Enerxía


España aínda é amplamente dependente da importación de recursos enerxéticos que non posúe. O 80% da enerxía consumida -sobre todo combustibles fósiles- en 2024 procede do estranxeiro: o petróleo diversifica a súa orixe (a metade ven de Nixeria, México, Libia e Kazajstán), para chegar a portos atlanticos (A Coruña, Bilbao) e mediterráneos (Tarragona, Cartaxena, Huelva,…) para ser refinado in situ ou enviado por oleoduto á refinería de Puertollano; o gas, licuado, chega en barco ou mediante gasoduto submariño, maioritariamente tratado en plantas regasificadoras litorais (Barcelona, Sagunto, Mugardos,…) e distribuido polos gasodutos interiores cara aos puntos de consumo; a meirande cantidade de minas de carbón pecháronse na terceira década do século XXI, e tamén foron desmanteladas moitas centrais eléctricas, sobrevivindo só algunhas máis próximas a portos de desembarque de carbón importado de Colombia, Indonesia ou Estados Unidos (a causante da caída en desgraza do carbón como combustible é a política de descarbonización [*] da economía emprendida despois da pandemia de COVID-19 polo goberno estatal, de acordo coas directrices da UE e da Axenda 2030 da ONU, favorable a reemplazar as enerxías fósiles polas renovables). 

España conta cunhas infraestruturas de distribución de produtos petrolíferos que a fan emblemática no mundo. A Compañía Loxística de Hidrocarburos (CLH) conecta a súa rede ás oito rafinerías que producen derivados líquidos do petróleo na Península, a través de 4.020 km de oleodutos, 40 instalacións de almacenamento e 28 instalacións eroportuarias. Tamén un dobre oleoduto, propiedade de Repsol, conecta as rafinerías de Cartaxena e Puertollano. O consumo xeralizado de gas natural é posible pola rede de infraestruturas de Enagás. Conta con sete prantas de regasificación de gas natural licuado, catro almacenamentos soterráneos, 19 estacións de comprensión, unha rede de 11.000 km de gasodutos e seis conexións internacionais que permiten a importación e exportación deste recurso. Tamén existe a conexión desde a Península e as illas Baleares.

A meirande parte das rafinerías de petróleo (tal e como acontece coa de Tarragona) teñen unha localización litoral, dado que o petróleo nelas consumido é de importación. Os factores de localización industrial que inflúen inclúen: a) as comunicacións: a litoralización da industria é un fenómeno contemporáneo, e máis no caso de industrias abastecidas por petroleiros que traen de áreas produtivas exteriores, como o Golfo Pérsico; b) a abundancia de man de obra, dado que a concentración de poboación no litoral, produto dunha evolución demográfica desde o século XVIII, que acumula efectivos no litoral mediterráneo; c) a acción do Estado e doutras administracións, dado que foi a época do “desarrollismo” a de maior implantación de polígonos industriais en diversas áreas do territorio peninsular, co obxectivo de espallar a difusión industrial; d) o mercado, xa que é o “Y” español (val do Ebro e litoral mediterráneo) o que concentra a maior cantidade de actividades industriais en tempos recentes; e) a presenza de capital nunha rexión desenvolvida a nivel económico como Cataluña, dado que o capital facilita a creación de instalacións industriais diversificadas. Tras o desenvolvemento de instalacións industriais como esta refinería: a) incrementouse o tamaño das instalacións industriais, como consecuencia da economía de escala que integra empresas complementarias e implica crecemento da potencia instalada; b) a contaminación lumínica incrementouse e pasa por ser unha das consecuencias máis visibles; c) tamén se eleva a contaminación atmosférica e das augas costeiras próximas, polo que o deterioro do medio natural se fai máis patente.


É no eido das renovables (eólica, solar, hidroeléctrica) no que se produce unha maior expansión da produción (preténdese que chegue ao 30% do consumo total en 2030), apoiándose especialmente nas condicións naturais (alto potencial eólico de zonas litorais e montañosas, abundancia de insolación anual na metade sur peninsular) para incrementar a produción sostible de enerxía. Os riscos potenciais de modificación da paisaxe ameazan con transformar grandes superficies agrarias en campos de paneis solares e muiños de vento. As centrais hidroeléctricas localízanse nas cuncas dos grandes ríos peninsulares. A dispoñibilidade de auga foi tamén un factor para a construción de centrais térmicas e nucleares. As de carbón, ubicadas nunha fase inicial nas cuncas carboníferas do noroeste peninsular e na provincia de Teruel, instaláronse, despois, no litoral con tres centrais en Andalucía e Illes Balears que consumen carbón de importación. As de fueloil, que desempeñaron un papel estratéxico, desapareceron da Península pero son a fonte de abastecemento prioritario de Ceuta, Melilla e as illas de menor tamaño. A dispoñibilidade dunha ampla rede de gasodutos permitíu a construción de crntrais de ciclo combinado no val do Ebro. As centrais nucleares instaláronse en espazos próximos a grandes centros de consumo.


Canto á enerxía nuclear, tan potenciada na veciña Francia, España mantén unha política de moratoria que impide a apertura de novas centrais e prolonga a vida das actuais, mantendo unha aportación constante -mesmo á baixa- ao sistema eléctrico.

Deixar un comentario

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos