A nosa viaxe europea de 2017 lévanos a Milán, unha cidade de máis de 2.000 anos de historia [en français], ocupada polos romanos en 196 a.n.e. Alí legalizouse o cristianismo no 313 (edicto de Milán). A partir da Baixa Idade Media foi un grande centro industrial e comercial. Convertida nun dos principais focos do nacionalismo italiano no século XIX, a evolución desta cidade que vivíu o “milagre económico” -un grande desenvolvemento industrial- nos anos 1950 e 1960, lévaa a ser hoxe urbe cosmopolita, terciarizada e capital da moda internacional. Será un reto descubrir a cidade [ver algúns fitos, entre os que está a Torre Unicredit; tamén lembramos a descrición que de San Bernardino alle Ossa fai Umberto Eco en “Número cero”; pasaremos por Piazza Fontana e lembraremos a Giuseppe Pinelli].
Mais tamén visitaremos Firenze [+] e Torino [+].
Olla os planos urbanos: Milano (interactivo), Firenze (interactivo) e Torino (interactivo).
- Le un artigo sobre Milán, a “capital moral de Italia“.
- Consulta as obras mestras dos Uffizi -ver PDF– [olla as salas].
- Hai poucos anos que se desvelou o segredo da cúpula de Santa Maria del Fiore.
- Florencia é o berce do Renacemento escultórico, con autores como Ghiberti -autor das Portas do Paraíso-, Donatello e Miguel Anxo.
- Coñece o Museo do Cine de Torino.