Afundimento


A partir do minuto 39 (¿foi no 39 cando empezou a Segunda Guerra, non si?) da película “Der Untergang” (“O afundimento”) prodúcese unha das escenas -senón a escena- máis parodiadas da historia do cine en youtube. Na escena real, Hitler ponse furioso e empeza a ser consciente do desastre unha vez que a división Steiner non avanza cara á defensa de Berlín; de feito, o xeneral Felix Steiner desobedeceu as ordes de Hitler e negouse a atacar aos soviéticos no sitio da capital alemana.

No film de Hirschbiegel, que parte da contratación de Traudl Junge -a través dos seus ollos introducímonos na intrahistoria dos últimos días de Hitler- como secretaria do Führer en 1942, nárranse os derradeiros momentos do réxime nazi, incluído o suicidio do Führer e Eva Braun o 30 de abril de 1945. A guerra chega ao distrito da Chancelería, os soviéticos avanzan cara ao búnker, as rúas aparecen esnaquizadas e defendidas por rapaces soldado -a última esperanza do réxime- como Peter, mais o ambiente agónico, as traizóns de Göring e Himmler  anticipan o angurioso final, no que a desesperación leva a Magda Goebbels a asasinar aos seus seis fillos antes de suicidarse xunto co seu home. Tan só a esperanza dunha Alemania nova se atisba, entre o cerco soviético, nas figuras de Junge e Peter, que finalmente conducen unha bicicleta cara a un futuro máis prometedor que as cinzas do réxime, as mesmas nas que se consumíu Hitler, rociado con gasolina o seu corpo e queimado tras o suicidio…

Hai uns meses tivo lugar en España a publicación dun éxito literario excepcional en Alemania que “resucitaba” a Hitler nos tempos actuais, precisamente nos tempos de youtube, e grazas a esta ferramenta volvía acadar unha popularidade notoria. Trátase da obra de Vermes “Ha vuelto”, que nos pon diante da tesitura de como sería asumida a figura do ditador hoxe en día.

“O que máis me sorprendeu foi o pobo. Eu, dende logo, fixen o humanamente posible por destruir todo o que permitise seguir vivindo neste solo profanado polo inimigo. Pontes, centrais eléctricas, estradas, estacións de ferrocarril: ordeei destruilo todo. ¿Cando? En marzo, e coido que me expresei con claridade a ese respecto. Había que destruir todos os servizos de abastecemento, as empresas de distribución de auga, as instalacións telefónicas, as granxas agrícolas, os bens materiais un por un, todo, e con iso quixen dicir nin máis nin menos que “todo”. (…)

Era xa innegable que o Pobo Alemán, na loita épica co inglés, co bolchevismo, co imperialismo, resultara vencido, e polo tanto, dígoo con toda claridade, tiña perdido o dereito a seguir existindo, nin sequera no primitivo estadio de pobo cazador e recolector. Así perdeu tamén o dereito a posuir empresas de suministro público, pontes e camiños.”

Timur Vermes: Ha vuelto“.

Por certo, non deixedes de lelo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s