Se Venecia morre


Pechada na súa lagoa, Venecia inspira ao mundo. É a cidade máis imitada e reproducida. Hai Venecias en todos os continentes. Sobre ela e o seu espírito, sobre a súa aura e necesidade de conservación, sobre a solución que hai que dar a unha cidade moribunda de habitantes e chea de pasado, Salvatore Settis escribe un belo opúsculo. Podedes consultar extractos en #SeVeneciaMorre.

Moitas cidades viven asfixiadas polo branding. As cidades históricas teñen un patrimonio cultural que as debería individualizar e non facerlles precisar de logos atractivos para convertelas en mercadoría. Mais o turismo masivo fainas entrar na competencia con outras orfas de pasado. O estado actual de Venecia remítenos á sensación de que a cidade foi construída hai séculos para o turismo.

Antítese da modernidade para Marinetti, símbolo para Nietzsche, Venecia convírtese en presaxio e modelo da cidade futura para H.W. CorbettBaleirada pola pandemia, resulta intensamente admirable nas panorámicas que da Piazza San Marco e arredores se gravaron en maio de 2020, escenario ideal para as cancións de Zucchero.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: