Deportado 4443


Deportado 4443 narra, en primeira persoa, as vivenzas de Antonio Hernández Marín -morto hai agora 25 anos- en Mauthausen e Gusen, desde xaneiro de 1941 ata xuño de 1945. Carlos Hernández de Miguel chiou en twitter a historia, e eses chíos foron ilustrados por Ioannes Ensis nunha publicación que ve agora a luz.

Quero quedarme cunha imaxe, a da páxina 53 da novela gráfica, como resumo espectral desta testemuña: un traxe a raias de presidiario -un traxe que uniformiza a todos por igual, que os sinala como reclusos-, un número -os presos non son máis ca un número, deixan de ter persoalidade propia para os seus captores-, un triángulo azul -evocado na obra de teatro de Laila Ripoll– coa “S” de Spanier cosida -para identificar a procedencia dos presos. O que sigue é o retrato cotián do terror, da humillación, do abuso e da indignidade, mesturado cunha esperanza remota de que todo aquilo rematará canto antes. Diante deste panorama, algúns deciden suicidarse ou provocar que os maten -a alambrada electrificada pode ser unha definitiva salvación-; outros sufren as penurias de traballar na canteira, símbolo do peor traballo forzado imaxinable.

A historia percorre os momentos históricos da Segunda Guerra Mundial desde dentro dun campo de concentración -que despois será de exterminio- nazi, desde a óptica de republicanos españois que reivindican a memoria histórica de quen loitou incesantemente contra o fascismo. E así se van sucedendo os episodios que afectan á vida dos presos: a entrada en guerra dos USA,a posta en práctica da Solución Final, a batalla de Stalingrado, o desembarco de Normandía e o colapso nazi, que evocan de fondo unha secuenciación terrorífica desa Guerra na que tamén os españois participaron. Non se esquenza.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s