Buscando a Venus


En 1716, o astrónomo Edmond Halley publicou un ensaio no que facía unha chamada á colaboración científica internacional para o momento dos seguintes tránsitos de Venus, que el non vería, en 1761 e 1769. O momento considerábao idóneo para tratar de calcular, mediante paralaxe, a distancia astronómica entre o Sol e a Terra, que foi establecida por aquel entón en pouco máis de 150 millóns de km., isto é, moi próxima da que consideramos hoxe en día unha UA (unidade astronómica). A paralaxe solar fixouna Thomas Hornsby en 8″78, ben próxima do valor actual (8″79).

A aventura da década de 1760 -especialmente coa organización da toma de datos no segundo tránsito, en 1769- puxo as bases da colaboración científica internacional entre institucións como a Royal Society británica e a Academia das Ciencias francesa. Malia as frustracións de astrónomos como Le Gentil e mesmo a observación de Maskelyne na illa de Santa Elena en 1761, os datos proporcionados por Chappe d’Auteroche, Hell, Mason, Dixon e Green foron a base dos cálculos finais, nun espírito de aprendizaxe que puxo en práctica os ideais da Ilustración. A viaxe do Endeavour, dirixida polo capitán Cook e concluída finalmente en 1770 coa posta do primeiro pé europeo en Australia, proporcionou o modelo de expedición científica que sería corrente desde finais do s. XVIII. A vontade da déspota ilustrada Catalina a Grande servíu para organizar expedicións que deron a coñecer mellor o territorio ruso; outras observacións contribuiron aos avances na cartografía e o coñecemento xeográfico, á par que se recollían múltiples especies botánicas que acrecentaron o coñecemento en Europa do noso planeta.

A historiadora Andrea Wulf introdúcenos de cheo nesta aventura #EnBuscadeVenus. Faino cunha prosa qui frappe e dotada de multitude de datos de referencia. A divulgación histórico-científica conta cunha nova perla desta autora fascinante, que contemplou en directo en Arizona o último tránsito que neste século se verá de Venus, en 2012.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: