Campos de concentración


É nos xuizos de Nuremberg, tras a Segunda Guerra Mundial, cando o termo “campo de concentración” se difunde como concepto histórico.

Pero os primeiros campos de concentración remóntanse ás guerras anglo-boers (1877-1902). Foi en 1900 cando lord Kitchener planificou e executou unha nova táctica contra as guerrillas bóers (que inflixiran serias derrotas ao exército británico) e as etnias indíxenas de Sudáfrica. Consistía na construción dun vasto sistema de pedra e arame de espiño co obxecto de limitar os movementos bóers a unha rexión reducida. Tamén se construiron campos de concentración para acoller nun principio aos bóers refuxiados aos que se lles destruiran as súas granxas. Houbo 45 campos para bóers (nos que había uns 28.000 prisioneiros) e 64 para africanos negros. Enfermidades, penalidades e mortes foron consecuencia daquel sistema denunciado polos británicos liberais como modelo de “métodos bárbaros” do Imperio.

Durante o século XX, o internamento de civís por parte de diferentes Estados foise facendo cada vez máis frecuente, acadando o seu clímax durante a Segunda Guerra Mundial. Xudeus, disidentes políticos, homosexuais, xitanos, testemuñas de Xehová, criminais comúns, emigrados, discapacitados, formaron parte dos colectivos “inferiores” ou “traidores” pechados polo rexime nazi. E a estes grupos hai que unir os republicanos españois fuxidos da derrota na Guerra Civil.

O gulag soviético, os campos de concentración móviles da época do xenocidio armenio, os centros de detención da ditadura arxentina, os promovidos por ditaduras como a franquista ou a norcoreana, son bos exemplos deste fenómeno ao longo do século XX.

Dentro dos campos de concentración, os que foron campos de exterminio cumpliron a función exclusiva do asesinato en masa; eran “fábricas de morte” nas que a utilización das cámaras de gas e o fusilamento cumpliron a función de levar a cabo o “Holocausto”, o xenocidio xudeu. Auschwitz-Birkenau pasa por ser o campo de exterminio máis grande da Historia.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s