Puy du Fou

Nun petit village, no que se construíu un primeiro château a partir de 1100, érguese o conxunto que configura hoxe o parque temático-histórico de Puy du Fou, na rexión da Vendée. Nel, numerosos personaxes históricos, literarios e outros recreados (os galos cristiáns que se enfrontan a romanos invasores, Saint Philibert de Noirmoutier facendo fronte aos viquingos, os cabaleiros da Táboa Redonda,  Xoana de Arco loitando contra os ingleses, Cyrano de Bergerac e os tres mosqueteirosCharette na guerra da Vendée, …) fan as ledicias dos espectadores con postas en escena verdadeiramente espectaculares.

Velaquí un xeito de aproximarse á historia ben atractivo e particular, un xeito que engancha.