Nuclear


A produción de enerxía nuclear en España para uso civil comezou nos anos 1960, cando se construiron as centrais de Zorita, Garoña e Vandellós I. Nos anos 1970 ampliouse o parque de centrais nucleares con Almaraz, Ascó e Cofrentes; a central de Lemóniz foi rematada, mais xa non entrou en funcionamento por mor da aplicación da moratoria nuclear por parte do goberno socialista de Felipe González en 1984. Nos anos 1980 puxéronse en marcha Trillo e Vandellós II, e en 1985 creouse ENRESA, empresa encargada da xestión dos residuos radiactivos.

En 2020, a enerxía nuclear contribuíu coa xeración do 22,18% (chegara ao 35% nos anos 1990) da produción enerxética española: é a fonte de enerxía de maior importancia a nivel nacional, se ben contribúe ben menos á produción final de enerxía ca noutros países como Francia. Desde hai anos, a produción nuclear en España está estabilizada, mesmo co parón de centrais como Garoña en 2013. Hai unha fábrica de combustible nuclear en Salamanca e un centro de almacenamento de residuos en Córdoba; tamén está prevista a construción dun ATC (almacén temporal centralizado) de residuos de maior radiactividad en Villar de Cañas (Cuenca).

Os reactores nucleares españois teñen unhas necesidades medias dunhas 1.800 toneladas de uranio natural, que se importa de minas de Canadá, Australia, Sudáfrica, Níxer, Namibia e Rusia. E iso a pesares de ter España unhas reservas nacionais avaliadas en 4.650 toneladas -mais que non son rendiblemente explotables a día de hoxe. Na provincia de Salamanca atópanse as principais reservas, agora que o proxecto da mina de Retortillo se atopa no seu momento crucial.

Desde 2011, a Lei de Economía Sostible permitíu a ampliación da vida útil das centrais nucleares máis alá de 40 anos, se o autoriza o Consello de Seguridade Nuclear, se ben o fondo da lei tamén incide na eficiencia e no aforro enerxéticos. Diversas empresas (Nuclenor, Endesa, Naturgy, Iberdrola e HC Energía) participan hoxe na xestión das centrais nucleares abertas, que, de todos xeitos, non deberían prorrogar a súa actividade máis alá de 2035 -nas condicións de explotación establecidas actualmente.

A sociedade española ten manifestado en diversas enquisas a súa preocupación pola seguridade das instalacións nucleares e desta enerxía en particular; sucesivos estudios do CIS así o testemuñan. A opinión pública e os grupos ecoloxistas -mobilizados fortemente durante os primeiros anos da transición democrática- teñen presente traxedias como as de Chernobyl (1986) -tan ben reflectida no obra de Svetlana Aleksievich– e Fukushima (2011) para antepoñer dúbidas e apostar preferentemente polas enerxías renovábeis.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: