Sapiens

A obra de Harari, escrita con erudición e irreverencia ilustrada, a dicir de Muñoz Molina, cuestiona a historia da humanidade aos ollos da evolución.

Somos unha especie que se apoderou do planeta, que o explota ata a extenuación, que facilitou a extinción de moitas outras especies, que o fixo grazas á revolución cognitiva e avanzou para colonizar, someter e fundar imperios. A pregunta final de Harari é se estamos diante dun abismo ou dunha oportunidade: ¿será capaz a humanidade de revertir o impacto negativo sobre o planeta ou remodelar a especie, de xeito que xa deixemos de ser animais, para ser “deuses”? ¿A revolución científica vai cambiar o sino da historia?

Quizás.

Non teñamos medo de enfrontarnos a esta visión subversiva da nosa historia, non teñamos medo de comprobar como os cartos, os imperios a as leis teñen cambiado a nosa natureza. ¿E que será de nós despois de tanto coñecemento científico? Coido lembrar que Hawking nos invita a abandonar o planeta, de continuar con esta tendencia actual de explotación do mesmo.

Montseny / Veil

As dúas foron as primeiras mulleres nun gabinete ministerial nos seus repectivos países (Federica Montseny [+] na España republicana, Simone Veil [+] na Francia republicana). Ambas foron ministras de Sanidade. As dúas contribuiron a promulgar a primeira lei de despenalización do aborto nos seus países de orixe (Federica Montseny, coa lei de 1937; Veil, coa lei de 1975).

Federica Montseny (1905-1994), activa militante da CNT, formou parte do goberno de Largo Caballero entre 1936 e 1937. Como tantos outros españois, víuse forzada ao exilio. Instalada en Toulouse -onde sería perseguida pola policía nazi e franquista, retornou a España en 1977, durante a transición democrática. Nembargantes, non apoiou o sistema constitucional recén instaurado.

Simone Veil (1927-2017), supervivinte do campo de concentración de Auschwitz, entra no goberno de Chirac en 1974, cando se propón a loi sur l’IVG. Foi a primeira muller presidenta do Parlamento Europeo (1979-1982) e presidíu tamén a Fondation pour la Mémoire de la Shoah, sendo ela víctima directa daquel tempo.