Un acordo entre dúas áreas comerciais que afecta a 700 millóns de persoas (en torno ao 8% da poboación mundial), pendente de ratificación, asinouse en xaneiro de 2026 entre a UE-27 e catro países fundadores de Mercosur (Arxentina, Brasil, Uruguai, Paraguai), de cara a eliminar aranceis e dereitos de importación, facilitando o acceso aos mercados dos produtos de ambas rexións. O acordo establece a eliminación de aranceis en máis do 90% do comercio bilateral (fronte a un incremento do proteccionismo arancelario proposto no segundo mandato da presidencia norteamericana de Donald Trump). Fronte ao impulso por parte doutros sectores, o sector agropecuario botouse á rúa en Europa para esixir a non ratificación do tratado. Por que, se aparentemente os produtos agroalimentarios que se importen na UE deberán cumplir as estrictas normas de seguridade alimentaria europeas, e se dan garantías para a protección de máis de 350 indicacións xeográficas europeas e 220 do Mercosur?
Moitos subsectores do agro europeo vense ameazados pola nova competencia nas importancións de cereais, arroz, carne de vacuno e mel, mais tamén no mercado dos aceites, viños, produtos porcinos e lácteos. As organizacións agrarias, que convocaron mobilizacións desde decembro de 2025, denuncian que a proposta da PAC [*] para 2028-2034 implicaría una redución significativa dos fondos destinados a axudas directas e ao desenvolvemento rural, o que pon en risco a seguridade alimentaria e a cohesión territorial en Europa. Tamén se indica que os estándares ambientais (redución de uso de pesticidas, preocupación ecolóxica,…), sanitarios (benestar animal) e laborais que os produtores europeos están obrigados a respetar non serán cumplidos polos produtos importados de Mercosur (o cal implicaría unha competencia desleal). A nivel ambiental, témese que unha maior importación de produtos destes países latinoamericanos poida fomentar a expansión de prácticas insostibles, como a deforestación masiva da Amazonía brasileira de cara á creación de terras agrícolas. Os agricultores da UE temen que a competencia cos produtos que veñan de América do Sur afecte gravemente á rendibilidade dos seus cultivos; en particular, sectores como a carne, o azucre e o arroz veríanse claramente ameazados polos produtos máis baratos que chegarían ao mercado europeo.
Canto a outros sectores de acordo, os exportadores de automóbiles da UE beneficiaríanse da eliminación gradual dos aranceis actuais do 35%, e tamén outros produtos industriais europeos entrarían sen restrición no mercado sudamericano (maquinaria, produtos químicos, textis,…). Polo tanto, o famoso acordo carne por automóbiles está en marcha, non sen protestas significativas do sector primario de certos países da UE.


