte, et non plus seulement gravitaire, ont révolutionné les modes techniques d’utilisation des eaux. (…)

Le recours massif aux engrais chimiques, la sélection de nouvelles variétés, la diffusion de semences sélectionnées… et allant jusqu’à la production d’organismes génétiquement modifiés (OGM)

Dans les pays du Sud, c’est par le terme de révolution verte introduite à la fin des années 60 que l’on rassemble l’ensemble de ces mutations reposant sur la toute-puissance de la chimie et de la biologie. (…)

La mécanisation est inséparable de la mise en place de l’agriculture de marché.”

Jean Renard: “Les mutations des campagnes”.

Homenaxe a Delibes

Ven de morrer Miguel Delibes (1920-2010), un dos máis insignes coñecedores da flora e fauna de Castela, un dos literatos que acariñou a xeografía que pisou. En lembranza, deixamos algúns breves fragmentos de interese para a nosa materia, non sen ironía no caso do texto de “La hoja roja”.

“Pero este ano foi un castigo e a auga non deixou de caer perante o outono e non se pudo sementar. E cando, á fin, o arado pudo entrar nas terras baixas, xa era febreiro e os expertos dixeron: “É preciso sementar os trigos de ciclo curto.” E o Servizo facilitou a semente, pero unha vez sementado, levantouse o sol sobre os campos e para abril o cereal secou sen granar nen encanar, e para non perdelo de todo, as xentes do pobo meteron o gando nas terras para que pastase. Era a miseria, e para mitigar o problema, a Deputación dixo: “Votaremos un crédito extraordinario para reparar a estrada e resolver o paro.”

Miguel Delibes: “La mortaja”.

“As diminutas hortas da beira do arroio quedaron abrasadas pola xeada negra. Non obstante, os homes do pobo descenderon obstinadamente ás súas parcelas e sementaron as terras de herbas acedeiras, berros picantes, escarolas rizadas, chícharos tenros, apios, porros e cenorias temperás. (…) Un sol, aínda clemente, estabilizou a temperatura, e baixo as súas raiolas os cereais remataron de encanar e de granar e secaron en poucos días. No pobo, aumentou entón a actividade. A toda hora, os homes e as mulleres limpaban as eiras e preparaban os apeiros para a malla e, ao solpor, desinfectaban os graneiros dispostos para recibir o cereal. Sobre o ceo, dun azul intenso, voaron un día as cigoñas novas da torre anticipándose ao dito do defunto señor Rufo: “Por San Xoan, as cigoñas a voar”.”

Miguel Delibes: “Las ratas”.

“O vello Eloi sabía que o home é un animal de curta vida por longa que sexa a que se lle conceda. Xa de rapaz fixo uns cálculos e coñecía o promedio de vida normal dun home: 25.000 días, é dicir, pouco máis de medio millón de horas. Agora, o vello Eloi calculaba os días de vida dun home que morre aos 75 anos e chegou á conclusión de que rondaban os 27.375, que correspondían a 657.000 horas, ou sexa 39.420.000 minutos, ou sexa 2.365.200.000 segundos. Mais considerando que o home durme un promedio de oito horas diarias, que transcorrían nun estado de morte provisional, viña a resultar que o home que morre aos 75 anos vivira tan só 18.250 días, ou sexa 438.000 horas, ou sexa 26.280.000 minutos, ou sexa 1.576.800.000 segundos. Mais se descontaba, como era de lei, os días, as horas, os minutos e os segundos que o home pasa na inopia da primeira infancia, a vida consciente dun home que vive 75 anos reducíase a 15.695 días, ou sexa 376.680 horas, ou sexa 22.600.800 minutos, ou sexa 1.356.048.000 segundos. Afondando no seu caso concreto, o vello Eloi chegaba á conclusión de que vivindo ata os 75 anos, restábanlle por vivir 1.220 días, que correspondían a 29.280 horas, ou sexa 1.756.800 minutos, ou sexa 105.408.000 segundos. Moi pouca cousa no mellor dos casos.”

Miguel Delibes: “La hoja roja”.

Paisaxes agrarias

   

Literatos e pintores téñennos aportado imaxes das paisaxes agrarias en España a traverso do tempo. Velaquí algúns exemplos:

“Cruzou prados humedecidos polo rego, e herdades que remataran de segarse a véspera; meteuse por entre viñedos; saltou valados; atravesou hortas con froitais e costeou eiras onde resoaba o cadencioso golpe do mallo; en suma, gastou coa actividade e o movemento a súa impaciencia torturadora, que lle encendía o sangue e poñíalle os nervos como cordas de guitarra. O exercicio foille proveitoso; andando e andando, empezou a sentirse coa cabeza máis despexada e o corazón máis tranquilo.”

Emilia Pardo Bazán: “La madre naturaleza”.

“Por último, coñecín tamén os principais portos de inverno e de verán, aos que envían os seus gandos os vales da vecindade, e admirei a beleza daquellas brañas («majadas») de apretada e fina herba, verdadeiras calvas en medio de grandes e tupidos bosques de poderosa vexetación. Cada unha destas calvas ten, nos portos de verán, unha choza, e nos outros un «invernal»: a choza para albergue das persoas que pastorean o gando, e o invernal, edificio amplo e sólido, de cal e canto, para establo e palleiro dunha boa cabana de reses. Polo común, cada invernal corresponde aos gandos de oito ou dez condonos das «hazas» ou partes da braña contigua. Algúns deses invernais estaban xa ocupados. De noite come o gando prendido na pesebreira, da «ceba» do palleiro, segada nas hazas en agosto; de día pasta ao ar libre, mentres o tiempo o consinte, ao coidado dos seus donos, que despois de deixalo recollido ao amencer, baixan durmir ao pobo; ao revés que en verán, durante o que dormen amontoados na choza, quedando a cabana «acurriada», é dicir, reunida na majada circundante. As éguas e cabalos fan vida máis independiente e libre, e achabámolas, en estado semisalvaxe, onde menos o pensabamos.”

José María de Pereda: “Peñas arriba”.

“É media tarde e o sol brilla con forte paixón. Tarde de xullo chea de fortaleza e de trigos maduros… Polo amarelo avermellado dos trigais vese correr a brisa suavemente…, algunha vez brilla unha gadaña… Nos ribazos verdes, hai mapoulas, nos outeiros con olmos hai ovellas. Hai algúns campos sementados con aveas de prata. N0 ceo anda case invisible a lúa en crecente… Por un monte recúrtase a figura dun vello pastor, e ao relixioso ambiente o sol vai dando ouros transparentes e enche de misticismo ás azuladas lonxanías… Uns bois cos ollos docemente entornados camiñan maxestuosos ao vaivén lánguido da carreta. O ar estaba preñado de olores de trigo e de sol. Toda a marabilla da tarde está nos fondos tornasolados. Algunha vez descóbrese ao lonxe un torreón de pedra coroado de anduriñas que pían e pían, e pobos sen cor que xurden de pronto entre os outeiros como cousa de encantamento.”

Federico García Lorca: “Impresiones y paisajes”.

“O tren sulcaba estas paisaxes africanas. A chaira, con vexetación da cor do chan, aparecía desolada baixo o ceo azul cheo do cruel esplendor do sol de mediodía. Nin pobos, nin casas, nin un só signo de vida que dese animación a este tórrido deserto… A ambas beiras do camiño estendíase o mar dourado dos trigais maduros. Os talos erguíanse recios, brillantes, a xeito de lanzas… A terra, queimada, estendíase ampla e silenciosamente diante de nós… a traverso da espida e inhóspita chaira manchega… a paisaxe era só unha chaira sen límites, xa coñecidaa por certo; despois, de cando en vez foron aparecendo algúns viñedos e, por último, a planicie era toda unha inmensa viña perdida no horizonte.”

A.F. Jaccaci: “El camino de don Quijote (Por tierras de La Mancha)”.

“Tras a estepa castelá -sobria, mística- ábrense os campos andaluces como un sorriso do paraíso perdido. Campos de sobreiras e oliveiras, hortas e parras, vales e ríos, gando corpulento e froitos exuberantes. De cando en vez algunha serra que no seu repeito produce abondosas colleitas. Aínda perdura a viva impresión que Andalucía disparou sobre a miña sensibilidade, cando percorrín as súas terras por primeira vez. Amencía. Un sol amarelento acariñaba levemente a rica e dilatada chaira –cortijos brancos, oliveiras verde chumbo, terra vermella- bañada polo río Guadalquivir. E alá no alto, a maxestuosa distancia, un claro ceo branqueciño.”

Agustín Basave Fernández del Valle: “Visión de Andalucía”.

* Atoparedes máis referencias literarias e pictóricas neste artigo de Buenaventura Delgado e Juan F. Ojeda publicado no Boletín da AGE (2009).

* Resulta interesante ollar algúns dos paneis da Visión de España que hai case 100 anos realizou Sorolla para a Hispanic Society de Nova Iorque: Castela (“A festa do pan”), Galicia (“A romería”), Estremadura (“O mercado”), Andalucía (“O encerro”).

* Le un artigo de Julio Llamazares en El País sobre a interpretación da paisaxe en España.

* É interesante o esquema de paisaxes agrarias en España proposto por Marino Aguilera no seu blogue.

* Tamén podedes ollar a presentación sobre paisaxes agrarias en España que figura en Slideshare.

Sector primario en España

 

A pesar de ser o segundo país de Europa, tras Francia, na cantidade de superficie agraria útil (SAU), en España vai diminuindo de xeito continuo o peso económico do sector primario, tanto en poboación activa como en participación no PIB. As paisaxes agrarias españolas, condicionadas localmente polas características do relevo, pertencen esencialmente a tres ámbitos agroecolóxicos que podemos clasificar como: sistemas atlántico-húmidos, dominio mediterráneo seco e dominio semiárido, no que o grao de desertificación se acentúa ata falarmos, por exemplo, dun risco de desertización (desertificación nos casos en que estamos a observar a incidencia directa da man do ser humano) de máis do 47% das terras da rexión murciana.

* Analiza o caso agrario galego a partir dun informe de Tomás Pérez Vidal.

* Consulta un breve resumo dos resultados xerais do Censo Agrario de 1999.

* Consulta a nota de prensa do INE sobre os resultados do Censo Agrario de 1999 e infórmate sobre os principais resultados nas táboas publicadas ao respecto.

* Actualiza os datos en base á nota de prensa publicada sobre as explotacións agrarias en 2005 polo propio INE. Consulta tamén un informe sobre o sector agrario en España pertencente á Enquisa sobre explotacións agrícolas realizada polo INE en 2007.

* A partir do resumo do censo agrario de 1999, realiza unha síntese explicativa dos datos, facendo fincapé nas diferenzas entre CCAA segundo SAU, réximes de tenencia, especializacións agrícolas e gandeiras. Podes auxiliarte dalgunhas táboas e gráficos como os que che presentamos a continuación:

Cadro estat�stico 1 Censo Agrario 1999Cadro estat�stico 2 Censo Agrario 1999Cadro estat�stico 3 Censo Agrario 1999Cadro estat�stico 4 Censo Agrario 1999Nº de explotacións agrarias. Censo de 1999SAU. Censo Agrario 1999Réxime de tenencia. Andaluc�a, 1999Réxime de tenencia. Galicia, 1999Aproveitamento das terras labradas por CCAA, 1999Cabezas gandeiras, 1999

* Consulta unha presentación sobre o sector primario en España.

* Consulta o vocabulario de Xeografía Agraria

Litoral de Oleiros

Google Earth é unha ferramenta de indubidable valor de cara ao estudo da Xeografía. As paisaxes, o ager e o saltus, as redes viarias, as tramas urbanas, os diferentes usos do solo, percíbense con claridade a través das imaxes de satélite que difunde este programa. Ante a proximidade dunha conferencia complementaria do programa mardeoleiros, sobre a planificación urbanística e a xestión do litoral por parte de técnicos do concello de Oleiros, poñemos á vosa disposición imaxes aéreas actualizadas do noso litoral, a distintas escalas, accesibles en Google Earth:

LorbéCosta NorteCosta de MeraMeraMorro de CanideSanta CruzBastiagueiroPerilloPerillo e r�a do BurgoR�a do Burgo

Agriculturas do mundo

  

A través de 10 imaxes do fotógrafo francés Yann-Arthus Bertrand imos descubrir diversas paisaxes agrarias do mundo:

I) En Madagascar, o paso do policultivo tradicional á ricicultura irrigada conlevou o desbrozamento de boa parte das altas terras da illa.

II) A deforestación da Amazonia está a crear inmensas superficies que se destinan esencialmente ó cultivo de cereais destinados ó mercado internacional para mantemento do gando, sobre todo soia.

III) En Malaisia, as tradicionais plantacións de hevea vense sustituídas nun inmenso territorio por plantacións de palmeiras de aceite que, como en calquera agricultura especulativa do Terceiro Mundo, se destinan á exportación.

IV) O relevo volcánico da illa indonesia de Bali aporta unha fertilidade natural moi apta para o cultivo intensivo do arroz.

V) Nos países asiáticos, o arroz remonta as abas máis empinadas das montañas para extenderse en socalcos e constituir a fonte nutritiva esencial da poboación, tal e como podemos apreciar nesta paisaxe nepalí, a 3.000 m. de altitude sobre o nivel do mar. Ou ben nun arrozal próximo ó anterior.

VI) En pleno Sahel, en Tombuctú (Mali), as microparcelas dos agricultores surten de productos hortícolas de autoconsumo a unha poboación que, debido ás periódicas secas, se víu obrigada a abandonar a gandaría extensiva.

VII) Nun medio árido, os israelís teñen desenvolvido unha agricultura mecanizada e baseada no regadío, que co tempo se ten diversificado e non procede da sobreexplotación de cursos fluviais e acuíferos, senón que se basea xa no rego pinga a pinga e na reciclaxe de augas xa usadas para o consumo doméstico. A oliveira destaca alí como cultivo netamente mediterráneo.

VIII) A agricultura mediterránea de secaño ten na triloxía mediterránea de trigo, vide e oliveira os seus cultivos característicos. En países industrializados como Francia, estas paisaxes están hoxe moi mecanizadas, dando lugar a unhas cifras de poboación activa moi baixas no sector primario. Esta paisaxe de Cognac inclúe trigo e oliveira en campos abertos. Ademáis, os openfields tradicionais están hoxe en mans da tecnoloxía. Neste mesmo país, as paisaxes tradicionais de bocage reconvertéronse hoxe en día a pastos para o gando na súa meirande parte.

IX) A agricultura de mercado dos Estados Unidos ben pode ser definida case como unha actividade sen apenas man de obra que produce esencialmente para o mercado interior e internacional. O monocultivo cerealista mecanizado en Montana é boa mostra da especialización que se produce nas distintas áreas do territorio.

X) A agricultura holandesa, netamente intensiva e consumidora de fertilizantes químicos, especialízase en cultivos hortícolas e flores, como estes campos de tulipáns que convirten ó país no primeiro exportador mundial. Os pólders destínanse específicamente á produción de pastos para o gando bovino.

O prezo dos alimentos

  Estes días temos falado do incremento do prezo dos alimentos en destino como consecuencia de toda a cadea de intermediarios que engaden valor ó produto final. A este respecto, La Voz de Galicia publica un artigo, o día 21 de novembro de 2007, sobre o incremento dos prezos de orixe a destino dos produtos alimenticios.

Unha páxina do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación ofrécenos información semanal destes datos.