Marte


Fascinante. O planeta vermello sempre espertou curiosidade, especialmente desde que a traducción errónea do termo canali do astrónomo Schiaparelli (1895) alumeou a posibilidade dunha civilización extraterrestre neste planeta situado hoxe a 8 meses de viaxe tripulada desde a Terra (1,52 UA de distancia). Despois sorprenderíanos H.G. Wells coa chegada dos invasores, e ben máis marcianos de ficción encheron estanterías de biblioteca.

Seguramente Marte tivo unha superficie habitable no período Noéico, alá por 3.500-4.000 millóns de anos antes de agora. É o que se traduce das primeiras sondaxes feitas polas Viking, que amartizaron en 1976. Distintas misións exitosas teñen acontecido desde entón, e non só por parte da NASA: Mars Pathfinder, Spirit, Opportunity, Mangalyaan, InSight, Mars Express… E a carreira acelerarase desde este 2020, se ben poñer unha tripulación no planeta vermello ha de custar tempo e recursos.

O esencial da investigación astrobiolóxica sobre Marte céntrase na análise da presenza de vida microbiana e biomarcadores como a auga e o xeo baixo o regolito, ao tempo que se tenta comprender mellor o rol do metano nunha atmosfera con moi feble presión e se estudian o vento superficial e os martemotos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: