Viral

Dicía hai uns días nunha entrevista María Neira -directora de Saúde Pública e Medio Ambiente da OMS- que os últimos gromos epidémicos proceden, nun 70%, da deforestación de certas áreas do planeta, especialmente nas zonas tropicais. Environnement e ser humano participan da mesma infraestrutura, Gaia, e van da man, parasitándose mutuamente. Iso é o que fan os virus, parasitar e infectar, se ben Juan Fueyo advírtenos no seu último traballo que tamén poden estar na orixe da nosa linguaxe, o desenvolvemento das sinapses no noso cerebro e ser eficientes para a viroinumunoterapia futura que poida avanzar notablemente na cura do cancro.

Coidar do medio ambiente deberá servirnos para evitar traxedias que se apuntan, como a dos refuxiados climáticos. O ser humano deixará bastantes pegadas na pel da Terra, o Antropoceno ha de fosilizar con premeditación. Igual non somos máis ca o simio espido ou o terceiro chimpancé [*], e ben deberiamos reflexionar sobre o papel que nos corresponde en interacción con este punto azul nunha beira da galaxia. Despois de todo, o tempo cósmico que levamos sobre a Terra desde o Big Bang é de pouco máis dun minuto nun ano. Igual é tempo de pensalo, agora que hai pandemia.

Blog en WordPress.com.

Subir ↑