Cara a Milano

A nosa viaxe europea de 2017 lévanos a Milán, unha cidade de máis de 2.000 anos de historia [en français], ocupada polos romanos en 196 a.n.e. Alí legalizouse o cristianismo no 313 (edicto de Milán). A partir da Baixa Idade Media foi un grande centro industrial e comercial. Convertida nun dos principais focos do nacionalismo italiano no século XIX, a evolución desta cidade que vivíu o “milagre económico” -un grande desenvolvemento industrial- nos anos 1950 e 1960, lévaa a ser hoxe urbe cosmopolita, terciarizada e capital da moda internacional. Será un reto descubrir a cidade [ver algúns fitos, entre os que está a Torre Unicredit; tamén lembramos a descrición que de San Bernardino alle Ossa fai Umberto Eco en “Número cero”; pasaremos por Piazza Fontana e lembraremos a Giuseppe Pinelli].

Mais tamén visitaremos Firenze [+] e Torino [+].

Olla os planos urbanos: Milano (interactivo), Firenze (interactivo) e Torino (interactivo).

Cinéma-Shoah

La représentation de la Shoah au cinéma montre l’extermination des juifs durant le nazisme dans les films. Des procès de Nuremberg à la reconstitution historique des camps d’extermination, il y a plusiers films qui évoquent cette période. Voici quelques exemples: La liste de SchindlerLa vie est belleLe pianiste, La rafle, Le garçon au pyjama rayéThe readerLe labyrinthe du silence, Fritz Bauer, un héros allemandLe procès du siècle, …

La Seconde Guerre Mondiale, en tout cas, nous offre beaucoup de films.

Puy du Fou

Nun petit village, no que se construíu un primeiro château a partir de 1100, érguese o conxunto que configura hoxe o parque temático-histórico de Puy du Fou, na rexión da Vendée. Nel, numerosos personaxes históricos, literarios e outros recreados (os galos cristiáns que se enfrontan a romanos invasores, Saint Philibert de Noirmoutier facendo fronte aos viquingos, os cabaleiros da Táboa Redonda,  Xoana de Arco loitando contra os ingleses, Cyrano de Bergerac e os tres mosqueteirosCharette na guerra da Vendée, …) fan as ledicias dos espectadores con postas en escena verdadeiramente espectaculares.

Velaquí un xeito de aproximarse á historia ben atractivo e particular, un xeito que engancha.