Cálido 2020

Nin o descenso de emisións en tempos da pandemia de COVID-19 foi quen de evitalo. Confírmase que 2020 é o ano máis cálido en temperatura media desde que hai medicións, superando en máis de 1º C os valores da época preindustrial. Non só en España; tamén en Europa e no mundo. Consúltese o informe Copernicus 2020. E véxase como evolucionaron as temperaturas medias sobre o planeta no período 1981-2015.

Semella sorprendente comunicar isto no momento en que o centro de España ven de atravesar unha nevarada histórica, nos comezos de 2021, nos que se teñen acadado mínimos térmicos extremos en algúns observatorios meteorolóxicos. Pero, lonxe do que os negacionistas climáticos poidan afirmar, estes episodios puntuais non revirten a tendenza xeral do cambio climático antropoxénico.

Agora que se fala da terceira onda da COVID, convén lembrar que outra terceira onda ven desbocada:

Third wave

Blog en WordPress.com.

Subir ↑