Distopía 2020

Nas últimas trinta e seis horas estiven a ler intensamente o diario de Winston, escrito hai trinta e seis anos. Atopeino escondido no moble do trasteiro deste apartamento. Que desacougo para aquel home que traballaba para o Ministerio da Verdade, saber que estaba a todas horas a manipular, deformar, deconstruir…

Agora enténdoo todo. Fóra falan do inimigo invisible e implacable ao que combate o Exército. Din que é un virus con cápside que afecta letalmente a quen ten patoloxías previas. Pero eu non o creo. Coido que o Ministerio da Verdade de agora está a vendernos fake news para que fagamos caso ás instruccións do goberno. Seica queren quitarnos a liberdade de andar pola rúa, convertirnos en consumidores-non produtores, todo o contrario ao que o Neolítico fixera de nós hai milleiros de anos. Deben querer reducir a contaminación global, eliminar o cambio climático, loitar polos poucos osos brancos que quedan no polo setentrional. A min non me enganan: o que queren é reducir o noso librepensamento e capacidade de crítica, a liberdade de movementos, a nosa vida.

Confináronnos nos apartamentos, contrataron a persoalidades públicas para que nos convenzamos de que non protestar é o “politicamente correcto”. ¿Onde está a resistencia? Non a escoito nas palmadas das 20:00, non a recoñezo nas caceroladas, seica deben estar no monte. ¿Venderíanse? Éntrame pánico de pensar que estea recluída en cárceres, ou abafada en campos de concentración. Teño medo de saír á rúa.

Na televisión difunden cada pouco mensaxes de que estamos en guerra contra o SARS-CoV-2; as rúas están baleiras en día laborable; militares e policías alertan sobre este espírito escuro que se difunde polo aire. Ten un medo de tocar cada pomo, varanda, baldosa, porta, cristal, superficie; non vaia o condeado estar agardándote para replicarse nas túas células. E a paranoia medra nos nosos miolos, non vaia ser que xa esteamos tocados pola infección, que nos convirtamos en leprosos do século XXI. É unha estratexia do INGSOC (ben, do que goberne agora), e cada día o Grande Irmán sae dar a rolda de prensa para contarche que van milleiros de contaxiados máis, centos de mortos amoreados en hospitais fedorentos, morgues improvisadas. A estratexia está ben argallada: fanche ter medo, ata che dan consignas para non bicar a quen amas; ¿por que o Estado se atreve a controlarnos deste xeito?

O ídolo destes intres é Turchin, coa súa cliodinámica; cre que predecíu a crise, baseándose en aleatorias sumas de datos demográficos. Pero hai máis grupos de presión detrás desta pandemia; igual os de Fridays for Future quixeron apagar o consumo global, igual os terraplanistas desconvocaron o cruceiro porque pensan que o muro de xeo se esnaquiza, a saber… E as autoridades aprovéitanse! Botan man da pseudociencia para manternos quedos, sen actividade, mudos, aplanados, lonxe da curva de Gauss coa que atormentan os médicos. Non se aplanará, a Terra non é plana, Gauss prometía unha campá.

Agardo a que as autoridades usen todas o mesmo uniforme, cun emblema que semelle ao do presidente da Compañía que asumía o control do planeta en “Plutocracia”, porque finalmente son plutócratas os que controlan as nosas vidas. Son elites competitivas, desexosas de poder e de anular a entropía. Porén, a vida é desorde, caos, e os humanos seres indefensos nun recanto do universo. Habemos de atopar o medio de rebelarnos, de evitar o pago de multas e fuxir. Ten que haber algún lugar onde poder pasear, onde Google Earth non te vixíe coa súa cámara sanguinaria, ao servizo de ocultos intereses.

Aconsellan o illamento social. Impóñeno! Cando vas ao supermercado tés que gardar colas coma as dos desempregados que na crise do 29 acudían aos comedores sociais, pero alonxados uns dos outros, non vaia ser que o contacto te poida exterminar in situ. Nada de festas, só se pode xogar a distancia; os botellóns serán individuais, as protestas desde as fiestras. Xa non importa que a xente acumule alcohol para evadirse, cada quen será libre no seu espazo particular. Pero de seguro que xa están pensando en abolir a propiedade, colectivizalo todo e converternos en escravos encadeados ao consumo dixital, ás series e informacións amañadas para que creamos vivir na burbulla de Truman. 

O ministerio da propaganda difunde mensaxes continuas nas pantallas; promove a obediencia ás forzas de seguridade, o ensalzamento dos médicos como hoplitas insuperables destes tempos. Contrata a pensadores que mudan de parecer para aconsellarnos que aceptemos esta reconversión á economía de guerra; o último do que teño escoitado consellos deste tipo é Attali, o mesmo que defendeu o nomadismo como esencia humana, aquel que loubaba as vantaxes da globalización. E si, as paredes das casas xa semellan muros de trincheira.

Quizá xa só Zizek se reclame como apóstolo da contra, só el semella capaz de ver que o capitalismo sucumbirá diante do coronavirus. A quen lle quede tempo para reflexionar que o faga, porque de seguro queren que deixemos de librepensar.

Din que pecharon as fronteiras; os aeroportos expatrían estranxeiros; a policía ten tomadas as estradas. Ata nas aldeas patrullan vixiantes; alí onde o aire che permitía a liberdade -contrariamente ao que se dicía no medievo, agora estás escravizado polas forzas da orde. Advirte a propaganda que non vivimos tal situación nunca; dou fe: a vida era antes alegre, dinámica, expansiva, borbullaba… Agora converteuse nun cadro de Hopper, con persoas solitarias e incomunicadas, ausentes, frías, distantes e desconfiadas. Agora somos seres humanos cerebralmente modificados, OCM’s -que non OXM’s.

No diario de Winston falaban da guerra entre imperios. Agora semella que a guerra está aquí, pois en Oriente proclaman que están contendo ao virus invasor. De seguro que tamén é propaganda -como a que difunde Byung-Chul Han nos seus artigos de xornal, pois todos sabemos que esta crise sanitaria non fará máis ca aumentar a potencia chinesa. E esas sociedades disciplinadas e colectivizadas arrimarán o ombreiro para arremeter contra nós e prender o facho da vitoria definitiva, converténdonos en  obedientes servos televixiados continuamente. ¿Que será entón das liberdades que os filósofos de outrora postularon para cidadáns activos? Mesmo eu temo perder esa condición.

A cidadanía desespérase. Algunha xente montou raves clandestinas, outra descarga a súa ira nas redes sociais. A este paso, os gabinetes de psiquiatría non darán abasto cando saiamos -se o facemos- do confinamento. É posible que vivamos nas nosas carnes o desplome dos piares da civilización; será a consecuencia de tanta falsedade e prestar atención a detalles intrascendentes, porque o que está en xogo é ser humano, seguir séndoo.

As igrexas suprimen cultos, nunca tal se víu. Os enterros están limitados a tres persoas. A vida baléirase, por moito que semelle que hai festa nas varandas. Non hai festa, é unha enorme falsedade; a propaganda invade as pantallas cada pouco co gallo de fomentar un placebo prescindíbel. Non hai soldados, non hai heroes, só hai mortos aos que non se aplaude, caídos nunha batalla que alimenta a excusa de manternos pechados. De millóns de móbiles xurden chamamentos absurdos a manterse quedos, illados, como se todos fósemos participantes dun programa de telerrealidade nun continente lonxano; mesmo alí, a xente distráese camiñando, subindo aos cocoteiros, baduando de leria nas praias paradisíacas. Aquí non hai iso: só hai confinamento. Confinamento, si… Algunha web lingüística ha de proclamala “a verba do ano”, deste ano bisesto que boa cousa non podía traer; e para entón igual todo temos esquecido, xa non lembraremos o descenso da concentración de dióxido de nitróxeno, nin os falsos aplausos desde as fiestras, porque non pensaremos… O obxectivo estará ben adiado.

Cando a vida era vida, e podíamos saír á rúa, non había bustos parlantes que enchesen tanto plasma. Agora multiplícanse; detrás das webcams alóxanse cociñeiros a tempo parcial, condutores de prime-time desaliñados, aspirantes a famosos en baixa resolución, todo un mundo de escasa calidade. O deterioro das facianas é mostra inicua do deterioro das relacións persoais, emblema da deshumanización por alonxamento social. Os Estados combaten con máis soltura cos individuos ca coas masas.

Atréveste a continuar en Twitter? Utiliza o hashtag #Distopía2020

Cliodinámica

Nestes tempos, moitos xornalistas e comentaristas volven cara a un artigo publicado en Nature en 2012, da autoría de Peter Turchin. Nel analizábanse os ciclos históricos de crise e violencia, que na historia norteamericana -segundo una aplicación da análise matemática aos big data- se tiñan dado cada 50 anos desde 1870. A proposta de Turchin baséase na predicción de ciclos diversos, algúns de prosperidade, outros de crise.

E estamos diante da crise, nun momento de crecemento demográfico, inestabilidade política, enfrontamento das elites e loita social exacerbada. Se a iso engadimos unha crise sanitaria que provoca inseguridade e inquedanza, todos os elementos parecen confluir. Xa hai quen apela ao crack do 29 como espello no que ollarse, e incluso as propostas para cambiar o sistema económico toman cada vez máis corpo.

Pandemias

Na historia da humanidade, as epidemias ocupan un lugar importante: fomos, somos e seremos infectados por microbios que porán en perigo a supervivencia da especie. Desde que levamos rexistro, algunhas pandemias teñen sido máis mortíferas ca outras: é o caso da Peste Negra [ver mapa], que a mediados do s. XIV exterminou entre o 30 e 50% da poboación europea; ou a varíola [ver mapa], que -chegada do Vello Mundo- sumou máis de 50 millóns de mortos en América no s. XVI; case tan virulenta foi a “gripe española” de 1918 [ver mapa], ao final da Grande Guerra. Síguelle en mortandade a “plaga de Xustiniano” [ver mapa], no s. VI, e a máis recente enfermidade que suma millóns de falecidos é a do VIH/SIDA [ver mapa].

A día de hoxe -18 de marzo de 2020- a pandemia global de coronavirus apenas se achega aos 9.000 falecidos, se ben a súa taxa de propagación é acelerada. De feito, uns días máis tarde (24 de marzo), esta é xa a peor pandemia do século XXI.

Turismo

O turismo é un subsector económico en crecemento continuo desde a Segunda Guerra Mundial. E non deixa de medrar, producindo ás veces consecuencias ben negativas. Consulta os datos de turistas en 2017.

España é un dos países máis dependentes do turismo. A chegada de visitantes supera á poboación local, as tipoloxías turísticas son ben variadas, o Estado posúe unha diversidade singular, mesmo chea de tópicos.

O turismo válese esencialmente do crecemento e mellora da rede de transportes para o seu crecemento: avións, trens, cruceiros,…

Bomba demográfica

¿De que falamos cando falamos de “bombas demográficas”, esa expresión que acuñara hai 50 anos Paul Ehrlich? Pensemos en 2 países africanos -Nixeria e Exipto- que teñen, xuntos, case a mesma poboación que os EEUU (iso si, con pouco máis da quinta parte da superficie da superpotencia económica norteamericana). En 2020, Nixeria ten un 43,5% da súa poboación menor de 15 anos; en Exipto, neste mesmo ano, case o 34% da poboación ten menos de 15 anos.

Tomemos o exemplo de Exipto: nun país de 1.000.000 de km2, a poboación concéntrase en 80.000 km2. Na época de Ramsés II, hai aproximadamente 3250 anos, a densidade de poboación no territorio verdadeiramente habitado era de 25 hab./km2. Hoxe en día é 51 veces aquela (1275 hab./km2), sobre o mesmo territorio ocupado.

En Nixeria, as cousas non son moi diferentes.

#Crises

Empezando por enunciar características das crises persoais -que implican solucións variadas en función da psicoloxía dos protagonistas, Jared Diamond céntrase en estudar momentos de #crises na historia contemporánea de 7 países diferentes: Finlandia, Xapón, Chile, Indonesia, Alemania, Australia e Estados Unidos de Norteamérica.
O autor analiza a reacción de dirixentes e pobos na resolución dos conflitos políticos expostos: a guerra de inverno en Finlandia, o Xapón Meiji, o Chile do golpe de Estado de Pinochet, a Indonesia de Sukarno e Suharto, a reconstrución de Alemania e a sucesiva afirmación da identidade australiana fronte á herdanza británica; por último, Diamond afronta os retos da superpotencia USA diante do declive político e o incremento das desigualdades económicas.
Nun capítulo case final, o autor analiza os retos aos que se enfronta hoxe en día o mundo, entre os cales sobresaen catro: a ameaza nuclear, o cambio climático global, a sobreexplotación e deterioro dos recursos naturais e o aumento drástico das desigualdades económicas.
É este un libro de leitura necesaria para abordar -desde unha perspectiva crítica- a Historia do Presente.

Solesmes

La nuit tombe sur l’église abbatiale. Le rituel commence: les cloches sonnent, peu à peu les moines arrivent, ils s’agenouillent; le silence reste stupéfiant.
De temps en temps, du public vient. Les vieilles dames -goutte à goutte, les touristes, prennent la place dans les bancs. Lorsqu’ils ouvrent la porte de l’église, les derniers rayons du Soleil se filtrent parmi le couloir de la nef.
Tout près de 17:30, l’éclairage s’allume. Les vêpres vont commencer. Une cinquantaine de tuniques noires inonde le choeur de la basilique. Les échos du chant grégorien résonnent sur les murs. Les fidèles et les moines inclinent leurs corps quelquefois…On dirait qu’on revit le Moyen Âge. Un esprit de dévotion retentit dans nos coeurs.
Le cyprès hérité de Silos depuis 1997 cherche le ciel à la cour d’entrée. Déjà sur le chemin piétonnier, les oiseaux bavardent avant d’aller se coucher, et le débit de la Sarthe coule doucement vers le village du premier maire métis de la France. On sent bien l’humidité.

* Abbaye de Solesmes.

Paisaxes agrarias e alimentación

As paisaxes agrarias son herdanzas do pasado e innovacións do presente. En Galicia, por exemplo, a pervivencia de agras, soutos, bocages e cortiñas vese notablemente alterada por procesos de concentración parcelaria, incremento da silvicultura e abandono da actividade rural. De aí que a modificación das paisaxes culturais tradicionais dese paso a novas estruturas nas que a intensificación e a especialización, á par que a difusión de novos cultivos, modifican por completo a paisaxe herdada.

J’accuse

La dégradation du capitaine Alfred Dreyfus dans la cour de l’École militaire, à Paris, le 5 janvier 1895, est le début d’un film qui reconstitue l’histoire d’un affaire qui essaye de résoudre le lieutenant-colonel Georges Picquart, futur ministre de la Guerre du gouvernement Clemenceau. L’antisémitisme et l’espionnage se mélangent dans un film qui montre la personnalité ambigüe de Picquart, qui trouve le vrai traître, Esterhazy. Mais la diffusion de l’affaire deviendra plus importante à partir de l’article de Zola, “J’accuse” -publié le 13 janvier 1898. Un procès en révision s’ouvre à Rennes en 1899, mais Dreyfus est à nouveau condamné -bien que le président Loubet le gracie plus tard.

En à peine 2h12, Polanski parvient à reconstituer l’atmosphère de l’époque, avec ses préjugés et ses enjeux.

#Galicia

Xa foron tempos aqueles nos que Fukuyama nos anunciaba o final da historia… Pero voltaron a rebelarse as identidades contra da globalización cultural, e cada pobo busca as súas orixes na historia e na cultura, na diversidade xeográfica e sociolóxica.

Ramón Villares debulla a identidade do noso territorio en Galicia, unha nación entre dous mundos. Faino definindo #Galicia como nación-cultura: unha terra marcada por unha xeografía singular, unha profunda cristianización e un forte peso da fidalguía.

Na busca das raigames do noso nacionalismo, celtismo (a traverso da pegada de Verea y Aguiar e Murguía) e medievalismo (coas aportacións de Vicetto ou Seoane) teñen deixado impronta. Pero tamén as conexións que a afirmación desa identidade propia se teñen manifestado na emigración galega a América, da que son senlleiros expoñentes intelectuais e escritores como Castelao, Neira Vilas ou Nélida Piñón. Nos destinos ultramarinos (sobre todo Arxentina, Cuba e Brasil) erguéronse símbolos como o noso himno e bandeira, e reforzáronse ligazóns que apuntalaron a singularidade galega en terra allea.

O percorrido polos espazos e feitos que teñen forxado o noso perfil como nación achégase colateralmente a esa corrente (“suevismo”) que promete guiarnos polos vieiros dunha posible nova identidade cultural, tal e como se percibe no documental de Simón Casal ligado ao comezo deste post.

Riqueza e poder

O club Bilderberg reúne anualmente a unhas 130 persoas, as máis influíntes do mundo. O grupo é acusado de conspirar para impor un goberno mundial, un dominio capitalista e/ou unha economía planificada.

A versión clásica da teoría da conspiración vincula aos Illuminati coa familia Rotschild, a Mesa Redonda, o Grupo Bilderberg e a Comisión Trilateral, sen esquencer ao filántropo George Soros. Moitas persoas en USA coidan que o que ocorre no mundo decídeo un grupo moi pequeno e segredo de persoas. ¿Será isto certo?

Paraísos fiscais

Boa parte dos paraísos fiscais do mundo son territorios anglosaxóns e, máis concretamente, británicos. Dentro deles, un caso paradigmático é Xibraltar.

Esta pequena colonia británica sobrevive basicamente de ofrecer servizos de mantemento ás navieiras que realizan a ruta do Estreito, do turismo do xogo, da venda de produtos con impostos moi reducidos e de terse convertido nun dos principais paraísos fiscais do mundo (55.000 sociedades opacas operan neste minúsculo territorio). Nesta colonia non se aplican impostos directos sobre persoas físicas nin xurídicas, non existe imposto sobre a renda, apenas se paga un 10% de imposto de sociedades (a terceira parte que en España) e o cambio de moeda non está sometido a nengún control.

Décennie finale

L’Espagne du règne d’Isabelle II est surtout un régime modéré, sous l’influence de la Constitution de 1845, avec la seule interruption du biennat progressiste (1854-1856). Le manque de liberté d’expression, même la censure et l’influence de nouvelles idées politiques depuis la révolution européenne de 1848, provoquent (pendant la décennie de 1860) le mécontentement et la manifestation des groupes idéologiques qui sont contre la monarchie. Comment finira cette période?

La crise des années 1860 est une crise des élites: Narváez a évolué vers une volonté de fermeture et d’aristocratisation des élites qui allait à l’encontre des principaux libéraux. La couronne est plus qu’intimement liée au système modéré. Les étudiants embrassent la cause du démocrate Castelar; ils se manifestent, ils sont réprimés par la Garde Civile. Les militaires se soulèvent -par la suite de la voie du pronunciamiento, et ils sont aussi réprimés. La crise économique de 1866 amplifie le mécontentement de la population, qui subit les mauvaises conséquences (surtout les couches sociales plus pauvres).

Les opposants de la reine se donnent rendez-vous à Ostende pour précipiter la chute de la monarchie. Si la Monarchie en tant qu’institution est rejetée, la reine elle-même est mise en cause; son impopularité est liée avant tout à la situation de crise économique qui touche un large secteur de la société, aux tensions politiques, à la corruption qui se généralise dans les milieux proches du pouvoir et de la Cour (le groupe de “la camarilla”). Cette impopularité est aussi directement due à la vie privée de la reine, jugée immorale, car ses amants se succèdent; la reine est vue par son peuple comme une femme capricieuse et légère, peu digne du rang qu’elle occupe.

La mort des soutiens de la reine (Narváez, le chef modéré; O’Donnell, le général qui créa l’Union Libérale et devient le chef d’un gouvernement long qui a la volonté de redonner à l’Espagne une place internationale) précipite la chute de la monarchie. Donc, l’Espagne de la fin des années 1860 vit une période de crise politique, économique et sociale. Un soulèvement militaire qui, avec l’appui de mouvements populaires, acquiert un caractère révolutionnaire met fin au règne de la reine Isabel II et ouvre une nouvelle étape d’expériences démocratiques: c’est la Révolution Glorieuse dirigée par Prim, Serrano et Topete.

En conclusion, plusieurs causes justifient la chute de la monarchie: l’usure des partis politiques traditionnels; la progression des idéaux démocratiques; la crise économique qui pousse le mécontentement social; les manifestations des étudiants et la volonté de changement de quelques militaires. En conséquence, la Révolution Glorieuse met fin à plus de 150 ans de Bourbons en Espagne et ouvre une nouvelle, brève période d’essor démocratique: le sexennat révolutionnaire (1868-1874). Ce sera vraiment la fin des problématiques sociales et politiques en Espagne?

Sistemas económicos

Os seres humanos temos necesidades. Para satisfacelas, organizamos a nosa economía en base a distintos sistemas económicos. En todos eles, é preciso ter en conta os axentes económicos, os factores de produción e a distribución de emprego. En cada momento e lugar, o peso dos sectores económicos é diverso.

Co paso do tempo, o emprego tendeu a terciarizarse -e a riqueza tendeu a concentrarse en poucas mans, de xeito que na meirande parte dos Estados -hoxe en día- predominan as actividades terciarias.

* Ver galería.

Europa, 20º30’L

Europa é un continente de contrastes, de paisaxes que ocupan desde as altas latitudes do Ártico ata os subtropicais terreos das illas Canarias. Se facemos un percorrido N-S a través do meridiano 20º30′ L podemos comprobar esa variedade paisaxística: ao Norte, o Ártico noruego, con vellos macizos nevados de clima polar (ver imaxes de Noruega); na mesma lonxitude, a singular cidade de Kaliningrado -a cidade de Kant anexada polos rusos soviéticos en 1945-; a grande chaira europea, plana e de influencia oceánica, esténdese en Polonia en torno a vales como o do Vístula e os campos abertos noutro tempo minifundistas; o irregular e transformado bocage eslovaco, prolongado nos cultivos de orientación pecuaria da chaira húngara; o grande río europeo, o Danubio -ese río tan loubado por Magris, que surca boa parte da Europa central e balcánica antes de desembocar no mar Negro; xa no Sur, as paisaxes xónicas de Cefalonia [+], en Grecia, tinguidas de vexetación e cultivos mediterráneos.
De Norte a Sur atravesamos montañas e mares, lagos e ríos, chairas… Pasamos de paisaxes baseadas na pesca e a explotación forestal a outras agropecuarias, industriais -a Silesia polaca é una das rexións carboníferas por excelencia- e turísticas. Non estamos diante da zona máis urbanizada de Europa, máis non faltan urbes significativas que artellaron historicamente o territorio.

Europa é variada, ben variada. Compróbao nestes mapasNoutros “meridianos” tamén se perciben os cambios de paisaxe.

Planeta inhóspito

En tempos nos que a “reticencia científica” domina unha parte do relato sobre o quecemento global, en momentos nos que cabe preguntarse se o capitalismo sobrevivirá ao cambio climático antropoxénico, David Wallace Wells ponnos diante do espello dos acontecementos que xa dan conta do deterioro do noso ambiente.

Os informes alertan máis severamente dos riscos. Os economistas inclúen nas súas análises os eventos. Os meteorólogos demandan formación en cambio climático… É neste ambiente no que a lectura de #planetainhóspito cobra sentido e adquire relevancia. Porque “é moito pior do que imaxinas”.

Estados

No planeta Terra coexisten potencias con distinto grao de capacidade de influencia nas decisións mundiais. Hai 2 tipos básicos de países: os dominadores e os dominados.

Xa desde Ratzel subxace a idea de que non todos os pobos son iguais. Sempre os haberá cun maior desenvolvemento cultural, militar ou económico. Mais pódese dicir que as realidades económicas son as que van marcar o ritmo do resto das políticas, incluída a bélica; e esas realidades económicas tamén son un pé do IDH.

A globalización ten alterado o poder mesmo do Estado-nación. Á xerarquía herdada desde a creación da ONU polas potencias que son membros permanentes do Consello de Seguridade, hai que engadir outras potencias nucleares (India, Pakistán, Israel, Corea do Norte), o G-7 a nivel económico, os BRICS en ascenso, o G-20. A complexidade económica actual supón incluso una ameaza para a supervivencia de Estados-nación -nos que ten aumentado a democracia como sistema de goberno, á par que a anocracia semella extenderse.

Poder tanxíbel

Un Estado está formado por unha poboación e un territorio con fronteiras precisas.
O territorio foi sempre un elemento fundamental de poder; a posición xeoestratéxica, a extensión, os recursos naturais dentro dos seus límites, definen unha posición de dominio ou dependencia; o tamaño dun Estado importa, e o seu acceso marítimo tamén. Os imperios non se fixeron de balde, e baseáronse na acumulación de superficie.
Os efectivos demográficos teñen perdido parte do seu valor, aínda que sigan atemorizando as cifras de Estados como China ou India á hora de amosar o seu poder. En todo caso, a poboación tende a estar moi desequilibradamente distribuída, e adquire características urbanas a pasos axigantados.

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑