Tiziano en Naxos


  

Na portada do grupo canadiano Crash Test Dummies “God shuffled his feet” (1993) non aparecía Ariadna. Os membros do grupo tan só se disfrazaban de ménades/bacantes e sátiros, e incluso de Dioniso/Baco que non olla á bela Ariadna abandonada por Teseo na illa de Naxos.

O cadro de Tiziano que inspira a portada formaba parte dos encargos de Alfonso d’Este, duque de Ferrara, para a Cámara de Alabastro do seu castelo. Nunha paisaxe espléndida, chea dunha luz exea primaveral, despois da treboada que reverdece as árbores, Baco e Ariadna atópanse; el crava os ollos na que converterá na súa dona en esponsais fastuosos, e ela -aínda sorprendida pola fuga de Teseo- está espléndida na súa beleza baixo a constelación na que será convertida polo lanzamento ao ceo da coroa de Baco. Velaí vemos a Laocoonte enroscado polas serpes, a Atlas portando o mundo alá ao fondo, aos tigres (guepardos?) paralizados baixo o xesto de Baco… Todo é vibrante nesta paisaxe veneciá construída entre 1520 e 1522, esta obra que xunto coa Ofrenda a Venus e a Bacanal enchían a Cámara de Alabastro.

Deixar un comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑