La ferme

George Orwell publie en 1945 La ferme des animaux [voir Wikipédia], satire et critique du régime soviétique, en particulier du stalinisme et, au-delà, du totalitarisme.

Quelques personnages sont des allégories réelles: Sage l’Ancien, Boule de Neige, Benjamin, Malabar, les neuf chiens, Moïse,… et tous ensemble [voir schéma/ schéma 2].

Advertisements

Ricos

Nestes tempos, a directora artística do Guggenheim de Nova Iorque ten ofrecido á familia Trump a posibilidade de decorar a Casa Blanca cunha provocadora obra de Maurizio Cattelan chamada America, un inodoro de ouro macizo que contribúe a cuestionar o soño americano. En USA, o 1% da poboación acumula o 40% da riqueza.

No mundo, o 0,7% da poboación acumula o 45% da riqueza [ver infografía ].

Aínda que non haxa ricos da magnitude de Mansa Musa, constátase que a crise económica recente producíu unha acumulación máis concentrada da riqueza en menos mans, nominadamente en España.

Pirámide 2016

piramide_2016

A inmigración anova. Sobre todo, no grupo da poboación adulta xove (menores de 45 anos). Iso é o que amosa a comparativa entre poboación española e estranxeira a finais de 2016, a partir de datos suministrados polo INE [ver infografía].

A pirámide da poboación autóctona amosa unha forma regresiva, propia dun país avellentado , no que a dificultade da conciliación familiar e a alta taxa de desemprego xustifican un retraso continuado na idade de ter o primeiro fillo -e, en consecuencia, un descenso da fecundidade por debaixo da taxa de reemplazo.

A pirámide da poboación estranxeira amosa unha estrutura irregular, cunha alta presenza da poboación adulta xove -a que tradicionalmente sempre migra máis- e unhas taxas de natalidade comparativamente altas -con respecto á poboación autóctona.

Galiciencia 2018

Galiciencia 2018 propón o cambio climático como tema de acción. E será bo visitar a web que a Xunta dedica a esta cuestión para introducirnos no proxecto a realizar. Tampouco estará de máis consultar os datos que meteogalicia pon á nosa disposición nun apartado da súa web, a partir das informacións recollidas en distintas estacións meteorolóxicas.

Imos aló, da man da profe Blanca Rdguez. Latorre e o resto do grupo STEM: Javier, Laura, Eva, Natalie, Jorge e Xosé !

Algúns videos de Historias del tiempo (Xavier Fonseca, en La Voz de Galicia):

Inmigración

coolmapseveryday ven de publicar en Instagram un mapa co grupo de poboación estranxeira predominante en cada país do espazo Schengen en 2017.

Os datos publicados por Eurostat confirman que había na UE, a comezos de 2016, 35 millóns de persoas non nacidas nun estado da UE-28 [consultar datos de Eurostat]. Era Luxemburgo o que representaba o país con máis estranxeiros (unha poboación que representaba o 47% do total).

Se ben os modelos de integración son variados, o mapa proposto evidencia a disparidade social dos inmigrantes. De sempre, as migracións teñen un trasfondo principal económico, e iso explica que a meirande parte dos países europeos reciban inmigrantes de países con menor renda per cápita. Outras razóns, como a relación post-colonial, poden explicar casos como o portugués e o francés. Pero velaquí que son interesantes os casos de Irlanda, Eslovaquia e Austria, que reciben -respectivamente- sobre todo a británicos, checos e alemáns. ¿Non se tratará, neste caso, dunha migración de cadros que aproveita a liberdade de fronteiras Schengen para ocupar posicións en economías limítrofes -e ben próximas a nivel lingüístico?.

Por outra banda, tamén hai que ver en perspectiva os resultados. Se ben os países europeos están entre os de máis altas taxas de inmigración do mundo, algúns do espazo Schengen (véxase os casos de Polonia e Romanía) apenas teñen inmigrantes.

  • Consulta os datos relativos a inmigración no mundo en datosmacro.com.

Xeopolítica

Segundo a definición da RAE, a xeopolítica é o estudo dos condicionantes xeográficos da política. Se a iso engadimos que os Estados e actores políticos empregan estratexias, xuntamos a esta definición a de xeoestratexia.

Como Pedro Baños nos descubre, as claves do poder mundial pechan en si mesmas múltiples estratexias e despregan erros que deberían evitarse. Con gran cantidade de exemplos históricos e citas literarias ben escollidas, @geoestratego ofrécenos un catálogo de situacións para reflexionar a fondo.

Lumes

O incremento da superficie forestal -ao tempo que o despoboamento e abandono rural tamén medran-, o quecemento global e os episodios bruscos de incremento de temperatura por fenómenos atmosféricos adversos (vaga de calor sahariana, ventos furacanados do tipo Ophelia,…) son algúns factores que xustifican o incremento de incendios en determinados momentos da nosa historia recente. Iso, sen esquencer que o factor principal é antrópico, pois os lumes que queiman o territorio teñen orixe na man do home -amante de especular con terreos e bens.

Unha das rexións con maior risco de incendios en España é Galicia. Endémicos foron os lumes ata o inicio da década de 1990, cando se acometeu unha reforma da política de prevención. Unha política que, de cando en cando, sofre asaltos de vagas que queiman enormes cantidades de superficie forestal (os anos 2006 e 2017 foron bo exemplo). Unha política que debería facer fronte ao fenómeno da eucaliptización, ao cambio de modelo agrario na nosa terra (algo que xa ven de lonxe, como consecuencia da negociación que no seu día se estableceu para o acceso de España á CEE, en 1986; desde entón, o agro galego entrou nunha profunda transformación, co abandono de agricultura e gandería, en beneficio da extensión da superficie silvícola) e ao cambio de uso da terra.

#BorrascaAna

Aemet e as axencias meteorolóxicas portuguesa e francesa decidiron bautizar, a partir de agora, as borrascas profundas que nos afecten (cicloxéneses explosivas incluídas)… como tiñan feito antes outros servizos meteorolóxicos europeos.

E velaquí que nos chegou Ana, que acadou unha presión de 972 mb no seu centro, situado ao SO da Bretaña francesa, na medianoite do domingo 10 de decembro (fonte: MetOffice). Cun alto gradiente de presión, enviou ventos de compoñente O-NO cara á Península, e   batendo especialmente en Galicia e na costa cantábrica. As choivas tamén foron abundantes, concentrándose en zonas como a provincia de Pontevedra e outras do sur de Galicia, contribuíndo a engrosar as pálidas cifras de auga encorada. En Galicia, a precipitación -continua e torrencial por momentos- superou, en menos de 24 horas, todo o recibido no mes de novembro [podedes consultar datos das estacións meteorolóxicas de MeteoGalicia, e comprobade a concentración de precipitacións na metade Sur].

Os novos patróns de distribución de precipitacións non impiden comprobar como funcionou esta vez o río atmosférico que nos envolveu en chuvia. Aínda así, os nosos encoros lémbrannos os niveis mínimos nos que estamos a comezos do ano hidrolóxico 2017-18, e a necesidade de xestionar con cabeza un recurso tan escaso (a auga) nun país mediterráneo, con forte risco de saharización.

Norte

Un anticiclón reforzado no Atlántico Norte, cunha circulación meridiana do Jet Stream, permite a chegada de aire ártico ás nosas latitudes neste final de novembro. É unha advección típica (¡que ben sinalada no mapa sinóptico do MetOffice!) , ben semellante a aquela que aconteceu hai dous anos -aínda que esta vez se retrase uns días e sexa insuficiente para paliar os efectos dunha seca histórica. En todo caso, ¿cal é a masa que nos afectará nesta ocasión? Pois imos valernos desta infografía de La Rioja Meteo para que o descubrades:

En efecto, trátase dunha nortada… Preparado o litoral cantábrico e os cumios montañosos do Norte e centro peninsulares para recibir neve que alimente as pistas de esquí. ¿Un respiro? Pois eu xa boto de menos os temporais.

Utopique?

Le socialisme utopique est une pensée qui ne prône généralement pas de révolution, et ne fait pas confiance en l’action de l’État. Au-delà des nombreuses théories, il prône une mise en œuvre pratique immédiate de sociétés socialistes à petite échelle (les communautés) à partir d’initiatives « privées » ou « citoyennes ».

Plusieurs exemples de communautés sont créées partout au monde. Mais une d’entre elles devient une utopie réalisée. Godin prône l’expérience du Familistère, idée issue de sa formation fouriériste. En 1889, déjà mort le fondateur, le Familistère comptait 1748 habitants, avec 490 appartements occupés, 50 berceaux à la nourricerie, 1000 places dans le théâtre, 2360 ouvrages dans la bibliothèque et 1205 personnes employées à l’usine.

La guerre de 1914-1918 dévaste l’usine de Guise. Au seuil de la crise de 1930, plus de 2000 personnes y travaillent. Malgré l’effort de renouvellement des équipements dans les années 1950, les usines du Familistère apparaissent peu adaptées aux nouveaux besoins du marché des appareils ménagers, où la concurrence est ravivée par l’ouverture du marché commun européen en 1957. La Société du Familistère tente sans succès de diversifier sa production avec la fabrication de réfrigérateurs et de machines à laver. L’Association coopérative disparaît en 1968. En 2013, la fonderie de Guise emploie 288 personnes. L’entreprise Godin SA occupe un des premiers rangs en France pour la production de poêles à bois.

Afin de ne pas oublier cette expérience –utopique?-, à partir de 2000 est mis en place le programme Utopia.

  • Regardez aussi ce lien.touchshot_temp(6)

Des images pour…

Voici quelques tableaux, gravures et représentations pour raconter les unifications allemande et italienne:

 

Ventos e choivas

Unha ollada a un mapa de ventos da Península Ibérica publicado por La Vanguardia hai 20 anos lémbranos que os refráns poden estar asociados a eles: o NO, SO e nortada, o cierzo, o galego, o ábrego, poñente e levante, a tramontana, …

E que, en moitos casos, a precipitación vai a eles asociada, salvo que sexan solano, garbí... Sexa como fore, o tempo das choivas debía ser chegado, neste ano de #seca intensa. Así nolo indican os datos recopilados por @crballesteros (correspondentes ao período 1981-2010) e sintetizados neste mapa:

* Por certo, para quen non crea no quecemento global, velaquí unha comparativa dos datos dos períodos 1961-1990 e 1981-2010 recollidos por AEMET no observatorio de A Coruña. Podedes consultar os diagramas ombrotérmicos da serie 1961-1990 aquí.

Altura do ceo

Jorge Mira recibíu o premio nacional “Ciencia en acción” 2017 polo seu libro de divulgación ¿A que altura está o ceo?, unha obra que percorre os avances científicos no coñecemento da historia e evolución do Universo, así como as distancias que as achádegas no campo da Física foron engadindo co paso dos séculos.

O autor –ademáis de demostrar a forma case esférica da Terra– comeza o percorrido cunha resposta simple, para ir debullando os avances: a teoría heliocéntrica, a datación do ano-luz, as medicións de Henrietta Leavitt e Edwin Hubble, a lei de Hubble, o Big Bang, … ata ofrecer unha noción precisa dos coñecementos que temos hoxe en día sobre a verdadeira altura do ceo. ¡E isto non fai máis que progresar e modificarse!

Victoria e Abdul

A raíña Victoria, ao final da súa vida, cae ¿namorada? dun servinte musulmán que vén da India.

O filme de Stephen Frears aproxímanos a unha época, adoptando o punto de vista preferente dos fastos da realeza, mergullándonos nunha historia descoñecida ata hai pouco tempo, que algo ten de reivindicativo canto á aproximación de amizade entre civilizacións, de superación dos estereotipos sociais e de “edulcoramento” dunha época colonial chea de clichés… E marabíllanos coa interpretación de Judi Dench, introdúcenos nos dispendios do xubileo, achéganos ao urdu. Unha experiencia interesante.

Ophelia

#ArdeGalicia nun día histórico para a meteoroloxía. Nunca un furacán de forza 3 estivo tan próximo da costa galega (aproximadamente uns 600 km), se ben outros tiveron traxectorias semellantes. #Ophelia [o furacán -ver transición a ciclón extratropical-] xestouse no entorno das Azores, e discorre cara a Irlanda (que xa sofreu o impacto de Debbie en 1961), esperemos que abrindo paso a unha cadea de borrascas que poidan enfeblecer o bloqueo anticiclónico que tanto dura (e que poida rematar cunha seca de proporcións moi severas).

As horas previas ás esperadas choivas son un inferno (os ventos arrastran o fume en direción Sur-Norte a velocidade de vértigo). Arde a nosa terra e as cinzas acumúlanse nunha brétema grisácea que acende o sol no solpor. Polos catro costados, unha política de repoboación forestal impropia ten como consecuencia un elevado risco de incendios, que xa desatou polémica en Portugal desde comezos do verán.

Agora pregamos que as pingas abafen o lume, que un furacán de nome shakespeariano (afogue Ophelia e cheguen as borrascas) arrastre cara a nós a choiva tan necesaria.

Finalmente, Ophelia acabou co anticiclón.

Vers Saint-Quentin

No marco dunha colaboración entre a Académie d’Amiens e a Xunta de Galicia, e contando coa autorización da Consellería de Educación, o meu compañeiro Juan Manuel Álvarez -tamén profesor de Xeografía e Historia, en Pontevedra- e eu, imos facer un stage de jobshadowing (de 18 a 29 de setembro), no departamento de l’Aisne: el vai a Villers-Cottêrets, eu a Saint-Quentin.

Ce sera passionnant de connaître les méthodes de nos collègues français, de se plonger sur les expériences que ce voyage va nous permettre, afin d’améliorer notre performance Bachibac. Peut-être même nous aurons la possibilité de visiter une communauté comme l’ancien familistère de Guise. En tout cas, c’est sûr qu’on va beaucoup apprendre.

Seguir lendo Vers Saint-Quentin

Furacáns

Un furacán é un ciclón que discorre pola zona tropical do Atlántico. Cunha traxectoria parabólica, soen desprazarse inicialmente de Leste a Oeste desde a área entre Cabo Verde e o Caribe, e logo soen enfilar un desprazamento cara ao Norte-Norleste, perdendo intensidade unha vez tocan terra. Porque un furacán retroaliméntase sobre o océano, usando o aire cálido e húmido como combustible.

Ata 1979, os furacáns levaban só nome de muller; probablemente a misoxinia do meteorólogo que os comezou a bautizar (Lindley Wragge) era a causa. Desde entón, altérnanse nomes masculinos e femininos para identificalos cada tempada (a “tempada alta” de furacáns vai de xuño a novembro, sendo o comezo do outono cando se incrementa a súa frecuencia). O listado de nomes proponse con antelación para cada ano e, se hai maior número que as iniciais do alfabeto propostas, continúase con letras gregas para nomealos. Cando algún furacán é sumamente destrutivo, o seu nome retírase.

irma
Imaxe publicada por Le Monde

A escala Saffir-Simpson mide a intensidade dos furacáns.  Nestes intres, desprázase polo Caribe un furacán chamado Irma, cunhas dimensións e intensidade espectaculares -que tería efectos devastadores asociados sempre-. Co incremento do quecemento global, os científicos plantéxanse se aumenta tamén o número e intensidade dos furacáns. E, aínda que non se pode concluir nada definitivo, é ben certo que a probabilidade de padecer furacáns máis intensos acentúase. O quecemento global acentúa os riscos extremos.

Bitter sweet

Sweet! Prefiro que o fagamos sweetly. Pensa na cantidade de cousas que poderemos aprender dese xeito: falareivos na aula en francés, utilizaremos as novas tecnoloxías para consultar e debater información, proporeivos retos, défis. Vouvos preguntar: ¿Cal foi a vosa paisaxe do verán? ¿ Cal é o problema máis gordo da humanidade hoxe? ¿Por que non respetamos a diferenza? ¿Cando chegarán os Estados Unidos do Mundo?…

E vós buscaredes a resposta no vento, ou en twitter, en instagram, en facebook, na web, nas vosas experiencias diarias… Con traballo individual e cooperativo, con gamificación e postas en común, co de sempre e co máis novo. Porque somos así, e xa levamos 10 anos facéndoo. Benchegad@s a un novo ano escolar, que ilustro cunha das cancións que sempre máis me gustaron.

Un espazo para CC. Sociais, Xeografía e Arte