O concepto de Occidente

Cando pensamos hoxe en día en “Occidente”, pensamos en sistemas políticos que están baseados na democracia representativa e o liberalismo económico, en sociedades de dereito que respetan os principios de liberdade que os filósofos da Ilustración branderon para cuestionar o autoritarismo e a superstición; por iso, tamén cando pensamos en “Occidente” temos a sensación de estar diante de pobos nos que o laicismo e as liberdades de expresión e imprenta están garantidas. Mais Occidente é unha construción ideolóxica que ten pasado por diversas fases, nas que se foron engadindo significados ligados á herdanza histórica (a civilización “clásica” grecorromana), relixiosa (Estados fundamentalmente cristianos que loitaron en tempos contra o Islam) e económica (a meirande parte dos territorios están vencellados ao predominio do capitalismo de mercado).

Porén, o concepto foi variando a través do tempo e do espazo. A historiadora Naoíse Mac Sweeney, que é un bo exemplo de identidade contemporánea, “nin de aquí nin de alá”, unha arqueóloga mestiza (filla de irlandés e chinesa) que rompe co choque de civilizacións proposto por Huntington. No seu libro “Occidente”, a autora válese das biografías e contextos históricos de 14 personaxes -na meirande parte pouco coñecidos- para trazar a evolución do concepto ao longo da historia. Comeza con Heródoto, o “pai da historia”, de orixe anatólica, que describíu a identidade grega antiga en base á lingua, os santuarios, os sacrificios aos deuses e o estilo de vida dunhas polis que marcaban as diferenzas cos “bárbaros” ou estranxeiros. Todos temos en mente o esplendor cultural da Atenas de Pericles, mais non hai que esquecer que aquela democracia tiña pouco de liberal, e o sistema político constituía unha decepción para Heródoto. Occidente non ten unhas raigames exclusivas, dado que o imperio romano foi unha nación mestiza, de grande extensión, que abranguía espazos de Europa, Asia e África; Roma era unha cidade multicultural, fundada polos descendentes da antiga Troia de Asia Menor, unha cidade non europea. De feito, os musulmáns de Bagdad, unha vez que o Imperio Romano caeu, tamén se consideraron herdeiros da antigüedade, gardaron os saberes dos vellos filósofos e reinterpretaron a Aristóteles; os bizantinos consideráronse directos herdeiros dese mundo clásico, subsistindo en Constantinopla durante un milenio, gardando alí os principais textos gregos.

Xa na Idade Media europea aparecen escritos que tratan de xustificar a primeira translatio imperii, e Godofredo de Viterbo vía na dinastía dos Hohenstaufen -a familia de Federico Barbarroxa- aos verdadeiros herdeiros do mundo clásico latino, que xa tiñan pasado polo tamiz carolinxio. As Cruzadas foron tempo de enfrontamento relixioso, de reivindicación do cristianismo como base do mundo occidental, ben que houbo igrexas cristiás en Etiopía, en Exipto, os ortodoxos gregos separáronse do dogma romano,… A comezos do século XIII, o abismo que separaba aos mundos grego e latino era máis insalvable que o que distanciaba aos cristianos dos mahometanos.

Será o Renacemento o momento en que se volva reivindicar a cultura grecorromana como base da antigüedade clásica, unha fusión que se observa claramente na obra de Tullia d’Aragona. A colaboración co mundo islámico podería terse dado doutro xeito se a correspondencia entre Safié Sultán e a raíña Isabel I de Inglaterra tivese continuidade cos seus descendentes, mais non foi así; en tempos de afirmación do anglicanismo, os británicos preferían ser turcos antes que papistas, mais foron os Habsburgo os que -presentando a batalla de Lepanto de 1571 como un combate heroico entre dúas civilizacións radicalmente opostas, Europa contra Asia, a cristiandade contra os infieis- incorporaron o matiz relixioso á construción do concepto de Occidente. Sería no século XVII Francis Bacon quen contribuiría a engadir ao relato a experimentación, a exploración e a Ilustración, quen poñería as bases dunha civilización occidental asentada no espírito científico e no progreso; a filosofía política deste tempo engadíu a defensa dos dereitos naturais como base da noción “occidental”, que se afirmaría co imperialismo europeo, “civilizador” e cristianizador, portador das “luces” a todo o mundo conquistado, idea que tamén defendería William Gladstone no século XIX.

A superioridade da raza branca foi estimulada polo discurso dos pais fundadores dos Estados Unidos de América, entre os que Joseph Warren desempeñou un papel significativo, pois xustificou a noción dunha nova traslatio imperii desde Europa ás terras norteamericanas, agora portadoras do destino manifesto duns patriotas liberados da opresión británica e defensores da emancipación dos brancos, malia que escravas negras intelixentes como Phillis Wheatley poidesen cuestionar a superioridade racial da poboación WASP.

Xa no século XX xorden as visións que permiten cuestionar as ideoloxías tradicionais nas que se basea Occidente, e entre elas destaca a de Edward Said, que vivíu no contexto da guerra fría -elemento que restrinxíu a civilización occidental aos países capitalistas e non comunistas- e do enfrontamento árabe-israelí a raíz da creación do Estado de Israel tras o Holocausto nazi; criticou a visión polarizada occidental contra outras civilizacións e fomentou a colaboración cultural para poñer fin ao enfrontamento de civilizacións.

Hoxe en día, Occidente síntese ameazado por outras civilizacións que loitan contra a súa minguada potencia: o islamismo militante de Daish, a Rusia de Putin e a China contemporánea son polos que compiten e cuestionan o dominio occidental. China, por exemplo, promove unha visión que se alonxa do choque de civilizacións. No seo do Foro de Civilizacións Antigas (FCA), creado en Atenas en 2017, unha serie de “grandes civilizacións antigas” (Grecia, China, Bolivia, Exipto, India, Irán, Irak, Italia, México e Perú) afirmaron unha visión máis atemporal ca dinámica, na que a idea de translatio está ausente. Por iso, a autora, lonxe de considerar que estea atacando a Occidente, considera que debe reformularse a historia desta civilización -que ten o valor extra de mudar e influir- en base a coñecer a diversidade dos elementos que a configuran en cada período.

O ensaio de Naoíse Mac Sweeney é altamente recomendable como lectura, non se dubide.

Les Lumières

Les Lumières sont un courant de pensée européen philosophique, littéraire et intellectuel qui émerge dans la seconde moitié du XVIIe siècle, influencé par des philosophes comme Descartes, Spinoza, Bayle et Newton, avant de se développer dans toute l’Europe, notamment en France, au XVIIIe siècle. L’esprit de l’époque encourage la Raison et la découverte (“sapere aude”, qui dirait Kant [*]). Dans les domaines de la science et de la politique, les nouvautés s’entassent. Les philosophes anglais et français proposent les libertés essentielles, la séparation des pouvoirs, la démocratie directe, la tolérance religieuse et le déisme, la mise en place de la volonté générale,… Locke, Montesquieu, Voltaire et Rousseau bouleversent la vie politique qui est discutée aux salons.

L’esprit scientifique, héritier de l’humanisme de la Renaissance, encourage les découvertes, parmi lesquelles les motifs scientifiques sont à la base, tel qu’on montre dans le voyage de La Condamine, le voyage autour du monde de Bougainville, le premier voyage de Cook, l’expédition Malaspina et l’expédition d’Alexander von Humboldt (voir dessin de Goethe, 1807) [voir jeu]. Le monde grandit, l’être humain s’éleve dans les airs le 19 septembre 1783 (représenté par un canard, un mouton et un coq). Le progrès s’installe comme une promesse éternelle dans nos esprits.

Mais il ne faut pas oublier que, même si les Lumières favorisent les idéaux d’égalité, les noirs de l’Amérique du Nord continuent d’être esclavisés, la plupart de la population vit dans des régimes de despotisme éclairé (+) [*, Floridablanca] ou soumis à des monarchies absolues sans aucun droit. L’histoire de Phillis Wheatley, en pleine époque de la lutte pour l’indépendance aux États-Unis [*, infographie] nous le montre.

Ecos limiaos (10)

Os antergos dos anfibios (do grego “dobre vida”) arrastráronse fóra da auga hai uns 400 millóns de anos; afirmáronse cando Panxea era un supercontinente; as rás están desde hai décadas en risco de extinción, tal e como Elizabeth Kolbert nos advertía para as rás douradas de Panamá, tal e como examinaba Alex Richter-Boix nos humedais do Norte de Suecia, a causa da extensión dun fungo expandido polas actividades humanas. Neste contexto, algúns veciños de Xinzo de Limia reclamaban, no verán de 2023, o final da veda que -desde hai lustros- impide pescar rás na antiga terra de Antela (en España, a captura destes anfibios está completamente prohibida desde 2019). E lembraban como o porteiro Acuña, do Dépor, saboreou noutro tempo as ancas de rá, confundíndoas con carne de ave. Realmente, quen degusta este prato -afirmado na gastronomía europea desde que os monxes o incluiron no século XII- percibe un sabor evocador do polo.

Croan as rás no Limia en primavera, lonxe de picar no cebo. Outrora foron as súas ancas unha tapa típica dos bares de Xinzo; nos anos 1950 vendíanse na comarca unhas 2 toneladas deste produto. Nalgures cóntase que a duquesa de Longueville desecou parte da lagoa de Antela no século XIX e exportou ancas a Francia. Mais a linaxe de Longueville, de orixe normanda, debeu extinguirse a finais do XVII. Quen así se presentaba seica era Carlota Partington, concesionaria dun aproveitamento hidroeléctrico en 1903 en Ponteliñares e dunha acción de desecamento da lagoa en 1907. 

As rás da lagoa de Antela son curmás de algunhas persoas; da rá Liorta, como conta Mandianes, proceden nove familias distintas, entre elas os Cela -o escritor que reflectíu a lenda da lagoa na súa “Mazurca para dous mortos”-. E son nobres como as irlandesas de Tipperary ou as lusas de Bertiandos, patilongas ou comúns (Pelophylax perezi), habitantes dun mundo húmido e asulagado, que amence a carón das augas do Estorãos. Á beira de Ponte de Lima, este espazo limiao protexido acada 350 hectáreas de vexetación tupida, pasadizos, pontes, canles e lagoas que avivecen en primavera; o símbolo da lagoa de Bertiandos e São Pedro d’Arcos é a rá, contabilizándose na paraxe trece especies de anfibios diferentes. Un centro de interpretación acolle aos visitantes, entre amieiros, salgueiros, fentos,…

O único criadeiro de rás que existe en España é, desde 2023, un na localidade zamorana de Carbellino, explotado pola empresa Grenoucerie. As ancas consumidas no noso territorio proceden preferentemente doutros Estados de Asia e Europa. Son aprezadas en diversas áreas do interior, o delta do Ebro e o Alentejo portugués. Para o seu engorde utilízanse piensos de orixe mariña, mais no insectario da Escola Superior Agrária (ESA) de Ponte de Lima xa se producen escarabellos, grilos, cascudas e moscas soldado de cara a reemprazar o uso de fariña de peixe na acuicultura. 

Na literatura clásica, croaban as rás poñendo nervioso a Dioniso na barca de Caronte, cando remaba polo Aqueronte en busca do inframundo, tal e como nolo describíu Aristófanes. A lagoa de Antela, trasunto da Estixia na que o Lethes converxe, pode seguir agardando a Tabeirón -o personaxe de Cela- coa súa vontade de roubar as campás da igrexa de Antioquía. Bo será que acougue na escoita do coro de anfibios.

Le dilemme de Thanos

Dans le film “Infinity War”, Thanos est envisagé comme un seigneur de la guerre intergalactique. Il cherche six vitres magiques qu’on appelle pierres infinies, dont il prétend les voler et contrôler. Chaque pierre est un reste de la création de l’univers et, en gros, elles représentent des aspects comme la réalité, le temps, l’espace, le pouvoir, l’esprit et l’âme. Au fur et à mesure que Thanos prend ces gemmes, il les met sur son gantelet magique et avec chacune il devient plus puissant. Son but final est d’éliminer la moitié de toute la vie existente dans l’univers. En tout moment, les Vengeurs essayent de l’arrêter, mais ils ne réussissent pas, car ils refusent de sacrifier la vie des autres.

La mission de Thanos n’est pas la destruction pour la destruction. Il veut préserver la viabilité future de la vie. S’il veut détruire la moitié de la vie c’est pour sauver le reste et assurer sa continuité dans le temps. Après la bataille finale avec les Vengeurs, Thanos simplement claque les doigts, ornés dèjà avec les pierres infinies, et l’audience reste sans souffle en regardant que la moitié de leurs personnages favoris sont dissous comme des morceaux de sucre.

Le dilemme de Thanos nous met sur la question de quoi faire pour sauver l’humanité au cas ou la vie soit en danger, par exemple, avec l’urgence climatique. En effet, c’est un dilemme sur la surpopulation et les ressources que les auteurs de Superabundance utilisent comme exemple pour dévoiler leurs thèses antimalthusiennes. Pour eux, la croisssance démographique ne représente aucun danger; bien au contraire, la croissance de la population devient une opportunité d’augmenter la richesse. En utilisant des références optimistes comme celles de Pinker, les auteurs (Marian L. Tupy et Gale L. Pooley) défendent le progrès continu de l’humanité sous le calcul de l’augmentation de la richesse générale -en fonction de l’amélioration des prix-temps, vraie mesure de l’abondance et du surplus.

Est-ce que Thanos nous présente une éthique utilitariste? Comment agir selon le modèle de l’impératif cathégorique kantien?

L’agonie de la dictature

Une fois Juan Carlos proclamé successeur à la direction de l’État (1969), avec les plans de développement en plein essor et les gouvernements technocratiques mis en place, la dictature de Franco -organisée autour des lois fondamentales du régime- essaye d’ouvrir la “démocratie organique” avec des associations politiques au sein du Mouvement National, mais aucune mesure est prise avant 1974. On envisage deux groupes différents dans la dictature pendant les années 1960: les “progressistes” (“aperturistas”) et les membres du bunker, partisans de la consigne “attaché et bien attaché” sur la continuité du régime. Quels seront les événements qui déclenchet l’agonie du franquisme?

D’abord, l’organisation terroriste ETA, née en 1959, assasine le premier ministre Carrero Blanco en 1973. C’est le début de l’agonie, car l’amiral était le bras droit du généralissime: c’était difficile à remplacer, dans le contexte envisagé de la mort de Franco. Dans ce contexte, la répression se déclenche aussi contre CCOO, syndicat clandestin soutenu par le PCE, dont la coupole était emprisonnée et soumise au “procès 1001”. D’autres organisations terroristes liées aux groupes d’extrême-gauche seront aussi soumis à des jugements qui font périr des membres du FRAP et ETA (procès de Burgos, 1975) et des anarchistes comme Salvador Puig Antic (exécuté par strangulation en 1974).

Chez les rangs franquistes, quelques anciens ministres comme Ruiz-Giménez et Fraga représentent “l’ouverture vers le centre”, et même le groupe Tácito publie des articles en faveur d’une ouverture politique sur le journal Ya. On pourrait atteindre du remplaçant de Carrero, Mr. Arias Navarro, une certaine ouverture vers la pluralité, d’après son discours énoncé en 1974 comme “l’esprit du 12 février” -qui permettrait le développement de l’associationnisme politique au sein du Mouvement National. Mais Arias sera plutôt “un désastre sans palliatif” pour la transition (déclarations de Juan Carlos à Newsweek en 1976), donc il se rallie aux membres du bunker, plutôt anciens phalangistes qui ne veulent pas une démocratie parlementaire. Arias Navarro démissione déjà proclamé Juan Carlos roi de l’Espagne, après la mort de Franco, et il sera remplacé par le pilot de la transition, Adolfo Suárez.

Finalement, la mort de Franco arrive en novembre 1975, quelques semaines plus tard de la Marche Verte, manifestation de la population civile marocaine encouragée par son roi, afin de revendiquer le droit d’annexion du Sahara Occidental, la dernière colonie espagnole -soumise à l’abandon. Juan Carlos jure comme chef d’État et avance -dans son premier discours- la volonté d’établir une vraie démocratie en Espagne, afin de se rassembler au contexte européen occidental. Et les mesures de grâce arrivent dans un contexte de protestation sociale à cause de la crise économique: l’amnistie pour les prisonniers politiques, le rétablissement du droit de grève et manifestation,…

Enfin, Suárez pousse la légalisation de tous les partis politiques -même le PCE, qui revendiquait depuis 1974 des élections libres, d’après le programme de la Junte Démocratique– et la convocation d’élections démocratiques en juin 1977. Mais pour arriver à ce but, il fallait voter le “hara-kiri” de la dictature, et la Loi de Réforme Politique -avec une grande quantité d’absences- est votée en novembre 1976, ce qui implique la disparition des organes de la dictature. En pleine transition démocratique, l’Espagne avance vers un régime représentatif qui est inspiré d’un ancien discours d’Azaña (“Paix, pitié, pardon”), évoqué comme symbole de réconciliation. Vraiment la transition espagnole sera toujours jugée comme un modèle, où elle deviendra tout simplement un mythe?

Unha Escandinavia ao sol?

Sempre se tivo a impresión de que os escritores estranxeiros, hispanistas reputados, contribuiron a elaborar unha imaxe singular do “excepcionalismo” español. Por iso, ben se agradece unha visión que encadre o noso Estado dentro do contexto internacional, explicando o acontecer histórico de España dentro de movementos globais que xustifican os cambios sociais, políticos, económicos e culturais. Así o fai Michael Reid en España, unha análise da nosa recente historia á luz dos conflitos políticos que se tecen: o peso dos nacionalismos periféricos, a presenza da herdanza franquista hoxe en día, o cuestionamento do éxito da Transición, a importancia da memoria histórica, a trascendencia da inmigración, os problemas económicos,…

Nun dos capítulos, Reid analiza os profundos cambios na sociedade española ao longo dos case últimos 50 anos. E empeza lembrando a conversa de Franco co xeneral Vernon Walters en 1971, cando o ditador lle espetou que “vou deixar algo que non atopei ao asumir o goberno deste país hai corenta anos… a clase media. Dígalle ao seu presidente [Nixon] que confíe no bo sentido do pobo español, non haberá outra guerra civil”. O desarrollismo dos anos 1960 expandera un grupo social aberto ao cambio de mentalidade e parecer. E a sociedade española modernizouse, indubidablemente grazas á chegada da liberdade e a democracia. 

España completou a transición demográfica a unha velocidade extraordinaria, e a taxa de fertilidade caeu con impacto: dos 2,9 fillos por muller en 1975 pasouse a 1,2 en 2001; neste contexto, a inmigración (14% dela correspondía, en 2021, á comunidade marroquina) ten que converterse nunha salvación, será necesaria para manter as pensións do futuro (han de facer falla 6 ou 7 millóns de traballadores extras cotizando en 2040). Malia que sigue a ser un país no que unha elevada porcentaxe de xoves permanece ata os 30 anos na casa materna -a familia extensa é, para o autor, predominante en España, e base para a cohesión social. 

O peso da Igrexa católica continúa a ser importante -como amosa o feito de que Cáritas auxiliase a 1,4 millóns de persoas na pandemia, ou que case a metade da poboación escolar curse a materia de Relixión, ou que a Igrexa xestione 3.300 edificios históricos-, ben que a sociedade española avance cara á secularización e xa só a metade da poboación se defina como católica e só o 20% vaia a misa con regularidade. Tradicións como as procesións de Semana Santa e as festas patronais, con representación das autoridades políticas a carón das eclesiásticas, explicitan o papel aínda significativo da institución na vida cotiá.

Un enorme avance ten acontecido no papel público da muller, que pasou dun rol subordinado ao varón durante a primeira parte da ditadura franquista a unha integración progresiva no mundo laboral -por mor de leis que permitiron o exercicio de profesións antes reservadas aos homes. Foi verdadeiramente na Transición cando a muller adquiríu máis dereitos, con leis como a do divorcio (1981) e a do aborto (1985) e coa incorporación ao exército (1988). Hoxe hai máis mulleres que homes na universidade, un 43% das mulleres adultas traballa fóra do fogar -fronte ao 54% dos varóns-, e 31% dos consellos de administración das empresas do IBEX-35 está constituido por mulleres. A minoría homosexual tamén víu recoñecer a despenalización das súas relacións (1979) e o dereito ao matrimonio (2007). 

A España da Transición observou como a poboación se concentrou máis (o 90% da xente vive no 30% do territorio), e a España baleirada perde dinamismo, malia ter mellor conexión wifi ca moitas cidades en Europa; as infraestruturas priorizadas pola acción política, en especial a alta velocidade ferroviaria, son responsables dunha especie de apartheid das comunicacións, e as reclamacións de partidos de ámbito rexional tardan tempo en ser escoitadas. 

O ecoloxismo arraigou na sociedade. Ben que a declaración dos primeiros parques nacionais (Picos de Europa e Ordesa) foi en 1918, a expansión da protección natural (25% do territorio) é recente. Pero quedan moitos frentes nos que actuar e concienciarse: só o 3% da poboación considera o cambio climático un problema serio -malia que os modelos pronostican que será o Mediterráneo occidental a área na que maiores riscos climáticos se poderán producir en Europa, malia que unha quinta parte do noso territorio estea en risco de desertificación-, e un 28% da costa está ocupada por construcións humanas. A aprobación de leis de descarbonización para cumplir cos obxectivos da Axenda 2030 é un paso adiante.

A sociedade española actual ten unha calidade de vida superior á do comezo da Transición; a xente medrou en estatura e esperanza de vida; a cuarta parte dos fogares son unipersoais; dous terzos da poboación vive en pisos -porcentaxe só superada na eurozona por Letonia; medra o número de mascotas de xeito relevante; redúcese a cantidade de licenzas de caza e medra a oposición á tauromaquia, á que xa chamara Emilia Pardo Bazán “a demencia nacional”. En suma, España é máis feminista, máis ecoloxista, máis animalista… Xa se asemella a unha Escandinavia con sol.

  • Consulta algúns extractos de #España.

Ecos limiaos (9)

Fíxose Portugal no Vez. En 1140 afrontáronse os exércitos de Afonso I de Portugal e Alfonso VII de Castela. Foi nunha xusta, un bufurdium que tería forma de torneo entre os mellores soldados de cada bando, e que concluiría coa vitoria portuguesa, antecedente do recoñecemento da independencia lusa, co tratado de Zamora (1143). Salvouse o afluinte do Limia de portar augas de sangue, foi testemuña do verdadeiro nacemento dun novo reino.

Augas arriba de Arcos de Valdevez, unha aldea de perfil de labrega espállase pola aba meridional do Vez, compartindo desde 2017 –con outras seis aldeas lusas– a categoría de marabilla rural. Chámase Sistelo, ten toda a freguesía apenas 200 habitantes, e tíldana en moitas webs como “o pequeno Tibet portugués”; inflúen nesta denominación os socalcos que humanizan a paisaxe desde tempos medievais, cando esta antiga póvoa construíu un sistema agrario no que se aplanaban pendentes -retidas por muros de cantería erguidos con esforzo- para cultivar cereais e legumes de autosubsistencia, que deron paso a un aproveitamento para o millo traído de América no século XVI -e que deixa profunda pegada nos hórreos/espigueiros que se acantoan a carón do lavadoiro, e as patacas. En suma, conformouse unha paisaxe cultural de subsistencia, que hoxe muda en pasteiros para o aproveitamento bovino. As razas cachena e barrosa deambulan por eidos e montes, ascenden en verán ás “brandas” ou refuxios de transhumancia, producen carne en terras que foron “de pan levar”, axexadas polos lobos da Peneda Gerês e por éguas e cabalos que viven nestas terras rocallosas e mestas de matogueira; os baldios da montaña tamén producen madeira e pasto, nestas terras que culminan a máis de 1300 metros de altitude.

Os socalcos de Sistelo inclúen canles de regadío outrora utilizadas como sistema de rego comunitario ben distribuido. E escaleiras de pedra que hoxe son trilhos que levan das “inverneiras” ás “brandas” e aos muiños, que crean percursos nos que as rodeiras dos vellos carros se funden coas pegadas dos excursionistas urbanos, promovendo un turismo crecente e animoso, paseante tamén das pasarelas de madeira a carón do río.

As terras de Sistelo e Padrão foron colonizadas por seis parellas a partir de 1271, cando Afonso III lles deu carta foral para traballar o monte ermo que lles había de servir para labrar os socalcos e aproveitar a auga das corgas. Ben tempo máis tarde, un indiano rico, Manuel António Gonçalves Roque, fixo cartos no Brasil e edificou o castelo de Sistelo no século XIX; queda na memoria a súa filantropía e o edificio neo-renacentista que, rehabilitado, alberga agora o Centro de Interpretación da Paisaxe Cultural desta área.

Emerxencia climática

O libro “Emerxencia climática”, escrito por Andreu Escrivà, aproxímanos sen rodeos á problemática actual do cambio climático antropoxénico. Xa en 1912 un xornal das antípodas publicaba unha nova sobre o risco de incremento de dióxido de carbono á atmosfera. As empresas de combustibles fósiles ocultaron á opinión pública as consecuencias do seu consumo crecente, malia que a ciencia do cambio climático advirte xa delas desde hai tempo.

Escrivà rebate os mitos climáticos con datos e experiencias: o Sol non está aumentando a súa cantidade de radiación; os volcáns non emiten as maiores cantidades de dióxido de carbono á atmosfera; os ciclos naturais de cambio climático son de milleiros de anos, e o quecemento actual do planeta intensificouse bruscamente desde a revolución industrial; as glaciacións chegarán a longo prazo, e o quecemento global non ha de salvarnos delas; tanta calor como nos veráns actuais non houbo, desde que hai rexistros, as noites tórridas e tropicais en clima mediterráneo increméntanse de xeito significativo; os modelos climáticos non erran, e predin o que acontecerá con certa uniformidade; de feito, as predicións meteorolóxicas son cada vez máis fiables, e o mesmo acontece cos modelos climáticos a longo prazo; o incremento de dióxido de carbono na atmosfera non beneficiará a todas as plantas,…

A poboación negacionista adopta distintas posturas: negacionismo por desinformación, por dogma, por conveniencia…Mais os impactos do cambio climático antropoxénico son ben reais: quéntase o Ártico e acadáronse 38° de máxima en Siberia en 2020; as anomalías no círculo polar ártico superan os 10 graos nos últimos tempos; Groenlandia verque ao océano 7 piscinas olímpicas de auga de fusión de xeo cada segundo; fúndese o permafrost, provocando inestabilidade nos edificios e nas infraestruturas; a degradación da criosfera é un dos impactos máis preocupantes do quecemento global. Máis de 600 millóns de persoas viven na actualidade en zonas costeiras de baixa elevación (ZCBE), área netamente ameazada polo cambio paisaxístico en breve; o nivel do mar xa subíu 24 cm desde finais do século XIX, dos que 10 foron desde 1993; xa hai atolóns do Pacífico que desapareceron, ou pobos de Alaska que tiveron que retirarse terra adentro, en Bangladesh reconvertíronse terras de cultivo en piscifactorías, por mor das inundacións frecuentes. O calor extremo de 2003 provocou a morte de 70.000 persoas en España, máis de 3.000 só en España; 2023 foi, ata agora, o ano máis cálido desde que hai rexistros, e os veráns alónganse e intensifícanse. Os océanos absorberon o 90% do calor xenerado polo incremento dos GEI, están en ebullición; a alteración dos ecosistemas dos corais leva á ruptura do seu equilibrio e o seu “branquexamento”. Os fenómenos extremos acentúanse: o calor que antes soportabamos unha vez cada medio século experimentarémolo 14 veces no mesmo período, no futuro; as choivas intensas que sufriamos antes unha vez cada 10 anos aumentarán un 70%, e os episodios de seca duplicaranse. O quecemento, xunto con outras alteracións ambientais de orixe humana, está a provocar un empobrecemento dos solos; a agricultura enfróntase a múltiples retos: a salinización das zonas costeiras, a desaparición de algunhas especies polinizadoras; as colleitas resíntense e, con elas, a srguridade alimentaria. Vivimos inmersos na sexta extinción; o cambio climático engade unha presión insoportable a milleiros de especies, das que o oso polar resulta emblemática; as especies vexetais migran en altura, mais cando non se poida escalar máis, a desaparición destas poboacións vexetais e a fauna asociada a elas será unha consecuencia final; os lumes forestais vólvense de maiores dimensións e son máis difíciles de controlar: son de sexta xeración; a “sabanización” da cunca do Amazonas é outro risco do cambio climático. A alteración dos ecosistemas e a migración latitudinal de especies como o mosquito tigre poden incrementar o risco de expansión de enfermidades tropicais; os riscos derivados dos desastres naturais e os impactos na saúde mental tamén están aí. Non faltan, dentro dos impactos, as migracións climáticas, que poderían levar -a finais do século XXI- a un tercio da humanidade desprazada do seu lugar de orixe.

As diferentes COP organizadas pola ONU desde 1995 insisten, a partir dos informes do IPCC, e sobre todo desde 2015 (Acordo de París), en poñer o límite nun quecemento que non vaia máis alá de 1,5°C, como máximo 2°C; para iso é precisa a descarbonización da economía, na que a responsabilidade recae no sistema capitalista, pero tamén se precisa da resposta responsable individual. Debúxase diante de nós un futuro distópico, no que semella que o ser humano está abocado á catástrofe climática, mais non ten por que ser así. O futuro pasa realmente pola transición enerxética, por eliminar a nosa dependencia dos combustibles fósiles e afianzar un mix no que as renovables gañen peso; a transición agrícola tamén esixirá dedicar menos espazo á gandería estabulada, un maior destino das producións ao abastecemento humano, a rexeneración dos solos e unha pesca máis sostible. Restaurar os ecosistemas degradados e apostar pola conservación da natureza é unha das accións máis intelixentes que podemos levar a cabo. A transición ecolóxica implixa un cambio na mobilidade, que debe circular cara ao predominio do transporte colectivo e a peonalización das urbes (as “cidades de 15 minutos” e as “supermazás” son exemplos destes obxectivos), dado que o transporte hoxe en día emite o 16% dos GEI, e a contaminación actual por transporte produce 7 millóns de mortes anuais no mundo.

Hai que cambiar de sistema. Un crecemento infinito nun planeta finito é, a todas luces, imposible. Imponse o decrecemento, reducir o consumo de recursos e de enerxía. A emerxencia climática é real, as proclamas de Greta Thunberg e as protestas de Just Stop Oil e Scientist Rebellion están xustificadas. Falar dela é o primeiro paso para tomar conciencia colectiva.

• Consulta https://climatica.coop/

Galicia, distrito industrial

A suite de “Unha nova Olanda” é unha longa conversa de Antón Baamonde co CEO de Rodiñas, Daniel Hermosilla, en torno ao potencial industrial de Galicia nunha nova época de relocalización, que impulsa a UE nun contexto post-pandémico e de conflitualidade xeopolítica puxante. E así xorde Galicia, distrito industrial, un libro que nos aproxima a unha realidade galega insuficientemente coñecida e valorada.

Galicia xa tivo en tempos unha ampla actividade transformadora, na que o aproveitamento téxtil do liño e os curtidoiros acompañaron á primeira experiencia siderúrxica en España -a iniciativa do marqués de Sargadelos- e á expansión do sector das conservas de peixe no século XIX, un século despois de seren montados os grandes estaleiros de Ferrol. Houbo, polo tanto, alicerces para a diversificación industrial de hoxe en día, que arranca da instalación de Citroën en Vigo a partir de 1958 e o éxito finisecular de Inditex, multinacional global asentada en Arteixo. 

A política do desarrollismo, cos seus polos de desenvolvemento en A Coruña, Vigo e Vilagarcía de Arousa, volcou a densidade demográfica galega cara ao Oeste, ao longo dun Eixo Atlántico que se arraiga no Norte de Portugal. Uns 7 millóns de habitantes entre Ferrol e Porto constitúen a base dun polo económico que debería facer da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal unha economía de aglomeración potente e competitiva. Porque a Galicia industrial faise eco dunha Galicia urbana que debe implementar a innovación en diversos sectores, nos que a nosa terra ten materia prima: as conservas de pesca, as enerxías renovables, a produción forestal, os lácteos,…

Unha mesta malla de PEMES debería configurar un distrito industrial no que todas as empresas se concatenen e colaboren. Velaí unha receita de futuro para un país que ten máis poboación activa e xenera máis PIB no sector secundario que a media estatal. 

O libro conta tamén cun anexo actualizado de empresas por áreas xeográficas.

• Consulta extractos de #GaliciaDistritoIndustrial.

Nin unha, nin grande, nin libre

Nicolás Sesma, na súa obra “Ni una ni grande ni libre”, traza un relato de historia total sobre a ditadura franquista, valéndose de innumerables referencias historiográficas e documentos diversos, que beben de fontes fílmicas, literarias, cancións, curtametraxes, historias gráficas, discursos e banda deseñada para construir un mosaico da realidade da época. É unha historia do réxime a través da perspectiva interior, multipolar e chea de matices, embebida nunha visión internacional dos acontecementos; a través desta última explícase mellor a supervivencia dun réxime de orixe fascista, nunha época de desenvolvemento das organizacións supranacionais e a extensión das democracias.

Nin unha. A España franquista non foi monocroma, malia a continua presenza de falanxistas en postos de relevancia. A filiación fascista de Falanxe houbo de camuflarse trala derrota das potencias do Eixo na Segunda Guerra Mundial -como se escondeu a pintura de Zuloaga que retrataba ao xeneralísimo en camisa azul-, e reemprazala polo palio católico -que acolleu a Franco en cerimonias relixiosas a cotío. Máis alá, dentro das propias filas, da influencia tecnocrática do Opus Dei e a disputa entre “aperturistas” e “inmobilistas” en tempos do desarrollismo, a oposición ao réxime tamén tomou forma no interior -con adeptos á causa monárquica e rebeldes maquis en loita nas montañas, con sindicalistas clandestinos e grupos terroristas violentos, con estudantes e obreiros reivindicativos- e no exterior, pasando polo moderantismo de Salvador de Madariaga, as forzas opositoras “contuberniadas” en Munich, o goberno republicano no exilio, os nacionalistas periféricos en defensa dunha identidade propia, os “juanistas” e un PCE que mudou a loita armada pola estratexia do “entrismo”. O desapego da igrexa postconciliar, e mesmo a vontade de transformación final no seo do exército, tamén constataron a perda de integridade da ditadura.

Nin grande. Ben que nacía coa ampulosidade reivindicativa das vellas glorias imperiais, o réxime cedeu ás presións internacionais da época e renunciou a manter a colonización de territorios norteafricanos vencellados ao antigo protectorado -non sen manter guerras ocultadas como a de Sidi Ifni-, ao tempo que deixou abandonado o Sahara Occidental no crepúsculo da ditadura, e xa tiña concedido a independencia a Guinea Ecuatorial en tempos da vaga descolonizadora promovida pola ONU. A España franquista obsesionouse con recuperar Xibraltar, co que se pechou a verxa en 1969; a ditadura contaba con recibilo a cambio de participar á beira da Alemania nazi na contenda 1939-45, mais a Hitler non lle interesaba a axuda dunha feble potencia marítima como España, xa escarnecida desde o desastre do 98. A ditadura sumíu ao Estado nunha longa noite de pobreza: economicamente, España non recuperou o nivel de renda per cápita de 1935 ata o ano do final das cartillas de racionamento (1952). Nesa aciaga década dos 40, a fame e o estraperlo moldearon unha época de autarquía na que inventos singulares como o gasóxeno querían ocultar a febleza tecnolóxica e o subdesenvolvemento patrio, con múltiples mendigos nas rúas. O desarrollismo dos anos sesenta supuxo un crecemento encardinado na onda xeral das “Treinte Glorieuses”, ben que a renda per cápita non superaba, en 1975, o 70% da media da UE -e iso que moitas remesas de emigrantes auxiliaron o PIB español deses tempos.

Nin libre. Se algo se constata no período 1939-75 en España, é que a represión foi continua, sen freo. Abundantes tribunais militares reprenderon o anticomunismo e a masonería, enviáronse ao exilio voces contrarias ao réxime e executáronse antigos republicanos, xoves militantes socialistas, dirixentes do PCE, anarquistas, terroristas,… Foron as mulleres as que, na sombra en moitos casos, sofreron as consecuencias diarias dun réxime machista que non lles permitía -ata 1970- traballar fóra da casa unha vez casadas; as que, cos seus homes no cárcere, exerceron a protesta soterrada contra a ditadura; as que, no bando perdedor, dando cos seus ósos no cárcere, foron desposuidas dos seus fillos, dados en adopción a “xente de ben” e pudinte. A liberdade é un don apreciable e meritorio, que a ditadura apostillou en algunha lei fundamental como o Foro dos Españois (1945), mais a lei ben se encargaba de lembrar antes os deberes e as obrigas.

Cun ritmo narrativo que non acouga, #NinUnhaNinGrandeNinLibre é un nobre exercicio de historia comparada, que engancha a quen le desde a primeira cita. A nosa historia non se entende sen o contexto internacional no que se insire. Á altura da metade do século XX, a interdependencia xa era norma. Nengún Estado podía vivir realmente illado da súa contorna. A ditadura militar de Franco, un réxime fascista asimétrico, estableceu lazos e navegou contra todo e contra todos, mais o “feito biolóxico” da morte do Caudillo abriría as portas a cambios consecuentes coa nosa localización xeográfica e natureza evolutiva dos Estados limítrofes. Xa antes tiñan caído as ditaduras portuguesa e grega.  

Autarcie et pénurie

Après la guerre civile, l’Espagne vit une période d’autarcie économique et d’isolationnisme international; l’Espagne devient un régime anachronique par rapport à l’Europe occidentale. Du premier moment, on réserve le marché intérieur à la production nationale, le protégeant de toute concurrence extérieure, et on amorce une politique économique autossufisante, héritée du fascisme italien et du national-socialisme allemand -qui propose le remplacement des importations par des usines nationales avec un faible niveau de productivité. Le boycott international à l’Espagne après la Seconde Guerre Mondiale sera aussi une cause qui détermine la mise en place de cette politique. Ce sera le modèle de la dictature pour toujours?

Le plus haut niveau de dirigisme économique et d’interventionnisme étatique dans la vie économique du pays se cristallise sous forme du décret-loi de septembre 1939, d’après lequel tout investissement industriel doit être soumis à un régime d’autorisation préalable, et dans le INI, Instituto Nacional de Industria, créé le 25 septembre 1941, afin de propulser une économie de guerre basée sur les industries lourdes. Tout le réseau des services tombe aussi dans les mains de l’État: la nationalisation des chemins de fer (RENFE) et des transports routiers est immédiate à partir de la Ley de base de ordenación ferroviaria y de los transportes por carretera de 1941.

En plus, pendant les années 1940, la société civile espagnole a subi des maladies épidémiques -responsables aussi d’une mortalité infantile élevée- et des famines dérivées de la pénurie alimentaire et des bas salaires (60% plus bas que ceux de 1935), du rationnement, de la corruption des classes dirigeantes franquistes et d’une économie de guerre préparée à tous les effets pour participer dans la Seconde Guerre Mondiale à côte des forces de l’Axe. Le marché noir (“estraperlo”) fonctionne notamment pour les articles de consommation, car en 1943, même un 30% de la récolte était vendue selon ce système. La pénurie devient très sérieuse dans les villes -où le manque d’habitations, à cause de la destruction de la guerre, est important- ce qui provoque l’exode urbain et une “ruralisation” importante de la société.

Le slogan officiel disait Pas un Espagnol sans pain, pas une maison sans lumière”, mais les restrictions électriques étaient quotidiennes, le rationnement de pain au bord de l’inanition (de 100 à 150 gr. par tête et jour), l’approvisionnement des usines très faible (cela va provoquer les premières grèves dans les usines textiles de la Catalogne, les métallurgiques à Madrid et la sidérurgie basque). Seulement l’aide argentine, d’après le Protocole Franco-Perón (avril 1948) assure l’envoie de tonnes de blé, maïs, coton, oeufs et viande. C’est la “politique de remplacement” qui part au secours de la dictature franquiste.

Si jusqu’à la fin de la Deuxième Guerre Mondiale l’adoption d’une politique autarcique était nécessaire, à partir de la victoire des Alliés elle est déjà un modèle non viable: les Accords de Bretton Woods (1944) et le Plan Marshall (1947) dessinent un nouveau cadre économique international, axé sur le capitalisme et l’économie de marché, duquel l’Espagne sera exclue à cause de son régime politique. Il faudra atteindre les années 1950 (le revenu par tête ne dépasse pas celui de l’avant-guerre jusqu’en 1952) pour assurer l’entrée de l’aide nord-américaine et l’intégration future au capitalisme libéral. Et alors, cela sera assuré à partir du plan de stabilisation économique de 1959?

Dieu, la science

Avec leur livre Dieu, la science, les preuves (Guy Trédaniel, 2021), Michel-Yves Bolloré et Olivier Bonnassies ont jeté un pavé dans la mare. Avec l’ambition de décrire les avancées récentes dans les domaines de la physique et de la cosmologie, ils essayent de déduire « des preuves de l’existence de Dieu (qui soient) modernes, claires, rationnelles, multidisciplinaires, confrontables objectivement (sic) à l’univers réel ».

Le “règne du matérialisme” sur le monde intellectuel a proposé un univers exclusivement matériel, alors il ne peut pas avoir de début. Au niveau philosophique, Parménide avait exposé vers 450 a.e.c. que “du néant absolu rien ne peut sortir”; aucun philosophe n’a remis cette évidence logique en question. Du point de vue scientifique, l’une des lois de l’Univers les mieux établies indique que “rien ne se perd, rien ne se crée”, et que la matière et l’énergie sont équivalentes avec un total stable; par conséquent, toute variation du total masse-énergie est impossible.

La question de l’existence de Dieu, en philosophie, suscite des avis opposés. Devant cette question, l’agnosticisme est une tentation; ce terme désigne ceux qui pensent qu’on ne peut se faire aucune idée de Dieu, et qui ajoutent qu’on ne peut savoir si Dieu existe ou non. Dieu est inconnaissable, il ne faut même pas se poser la question. Mais cette question demeure cependant l’une des plus fondamentales dans le cœur de l’être humain. Toutes les sociétés, d’ailleurs ont une religion. Il n’y a pas de société humaine sans divinité. Même si des biologistes comme Dawkins défendent toujours l’athéisme, le distique de Voltaire nous rappelle que « L’univers m’embarrasse, et je ne puis songer / Que cette horloge existe et n’ait point d’horloger ». Il y a aussi des arguments cosmologiques, ontologiques et téléologiques pour expliquer l’existence de Dieu, et même d’autres: l’argument moral, du bonheur,…

Terciarización

España é unha sociedade postindustrial que emprega á maior parte da súa poboación no sector terciario. A terciarización da economía española operouse desde a expansión da globalización finisecular e a entrada na CEE en 1986 -posterior UE.

O sector servizos ocupaba xa ao 76% da poboación activa (máis de 3 de cada 4 persoas) en 2022, e comprende o 83% das empresas censadas en 2023. É un sector heteroxéneo, no que a contratación se reparte entre o sector privado (case 4 de cada 5 empregadas/os) e o sector público (o 17% da poboación empregada). Ademáis da heteroxeneidade, mantén diferenzas salientables entre colectivos ben remunerados e un abundante precariado, que se ten incrementado a raíz da crise económica de 2008 e da recente pandemia de 2020. Outras ameazas soslaian o sector, que pode ser presa da sustitución de empregos polo incremento da automatización e o pulo da intelixencia artificial.

O número de funcionarios públicos ascendía a comezos de 2023 a 3,5 millóns (cifras da EPA do 1º trimestre, suministradas polo INE), dos que o 90% traballa para a administración pública, a defensa, sanidade e educación. Despois dos recurtes derivados da crise económica de 2008, o número de empregados públicos non cesou de ascender e recuperarse desde 2014, e especialmente trala pandemia de COVID-19.

Canto aos servizos privados, o comercio minorista ocupa a case 2 millóns de persoas; representa 1 de cada 8 empresas no Estado e máis do 9% dos empregados; predomina nel o emprego feminino. Case 250.000 persoas están empregadas en grandes superficies, en macrocentros comerciais asociados ás grandes aglomeracións urbanas -ben que son resultado dun proceso de crecemento das periferias e un certo abandono dos núcleos históricos-; os centros comerciais, porén, terán que competir tamén co auxe do comercio electrónico [con predominio de compras de moda, lecer, viaxes, calzado,…] e novas tendenzas.

A hostelería, con case 80.000 establecementos en España, é un sector clave -que aporta en torno ao 5% do PIB; nel establécense o maior número de franquicias. Malia que é un sector cunha media de salarios baixos, a súa importancia tamén está vencellada ao turismo, dado que España se vende no exterior como paraíso gastronómico. Despois do ano sen turismo (2020), España rompeu o récord de recepción de turistas estranxeiros en 2023 -case duplicando a poboación censada no Estado e retomando as cifras prepandémicas [as estatísticas de Frontur (*) axudan a comprender a importancia deste sector na economía española, con máis de 2,5 millóns de empregadas/os e case un 13% do PIB].

Para un país turístico, a rede de transportes é fundamental. Por avión, por estrada, por ferrocarril, por barco, entra o turismo en España, e non só: para o tráfico de mercadorías é esencial unha boa rede de transporte. A mobilidade en España ha de ser observada xa nun contexto europeo, de xeito que os obxectivos da Axenda 2030 poidan levarse a cabo e reducir as emisións contaminantes de cara a modelar unha Europa máis verde. En España censáronse máis de 200.000 empresas de transporte en 2023. Un país turístico apoia no seu patrimonio cultural e paisaxístico algunha das atraccións principais. O sector da cultura ocupa directamente a unhas 700.000 persoas, e supón máis do 3% do emprego.

Outros subsectores tamén teñen relevancia no emprego e no PIB. É o caso das finanzas, que despois de regulacións de emprego e fusións bancarias (entre 2008 e 2020, os bancos pecharon case a metade das sucursais e despediron ao 37% das plantillas), semella retomar o camiño da contratación -ben que moitos trámites que antes se realizaban en oficina agora se realizan online-. Este sector, xunto coa industria, ten unha relación directa cun comercio exterior en expansión, malia que a nosa balanza comercial sexa deficitaria.

O sector cuaternario, configurado polas actividades económicas relacionadas coa I+D e as TIC, ábrese paso nun mundo cada vez máis dixitalizado, no que os ciclos de innovación se aceleran a cada momento. Ademáis, o peso das TIC na nosa economía e nos nosos fogares non para de medrar (consúltese tamén a Encuesta de Presupuestos Familiares publicada polo INE).

E se colapsa a AMOC?

Dá vertixe pensar que un pertenza á penúltima ou última xeración antes do colapso da AMOC (Atlantic Meridional Overturning Circulation), cinta transportadora de calor que facilita a suavidade térmica en Europa occidental -que se ve diluída pola fusión de xeo ártico nas costas de Groenlandia: o aporte de auga doce ralentiza a corrente do Golfo, que pouco a pouco desaparecería. Segundo o estudio publicado recentemente en Science, estariamos ás portas dun episodio de glaciarismo nas nosas latitudes, que alteraría profundamente a climatoloxía do planeta e provocaría un desprazamento da ZCIT e dos fluxos da CXA.

Xa estamos na época do final das estacións. E o que virá quizás permita celebrar os Xogos Olímpicos de Inverno na Europa mediterránea… Cunha Europa sepultada pola neve, co nivel do mar máis elevado, o tipping point está próximo. Quizás non sexan inmediatas as consecuencias, pero o cambio está chegando. O enfriamento de Europa, cunha media de 3ºC por década con respecto ás temperaturas medias de 1750-1850, abocaría á desaparición da habitabilidade en moitas áreas e un aumento da aridez por mor do descenso das precipitacións. O bouleversement do clima do Holoceno, neste contexto de fraxilidade, xa o puxo de manifesto Jane Morton: a temperatura ideal para o desenvolvemento está en risco co #CambioClimáticoAntropoxénico.

As consecuencias do colapso da AMOC manifestaríanse máis alá de Europa: a Amazonia -xa deforestada nas últimas décadasdeixaría de ser unha reserva pulmonar do planeta, a seca xa afecta a Europa, o Atlántico Norte quéntase máis da conta,… O planeta pode entrar en colapso, a adaptabilidade ás novas condicións climáticas sería imposible pola rapidez no cambio das mesmas, a produción de alimentos reduciríase dun xeito sistemático.

Máis alá da incertidume e da aceptación ou non da colapsoloxía, é evidente que os riscos potenciados polo cambio climático antropoxénico están ás portas, son un inimigo ao que conter. Ou non, porque pode que xa teñamos pasado o tipping point de emisións de dióxido de carbono á atmosfera -aquel do que nos advertía James Lovelock. Será por voces!

Ecos limiaos (8)

O 25 de xaneiro de 2024 publicouse no DOG a resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para iniciar o procedemento de cara a declarar ben de interese cultural (BIC) o patrimonio inmaterial do Entroido galego. Exáltanse nela os valores vitais da diversión, a catarse, o lecer e mesmo a relixión; en suma, o entroido galego, rural e arcano, ten unha forte capacidade de expresión identitaria, no que non falta a tradición gastronómica. Entroido, Antroido -que tamén Entrudo en terras lusas e algunhas galegas- é tempo de “introito” á Coresma, no que a mofa e a crítica cobran vida fronte á aburrida vida cotiá; as orixes están quizás nos ritos totémicos de fertilización e renacer da natureza que existen en moitos pobos primitivos, ou tamén nas saturnais e lupercais romanas. 

Xinzo de Limia é un dos núcleos singulares das entroidadas de Gallaecia. O entroido, nesta comarca, non tivo que renacer da prohibición de troula nos tempos de Franco (unha orde de 12 de xaneiro de 1940 prolongou a prohibición xa decretada en 1937 na zona sublevada). En realidade, nunca se deixou de celebrar, medrou en forza desde os anos 1980 e, en 2019, foi declarado de interese turístico internacional (o único en Galicia neste intre), o máis longo de Europa. O seu programa inclúe catro semanas de festexos, nos que as pantallas se entronizan como máscaras raíñas. Charangas e comparsas, grupos de disfrazados, cantigas e retranca medran desde o Petardazo e o domingo Fareleiro -no que o farelo purificador branquexa facianas de todas as idades- ao Domingo de Entroido, pasando polo Oleiro -no que os corros se lanzan olas de barro, que ás veces se enchen de auga, viño, terra ou fariña, na Praza Maior da vila- e o Corredoiro -no que as pantallas e outras personaxes toman a rúa. O crecemento da vila impulsou novidades urbanas, que non impiden o mantemento dun espectáculo ancestral que se convirte en festa de masas. Remata o programa de Entroido xa no primeiro domingo de Coresma, o que ven sendo Domingo de Piñata, último intre de baile e mofa, vencellado ao xogo das olas -consistente en vendar os ollos a alguén para que, cun pau, trate de escachar unha ola pendurada en alto, e liberar así confeti, fariña, auga ou caramelos que nela se escondan; o termo “piñata”, de orixe italianizante, é sinónimo de “ola colgada con lambetadas”.

Se un disfrace é característico da vila, ese é a pantalla, un atuendo viril, usado tamén polas mulleres desde que unha pioneira o vestíu en 1950 -aínda que elas comezaron nos anos 1980 a levar capuchos como disfrace singularizado. Quen leva pantalla vai vestida/o con calzón longo e camisa ou camiseta brancos, polainas negras e unha faixa vermella na cintura, xunto cunha capa de seda encarnada que cae polo lombo, ornada con fitas de cores; no pescozo colga un pano da cabeza feminino, que se ata pola parte de atrás. A faixa amortece o peso do cinto de campaíñas e cascabeis titilantes que tamén colgan, para avisar á xente de que se aparte ao seu paso -xa que quen leva a pantalla só posúe unha acurtada visión frontal. En si mesma, a pantalla é unha careta confeccionada de xeito artesanal -proliferan tamén os obradoiros para aprender a facelas, e representa un diaño con bigote, de doce parecer. O carapucho que cubre a cabeza remata, na parte de diante, como se dun gorro frixio se tratase. Debuxos astrais de estrelas, planetas, soles e lúas -ou ben animais- engalanan a pantalla, tal e como se albiscan na base da estatua de Limuhe á entrada da vila. As pantallas fanse de cartón, papel de xornal e feltro de chapeu; tamén fan parte do traxe as luvas nas mans, nas que se sosteñen vexigas de vaca infladas e curadas, acompañadas de ruido xordo cando se baten entre si ou contra a man; di o etnólogo Claude Gaignebet que estas vexigas teñen un sentido fertilizador. Sobre todo no domingo corredoiro, as pantallas -en grupos variables- corren polas rúas e castigan a quen non leve disfrace para facerlle pagar unha ronda no bar que corresponda (esta sanción aplicábase en diversos lugares de Galicia aos veciños que se sorprendera traballando durante o sagrado e lúdico tempo do Entroido). 

Non faltan en Xinzo os sermóns satíricos e as corozas, se ben as charangas son contratadas. O programa inclúe tamén desfiles de comparsas e carrozas das parroquias, ben que estes elementos do carnaval urbano minguan en parte a espontaneidade do Entroido de sempre, tal e como xa advertíu en 1990 Federico Cocho na súa obra esencial “O carnaval en Galicia”. No ano 2024, as festas deron comezo o 20 de xaneiro e, despois de trece días alternos de troula que incluiron tamén o colgamento do Meco -figura que mencionou no seu tempo o Padre Sarmiento, e que tería quizás a súa orixe nun mullereiro e vividor do Grove que fora colgado dunha figueira polos homes ofendidos, e que seica pronunciou as verbas “Deus sit mecun” (“Deus sexa conmigo”) antes de expirar- e a Noite de Féminas, rematan o 18 de febreiro, que tamén se presenta electoral. O cartel oficial é do deseñador limiao Roberto Nogueiras, quen resalta a vivenza da festa con forte #sentimento, condición que tamén se apreza nos gravados de Virxilio Fernández, aloxados a carón de pinturas caboverdianas na parede da Taberna da Trocha. A asociación A Pantalla xoga un papel determinante na promoción das festas.

O Museo Galego do Entroido de Xinzo, activo desde 2016, ocupa a antiga praza de abastos e matadoiro da vila. Nel reúnense bos exemplos de personaxes e instrumentos dos entroidos galegos, entre os que non faltan os follateiros de Lobios -engalanados con corozo e follas de millo de pés a cabeza, como os transfronteirizos de Outeiro, en Montalegre-, os cabreiros de Muiños -pastores con cabeza caprina- e os troteiros de Bande -cun chapeu con espellos, vara e faciana cuberta con bordado-, todos eles limiaos. Á espera dun espazo propio nunha casa habilitada a tal fin, a planta inferior do museo acolle unha exposición sobre a vida e obra do escritor Carlos Casares, ourensán que estudou en Xinzo e aprendeu nomes de plantas e animais na Porqueira, onde vivía unha tía avoa súa. Neste lugar ten presentado disco o excelso músico vasco Kepa Junkera, homenaxeado na vila en 2023.

Protestas agrarias

O sector primario -en especial, en Europa- está nunha encrucillada: elevados prezos dos combustibles, esixencias da PAC por mor da Axenda 2030, competencia de produtores exteriores aos que non se esixen os mesmos estándares de produción que na UE -mesmo ameaza de inclusión da fértil Ucraína como membro-, avellentamento demográfico e riscos ambientais en alza por mor dun quecemento climático que somete á dúbida calquera nova colleita. Sobre o sector recae a necesidade de preservar un medio natural ameazado e no que a especulación dos fondos de inversión ameaza explotacións pequenas, de cara a reconvertilas en monocultivos de produtos exitosos no mercado ou territorios nos que o uso da terra pode mudar cara á construción de grandes plantas enerxéticas.

O cambio climático antropoxénico non dá tregua. Cada mes, cada ano que pasa, os récords térmicos medran, as secas ameazan grandes áreas. España, cuarto produtor europeo de alimentos, triplicou a súa superficie de regadío desde 1950, e a situación semella insostible; os ríos -malia que España non sexa país para eles– están moi regulados, só nos seus cursos altos pervive unha situación ecolóxica aceptable. Os custes de produción agrícola, en consecuencia, medran, e as grandes distribuidoras comerciais non compensan os riscos extras asumidos polos produtores agrícolas.

O planeta precisa dunha #rexénese agrícola, tal e como Georges Monbiot analiza; quizás deba prepararse para unha agricultura levada pola intelixencia artificial. A presión demográfica, os custes enerxéticos, a variabilidade climática, son factores que aconsellan preservar un futuro agrario de certa garantía. Os espazos rurais non poden ser simplemente unha imaxe feérica para urbanitas desentendidos. A España baleira que nos pintou no seu día Sergio del Molino non ha de ser un escaparate, senón máis ben un espazo de habitabilidade, ecolóxico, saneado e produtivo.

Paisaxes industriais

A transición dun país que acadou o seu máximo peso industrial no PIB e na poboación activa durante o desarrollismo a un país que xenera a meirande parte do PIB no sector servizos deixou como resultado a mudanza de múltiples paisaxes urbanas tradicionais: Bilbao e Barcelona son bo exemplo. Alí onde había sectores portuarios con predominio siderúrxico, metalúrxico e estaleiros, con grandes zonas de almacenamento e viais de tamaño inxente, xurdiron paseos marítimos, portos de lecer e arquitecturas de deseño que reemprazaron usos e actividades.

Nun polígono industrial tradicional como Sabón-Arteixo, na aglomeración de A Coruña -da época de creación de polígonos de desenvolvemento do desarrollismo dos anos 1960-, foi a promoción gubernamental a que estimulou un espazo próximo a unha aglomeración urbana e os factores de localización tradicionais (materias primas, fontes de enerxía e mercado) empuxaron este polígono. Unha das industrias de carácter tradicional e manufactureira, a téxtil Inditex, converteuse en estandarte do espazo, ben que as súas actuacións recentes -creación dun espazo verde a xeito de fraga, arquitecturas high-tech e espazos abertos- promoven un cambio con respecto á visión tradicional dos polígonos industriais clásicos. Na paisaxe industrial clásica imperan as naves de produción/almacenamento abigarradas e os viais -sen apenas espazos verdes- de comunicación, xunto con actividades metalúrxicas, enerxéticas e industrias pesadas con alto impacto ambiental canto ás emisións contaminantes. A área de Ferrol tamén obedece a este modelo.

Nun parque tecnolóxico, a imaxe conxuga espazos verdes con arquitecturas modernas, empresas ligadas aos obxectivos I+D+i e colaboración intensa con escolas universitarias especializadas en sectores de innovación tecnolóxica. En todo momento, a proximidade a aeroportos ou vías de comunicación de alta densidade é significativa de cara a dar valor aos produtos finais resultantes. Os parques tecnolóxicos [mapa] inspirados na primacía de sectores como a informática, a bioenxeñaría, robótica e tecnoloxías emerxentes, emerxen como novidade atractiva no panorama industrial, vencellados a industrias verdes e uso de enerxías renovables.

En todo caso, despois da pandemia de COVID-19, as políticas de reindustrialización tratan de redirixir os camiños do sector secundario con fondos europeos, como en Galicia.

Vague technologique

La vague qui vient va changer le monde. Peut-être les humains nous ne serons plus les principaux moteurs de la planète. Va-t-elle nous dépasser, la technosphère? On ne peut pas nier le rôle poussant de la technologie; il ne faut pas lutter comme des luddites contre les machines, car toutes les nouvelles vagues technologiques ont réussi. Il faudra s’en adapter, selon Mustafa Suleyman, auteur d’un livre qui avance le dilème proposé par le succès de l’intelligence artificielle en quelques années. Mais il faudra aussi poser l’endiguement de l’IA, mettre en place des lois éthiques et encourager la collaboration entre les entreprises et les États afin de maintenir le contrôle de tous les progrès, aussi avec l’édition génétique, l’eugénisme, les drones, les machines en général, dans un monde de plus en plus automatisé.

Les robots numériques ont vaincu les intelligences humaines aux échecs et au Go, le “problème du gorille” arrive -car quelques machines surpassent le “test de Turing”-, la concurrence des États nous mène sur une ancienne “guerre des armements”, qui est aujourd’hui une bataille numérique. Les technologues veulent avancer, c’est leur défi: quelques-uns d’entre-eux affirment que la solution aux maux de la planète (réchauffement climatique, production de nourriture, vieillissemment démographique,…) est toujours le développement de la technologie, même sans aucune restriction.

Byung-Chul Han, dans son livre “La fin des choses”, dit que  le monde concret et durable est érodé au profit d’un univers éphémère où le travail accompli par la main a laissé place au glissement des doigts sur l’écran du smartphone et à une “intelligence” artificielle, qui “pense à partir du passé”, est “aveugle à l’événement”. “Seule la main reçoit le don de la pensée,” souligne Han. Il pense que l’inhumanité est en marche.

Carissa Véliz nous a averti sur le contrôle auquel nous sommes soumis dans notre vie quotidienne. Elle défend l’idée de que “la privacité nous donne du pouvoir”, et nous habitons un monde dont l’exposition individuelle est continue. Elle fixe l’attention sur le manque de liberté des citoyens; certains États contrôlent notamment leurs sociétés, même avec un risque sérieux de dystopie [on peut se rappeler de la pub d’Apple en 1984]. En général, la surveillance augmente partout.

Le philosophe britannique Nick Bostrom a posé aussi l’hypothèse du monde vulnérable, selon laquelle tôt ou tard, une technologie pourrait décimer les humains: y sommes-nous bien préparés?

Alors, la cohabitation avec l’IA devient inévitable, mais il faudra mettre en place des règles pour assurer un vrai “serment d’Hippocrate” qui soit capable de consacrer la vaillance des machines en faveur de l’être humain. Ou bien l’ordre terrien sera définitivement remplacé par l’ordre numérique? 

Dictamolle

Les opposants à la dictature de Primo de Rivera organisent plusieurs conjurations afin de renverser le gouvernement. Les étudiants clament dans la rue, les intellectuels critiquent le manque de libertés, les politiques dynastiques essayent d’encourager un “pronunciamiento” comme celui dirigé par Sánchez Guerra en 1929. Finalement, le dictateur présente sa démission au début de 1930; ce sera le déclin définitif de la Monarchie?

Après l’échec de la dictature, Alphonse XIII appele au gouvernement au général Berenguer, ancien haut-comissaire du Maroc, pendant la défaite d’Annual (1921). Malgré l’intention du roi de retourner au système corrupte de la Restauration -basé sur l’alternance et le caciquisme-, les partisans de la République, les représentants des nationalismes périphériques et la gauche politique et syndicale ont déjà en tête le bouleversement de la monarchie, et ils se donnent rendez-vous à Saint-Sébastien pour signer un accord (août 1930), avec la volonté d’instaurer une nouvelle république. Sous la direction d’Alcalá-Zamora et Azaña, un comité révolutionnaire est organisé.

En outre, l’ambiance générale était très critique avec la “dictamolle” de Berenguer -appelée comme ça par Ortega y Gasset, auteur d’un article qui cible sur le roi la mauvaise décision de nommer Berenguer, une “erreur” qui menera à la mort de la monarchie (“Delenda est monarchia”, écrit l’intellectuel dans cet article publié au mois de novembre 1930). Ensuite, l’action pour la proclamation de la république échoue le 12 décembre à Jaca, où les capitaines Galán et García Hernández sont arrêtés et fusillés. Le soulèvement était prévu pour 15 décembre, et l’aviateur Ramón Franco inonde de tracts contraires au gouvernement les rues de Madrid. Mais les soulèvements de Jaca et de l’aérodrome de Cuatro Vientos n’ont pas de succès.

Au dernier moment, le faible gouvernement Berenguer ne résiste pas; le général démissione en février 1931 et son remplaçant, l’amiral Aznar, n’aura pas le temps de redresser la situation. Il convoque les élections municipales de 12 avril 1931, qui finissent avec la victoire des candidatures républicaines dans les grandes villes et zones urbaines. Les républicains avaient bien organisé leurs candidatures, les monarchistes sont un peu dissipés.

En conclusion, l’attitude de la monarchie -placée comme soutien de la dictature et de la “dictamolle”- sera punie par le gouvernement provisoire, en essence formé avec les participants des accords de Saint-Sébastien. Le roi signe un manifeste “Au Pays” et part à l’exil. La Seconde République est proclamée par Alcalá-Zamora au balcon du Ministère du Gouvernement le 14 avril 1931. Ce sera celle-ci la République de la démocratie et des accords, celle de la culture et la croissance économique?

L’Espagne depuis 1923

Le populisme autoritaire en Espagne se manifeste à l’époque de la Dictature de Primo de Rivera: les fêtes patriotiques, les serments d’allégeance, l’exaltation de la langue castillane, l’appel à la gloire impériale, l’esprit national espagnol,… [La photographe Ruth Matilda Anderson a bien documenté en 1924 son passage par la Galice (*)]. C’est le premier pas pour l’Espagne franquiste, contestée par les partisans de la République et le laïcisme. Alejandro Quiroga nous invite à connaître la biographie de Primo de Rivera en contexte historique.
Nous habitons ce pays, étranglé entre “autoritaires” et “libertaires”, incapable apparemment de trouver le “juste milieu”, la défense d’un système pour toutes et pour tous, un modèle respecté par la grande majorité. 

Blog en WordPress.com.

Subir ↑