Decapitados


As estatuas públicas son símbolo de poder e memoria. Lembran a persoeiros que encarnan efeméredes, que amosan ideoloxías, que honran feitos e pensamentos. Cando a sociedade se revolta contra elas, revóltase contra a súa simboloxía. Están aí, como branco da protesta popular; cando pasan desapercibidas, son simplemente un elemento da paisaxe, anónimas e ignotas.

Desde épocas antigas, loitar contra a memoria das representacións públicas comportou martelar epitafios e destronar efixies. A damnatio memoriae dos romanos xa fora adoptada polos antigos exipcios. En 2020, a explosión mundial de protestas contra as representacións de persoeiros que poidesen resultar emblemas da opresión e da desigualdade (navegantes, conquistadores, negreiros, explotadores,…) foi desencadeada ao abeiro do movemento internacional BLM (Black Lives Matter). E entón cuestionouse -como xa se tiña feito desde a caída de reximes autoritarios considerados opresores- a presenza das estatuas de heroes na vía pública.

Peio H. Riaño condúcenos, en Decapitados, a un paseo pola caída de líderes e notables que xa non ofrecen unha iconografía democrática en prazas e avenidas. As súas imaxes cuestiónanse, derrúbanse, viólanse. Desde Lenin a Sadam Husein, desde Robert Lee ata Cristóbal Colón, pasando por Rhodes, Mao Zedong e Franco, as esculturas públicas son atacadas e retiradas pola foule que xa non as quere ver. Estas esculturas parecen levar impreso o ba que imbuía forza nos vultos redondos funerarios exipcios: tumbalas equivale a abater a súa alma. Se non, que llo pregunten a Nazarbayev en Kazajstán, que nestes días cae diante da furia popular.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: