Invención de España


O último libro de Henry Kamen“La invención de España”, afonda -desde a súa perspectiva de especialista na Historia Moderna de España- nas orixes de mitos e lendas que contribuiron a crear a “nación española”, sobre todo despois da acción da historiografía liberal do século XIX. E velaí que se debullan os clichés máis diversos: a resistencia de Numancia (identificada como exemplo que despois ben puido guiar “resistencias” posteriores: a mal chamada Reconquista, a “guerra da independencia” contra os franceses -coñecida no exterior como “guerra peninsular”), o falso melting pot convivencial de al-Andalus, a inexistente “nación étnica”, a conformación das lendas negras, o papel da Inquisición e a sobrevaloración do espírito católico español, a decadencia despois dunha longa época imperial, o papel da monarquía. En suma, toda unha serie de valores que o hispanista británico cuestiona. Porque as nacións son mitos fundacionais, que tratan de forxar identidades comúns onde ás veces non existen.

“Nestas páxinas referímonos a diversos aspectos de España só desde o prisma de algúns dos mitos e os debates máis comúns que teñen xurdido na súa historia. Os mitos -por exemplo, a noción de que houbo unha raza española antes da aparición de España, a noción dun legado romano, o papel dunha Reconquista ou decadencia constante da nación- en realidade eran ficticios, mais tamén aspiracións positivas que, no seu conxunto, contribuían a definir as características do que chegou a ser España. O problema que aínda non se resolveu é se as diferentes ideas e aspiracións foron capaces de fusionarse para acadar unha nación unida.”

Henry Kamen: “La invención de España.”

* Consulta en Twitter algúns fragmentos de #invencióndeEspaña.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: