Homo imperfectus


Homo Sapiens porta un esqueleto do Pleistoceno ao que engadíu, con gula e sedentarismo, sobrepeso causante de enfermidades. Hoxe xa non facemos parte daquela sociedade de cazadores-recolleitadores, pero non debemos ter paleomelancolía. A evolución continuou o seu curso e domesticounos, mesmo reducíu o volume do noso cerebro -xa que a tecnoloxía e a cultura poden facernos render con menos volume craneal.

María Martinón-Torres, directora actual do CENIEH, proponnos unha viaxe da man da medicina evolutiva, para comprender que herdamos dos nosos ancestros (o estado de alerta, as fobias, as particularidades dunha adolescencia formativa -exclusiva da nosa especie, a violencia ancestral reducida por mor da cultura,…) e debullar singularidades humanas (a senescencia e a maior esperanza de vida, a reducción do noso intestino groso, a empatía,…). Aborda a autora cuestións de bioética como a euxenesia e a utilización dos progresos biomédicos para evitar enfermidades hereditarias (mais mesmo aquí nos lembra unha circunstancia xenética como é a pleiotropía, de cara a non querernos facer sentir deuses; quizás máis ben sexamos mendigos).

@MMartinonT adoba cada capítulo con personaxes de ficción que se adecúan á explicación científica final de por que somos imperfectos e por que a evolución non “solucionou” algúns problemas herdados que quizás nos podían facer evitar a enfermidade… Porque a morte é inevitable, e comprendela -mesmo enchela de parafernalia- é exclusivo da nosa especie: o principiño, o señor das moscas, Dorian Gray, a princesa e o chícharo, Kookosh… son personaxes de fábula e narrativa curta, que exemplifican estados vitais e denotan o saber facer dunha dona de librería especializada.

#HomoImperfectus é, neste verán 2022, un libro de imprescindible lectura, moi ben fiado por unha médica paleoantropóloga que coñece ben ese excepcional xacemento da evolución humana na Península Ibérica, Atapuerca.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: