Unha nova cicloxénese


          

A “bomba meteorolóxica” de finais de febreiro de 2010 -o ciclón extratropical Xynthia– achégase ás costas galegas cunha previsión inferior a 980 mb no seu ollo, situado segundo a predición para mediodía do sábado 27 a poucos km da costa suroccidental  (coa posibilidade dunha presión inferior a 970 mb nunha situación “artábrica” a media tarde). Seguimos a evolución deste fenómeno, cun desprazamento en dirección SO-NL, afectando aos confíns atlánticos (os finisterres galaicos e bretóns) grazas ás imaxes de AEMet, Meteogalicia, Meteored, eltiempo.es e  o Instituto Oceanográfico dos Estados Unidos.

Esta vez, coido que afortunadamente (sábado, 16:26 horas) os modelos meteorolóxicos non acertaron coa traxectoria real da “treboada perfecta”, e parece que o seu centro se despraza en sentido SSO-NNL sen grandes consecuencias en terra. Esta apreciación non impide que Meteogalicia nos dea conta de refachos de vento en Carballeda de Valdeorras que teñen acadado os 196 km/h e os 147 km/h no campus de Vigo.

A perspectiva anterior era meramente artábrica. Pasada a tarde hai que lamentar a morte dunha anciá no concello ourensán de Vilar de Barrio, o que fai que Xynthia xa deba ser lembrada como catastrófica. E, aínda que “perdoou a Galicia” , na costa oeste francesa -especialmente no departamento da Vendée-, hai que lamentar 45 mortos cando menos.

* Olla a evolución da borrasca en La Voz de Galicia.

Este fenómeno meteorolóxico, denominado “cicloxénese explosiva”, xa nos afectou hai pouco máis dun ano, con consecuencias graves a nivel ambiental e económico.

Nesta ocasión, o nome co que se bautizou á criatura ten que ver “coa que ven do outeiro”, aínda que parece que a nosa cicloxénese veña en particular das entrañas de Neptuno. A única Cynthia da que teño referencias é Cynthia Freeland, que por outra banda escribíu aquel notable Pero isto é arte?.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s