¿Que foi de Hiro-Hito?


10_caricatura-szyk-ephemera-pamphlet-two

A caricatura de Arthur Szyk “Two Down and One to Go” foi utilizada polo Exército americano nun documental de propaganda (1945) para explicar como oporse ás accións de control mundial pretendidas polas forzas do Eixo en Europa e no Pacífico. Na caricatura, as efixies de Mussolini (fusilado o 28 de abril de 1945) e Hitler (que se suicidou 2 días despois, o 30 de abril) aparecen tachadas, mentres que só queda a de Hiro-Hito, emperador do Xapón.

O que foi emperador xaponés desde 1926 ten sido considerado responsable directo dos crimes de guerra cometidos polos xaponeses no período previo e durante a Segunda Guerra Mundial. Sen embargo, a insistencia do xeneral MacArthur en mantelo como símbolo da unidade do pobo xaponés librouno de estar como acusado nos xuizos de Tokio (1946). En cambio, a nova constitución xaponesa de 1946 -consagrando ao Emperador como símbolo do Estado e da unidade do pobo- delega todas as responsabilidades políticas no goberno, xa que os actos do Emperador esixen a súa aprobación, e Hiro-Hito quedou sen poder efectivo; o antigo “fillo do ceo” deixou de ser divino e todopoderoso. ¿Ata que punto o Emperador estivo directamente implicado nos crimes do exército xaponés? O revisionismo histórico máis recente -que non o dos anos inmediatos de posguerra, fidel a seguir exculpando a Hiro-Hito- volve acusar ao emperador como responsable directo das masacres en Nankín e de ataques como o de Pearl Harbor. A esta tese tamén se apuntou Manu Leguineche en “Recordad Pearl Harbor” (2001). Despois da súa morte, Hiro-Hito foi xulgado por crimes de guerra, mais aínda quedan moitas preguntas latexando.

En todo caso, o personaxe, un emperador que reinou case tanto tempo como a raíña Vitoria de Inglaterra, sigue envolto na polémica. Hiro-Hito viveu case un século, entre o ano en que Xapón e Gran Bretaña asinaron unha alianza militar (1901) e o ano que vería a caída do muro de Berlín (1989).

¿Podería ter asinado a rendición antes de ser bombardeada Hiroshima? En todo caso, a poboación xaponesa, moi maioritariamente nacida despois de 1945, terá que seguir conservando a memoria dos supervivintes que, por exemplo, deixaron as súas testemuñas en “White light, black rain”:

Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.

Subir ↑