Bora Bora

“A clave está en dous procesos que acontecen de xeito simultáneo: por unha banda, esas illas estanse afundindo pouco a pouco e, por outra banda, os corais que forman o anel au seu arredor están medrando de xeito vertical para compensar o afundimento e así manterse na zona de augas superficiais. Este mecanismo foi proposto por Charles Darwin, que tamén foi un importante xeólogo. Na Polinesia Francesa, por exemplo, as illas son antigos volcáns con varios millóns de anos de idade (Moorea ten aproximadamente 1,5 m.a.; Raiatea entre 2 e 3 m.a.; e Bora Bora algo máis de 3 m.a.). As illas afúndense porque a placa tectónica na que están sentadas, neste caso a placa do Pacífico, no seu movemento cara ao noroeste sofre un proceso de subsidencia. Todo o conxunto vaise indo a pique pouco a pouco. Pola súa banda, os corais son organismos vivos aos que lles gusta a auga temperada e a luz solar, de tal xeito que se o sitio no que están se afunde -e polo tanto se mete en zonas con menos luz e auga máis fría-, eles tenderán a medrar cara arriba para manterse á mesma altura respecto do nivel do mar.”

Xurxo Mariño: Terra.”

Xa nos conta Mariño que a illa central de Bora Bora leva ben tempo afundíndose, o que non deixa de ser unha excusa para escoitar unha bela composición de Yuri Borin.

Cidade-Xardín

O concepto de cidade-xardín concebíuno o reformador social inglés Ebenezer Howard, que -a comezos do século XX- plantexou un novo xeito de construir e planificar cidades a partires de vivendas unifamiliares. A introdución do modelo en España, nas aforas das cidades, estivo en principio vencellada á residencia de clases acomodadas.

No caso de A Coruña, o barrio residencial de Cidade-Xardín, destinado a familias de clase media-alta, comezouse en 1921, tendo como modelo un plano ortogonal que, ao longo de 30 anos, transformou o espazo de hortas de Riazor nun barrio máis da cidade.

Achegándonos a este espazo, hoxe en día contemplamos un plano en dameiro cunha forma exterior en ferradura, que inclúe funcións residenciais, educativas e sanitarias, sobre todo.

Unha vez que visitamos Romanorum Vita, imos tentar movernos por este espazo próximo á exposición e imaxinar -se este fose o plano dunha cidade romana- onde estarían situados os seus principais fitos nese plano imaxinario, comparándoo co modelo de Timgad.

Décolonisations

La Seconde Guerre mondiale a ébranlé le système colonial. Les puissances coloniales ont perdu de leur prestige d’antan. Les peuples colonisés, souvent employés pour renflouer les rangs des armées alliées en guerre, éprouvent le désir de se défaire des liens qui les unissent encore à une Europe ruinée et exsangue.

De plus, l’émergence de deux grandes superpuissances anticolonialistes, les États-Unis et l’Union Soviétique, et le nouveau contexte international après 1945 favorisent la lutte des colonies pour l’indépendance. La charte des Nations Unies réafirme le “respect du principe de l’égalité des droits des peuples et de leur droit à disposer d’eux-mêmes”. Les peuples colonisés, conscients du nouveau contexte international favorable qui s’offre à eux, se lancent dans la lutte pour leur indépendance; cette émancipation des colonies se fera pour les uns par la négociation, pour les autres par la force.

La décolonisation se fait en deux phases. La première s’étend de 1945 à 1955 et touche surtout les pays du Proche et Moyen-Orient, ainsi que l’Asie du Sud-Est. La seconde phase commence en 1955 et concerne essentiellement l’Afrique du Nord et l’Afrique noire. La Conférence de Bandung de 1955, réunissant 29 délégués africains et asiatiques, annonce la décolonisation en Afrique et marque l’entrée sur la scène internationale des pays du tiers-monde.

Deportado 4443

Deportado 4443 narra, en primeira persoa, as vivenzas de Antonio Hernández Marín -morto hai agora 25 anos- en Mauthausen e Gusen, desde xaneiro de 1941 ata xuño de 1945. Carlos Hernández de Miguel chiou en twitter a historia, e eses chíos foron ilustrados por Ioannes Ensis nunha publicación que ve agora a luz.

Quero quedarme cunha imaxe, a da páxina 53 da novela gráfica, como resumo espectral desta testemuña: un traxe a raias de presidiario -un traxe que uniformiza a todos por igual, que os sinala como reclusos-, un número -os presos non son máis ca un número, deixan de ter persoalidade propia para os seus captores-, un triángulo azul -evocado na obra de teatro de Laila Ripoll– coa “S” de Spanier cosida -para identificar a procedencia dos presos. O que sigue é o retrato cotián do terror, da humillación, do abuso e da indignidade, mesturado cunha esperanza remota de que todo aquilo rematará canto antes. Diante deste panorama, algúns deciden suicidarse ou provocar que os maten -a alambrada electrificada pode ser unha definitiva salvación-; outros sufren as penurias de traballar na canteira, símbolo do peor traballo forzado imaxinable.

A historia percorre os momentos históricos da Segunda Guerra Mundial desde dentro dun campo de concentración -que despois será de exterminio- nazi, desde a óptica de republicanos españois que reivindican a memoria histórica de quen loitou incesantemente contra o fascismo. E así se van sucedendo os episodios que afectan á vida dos presos: a entrada en guerra dos USA,a posta en práctica da Solución Final, a batalla de Stalingrado, o desembarco de Normandía e o colapso nazi, que evocan de fondo unha secuenciación terrorífica desa Guerra na que tamén os españois participaron. Non se esquenza.

Para ti

“Cando eleximos -a comezos deste curso académico- como título do proxecto interdisciplinar “Humano/Inhumano”, non pensei que esta canción fose existir. Que este tour de force poidese acontecer. Que a vida ofrecese esta oportunidade. Agora alédome da elección. E do que por diante se ofrece.”

Evoco o Arnoia, o Miño, o Ulla, o Caldo, o Umia, o Tambre, o Sar, e moitos outros que quedan na terra dos mil ríos… Esa da que nunca me quero despegar.

Blog en WordPress.com.

Subir ↑