Europeos


Un triángulo amoroso e sensitivo formado por Pauline Viardot-García, Louis Viardot e Iván Turgénev, aproxímanos ao período máis significativo do desenvolvemento da cultura europea, un século XIX que experimenta a expansión dun medio de transporte, o ferrocarril, que interconecta Europa de punta a punta, desde a exótica España á atrasada Rusia. O historiador Orlando Figes desplega unha ampla variedade de coñecementos e relacións que nos permiten comprobar como se formou o canon literario, artístico e musical no vello continente, entre 1840 e 1880, cun epílogo que nos leva ata 1914, aquel momento no que Europa se destripou por mor do impacto do nacionalismo.

Figes retrata o auxe do cosmopolitismo, un momento de esplendor da burguesía que demanda espectáculos novos en tempos de crecemento económico -en particular a ópera, pero tamén nos informa da loita dos autores polo respeto ás súas obras e a reclamación dos seus dereitos, a expansión dos balnearios, a eclosión dun espírito que pasou de determinar a “civilización europea” -ese vello ideal ilustrado- á cultura europea tan botada de menos por Spengler e Zweig unha vez que as ideas políticas antepuxeron o embigo propio ao canon forxado de xeito común.

O autor, nacionalizado alemán xusto despois do referendo do Brexit, en 2017, axusta contas co anti-cosmopolitismo británico, aquela “terra sen música” descrita por Oscar Schmitz en 1904 como resultado dos múltiples estereotipos que o maior imperio colonial teña utilizado nas relacións diplomáticas e nas guías de turismo. E agora a illa volve ir por libre, lonxe do “recuperado” europeísmo da UE.

A vida dos personaxes principais, con múltiples relacións coa contorna artístico-literario-musical do vello continente, descúbrenos como se foi creando ese canon cultural, e sorpréndenos como eles tres estiveron tan interrelacionados con tantos outros persoeiros. Un grande libro, unha historia apaixoante!!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: