Graduación 2020


Boa tarde.
Non fai falla que se alcen, incluso é recomendable que o eludan. Non sei quen escolleu esta data para graduarse, mais de seguro que ao ex-vixía de occidente non lle disgustaba.
Veño despedirme dos meus chouchous, que non choux-fleurs, o alumnado Bachibac que comezou alá por 2014 no IES, cando celebrabamos o 25° aniversario do Neira Vilas -por moito que a cartela da torre semelle que vivimos nunha conmemoración non stop.
Iniciamos aquela andaina cun gravado de Durero, inspirándonos nel para construir un cadrado máxico de 5 x 5, ben máis perfecto ca este 4 x 4  que alberga as datas de nacemento dos 17 élèves Bachibac que se gradúan en 2020.
Se ollades ben, comprobaredes que nesta icona da cultura europea se esconde unha habitación en Holanda -máis ben un parque con bicis, un círculo de amizade que implosiona fronte á sé do Parlamento europeo en Bruxelas, unha torre de árbores na city de Milán, un museo na antiga fábrica de salvar xudeus en Cracovia, unha folla rachada na orchestra dun teatro grego que sirve para comprobar a acústica de Epidauro…
Veredes incluso as aulas en que, cada setembro, iniciabades case sempre o curso académico con xosea. Ou a habitación na que algúns de vós gañastes o desafío Galiciencia 2 anos seguidos. No horizonte seguro que deviñades o Mont Saint-Michel diante do que tantas veces vos fotografiastes con Juan e Mr. Vidal.
Como di nestes tempos un escritor de referencia en zoonoses, David Quammen, “nada era imprevisible”: un arco da vella ábrese como esperanza para o voso futuro, aínda que no gravado tamén estea presente o morcego que tería sido reservorio do coronavirus que nos obriga a permanecer ben espallados. Sostén a cartela que invadirá o noso espírito lembrando a esta xeración que tantos bos momentos nos dou: “Melancolía“.

Amore adesso, que diría Zucchero!

 

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: