Diagrama ombrotérmico


Un diagrama ombrotérmico amosa a evolución anual das temperaturas medias e do total das precipitacións acumuladas ao longo dun período de medición que a Organización Meteorolóxica Mundial considera oportuno para definir un determinado tipo de clima (30 anos).

Como as medicións dos observatorios xa son abundantes, os datos permítennos comparar a evolución dos datos climáticos en sucesivos períodos, e comprobar así a evolución da temperatura e das precipitacións ao longo do tempo. Neste caso, amosamos 2 períodos de medición (1971-2000 e 1981-2000) no observatorio de AEMet en A Coruña.

Aínda que os datos de P e T media non difiren en grande medida ao longo dos dous períodos, si se poden observar algunhas diferenzas: 1) unha tendencia á alza da T media anual -en torno a 0,4ºC, se ben a amplitude térmica se mantén en valores semellantes (8,8 ºC), moi suaves; 2) un incremento minúsculo das P totais anuais, se ben é case imperceptible, e pode ser debido ao requentamento global da atmosfera; 3) un incremento das choivas nos períodos de comezo do verán e outono pleno -outubro e novembro, quizás pola afluencia de fenómenos torrenciais relacionados co incremento da influencia de treboadas tropicais e restos de furacáns, ao tempo que se producen máis cicloxéneses explosivas; 4) unha lixeira reducción das precipitacións nos meses de inverno -de decembro a febreiro- por mor da presenza de maiores situacións anticiclónicas de bloqueo neste solsticio; 5) un mantemento de certa aridez estival nos meses de xullo e agosto, aplicando a fórmula de Gaussen que relaciona os valores de P e T.

En suma, confírmase o quecemento global e o #CambioClimáticoAntropoxénico, mesmo en períodos de escasa diferenza de medicións. Con respecto ao período 1961-1990, o incremento da temperatura media tería sido aínda maior (0,7ºC), tal e como indicamos noutro momento neste blogue. Velaquí os valores representados no diagrama que encabeza o artigo:

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: