Descarbonización

A finalidade da descarbonización da economía é a de reducir as emisións de GEI (gases de efecto invernadoiro), dentro da estratexia de apostar polas enerxías renovables e respetar os acordos dos sucesivos cumios climáticos patrocinados pola ONU. O compromiso, que foi adoptado como estratexia polo goberno español a finais de 2020, permite esperar cumplir coa “neutralidade climática” de cara a 2050.

A redución das emisións e o aforro enerxético están na base dunha política que afectará á industria e á construción, por canto se buscará unha maior eficiencia enerxética nas novas construcións; mais tamén un sector como o agrícola terá que implicarse na diminución de efectos contaminantes sobre o solo e a atmosfera.

Un dos aspectos nos que é máis palpable esta política de descarbonización -relacionada co cambio climático antropoxénico- é o correspondente ao peche de centrais térmicas, que está a ser levado a cabo nestes tempos en distintos lugares de España.

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑