Mapas


Agora que Narukawa ven de gañar un premio por diseñar un mapa “que reflicte fidelmente as proporcións do planeta”, convén  lembrar que “todos os mapas distorsionan a realidade” (Mark Monmonier), poisnon hai solución matemática á proxección dunha esfera sobre unha superficie plana (Juan José Arranz). Cando menos, o mapa de Narukawa ten a virtude de proporcionarnos unha visión cartográfica do presente, na que o Pacífico é o centro de atención e Europa é cada vez máis “fisterra”.

Nun libro cheo de anécdotas, Un mapa en la cabeza, Ken Jennings alecciónanos sobre distintos aspectos da cartografía, tan esencial para a Xeografía. Desde os tempos de Ptolomeo ata a publicación do mapa de Waldseemüller, desde as máis antigas e recentes proxeccións cartográficas á cartografía dixital, os mapas delimitan liñas de fronteira, son obxectos de colección ou permanecen como monopolios de diferentes organismos. Podemos utilizalos para xogar ao geocaching -precedente da exitosa caza virtual de Pokemon Go- ou buscar confluencias de graos, alí onde meridianos e paralelos se xuntan en puntos singulares do planeta; podemos recrealos como mapas fantásticos que fan voar a nosa imaxinación; mesmo teremos a oportunidade de ver o mundo dun xeito diferente ao que estamos acostumados. Pero sempre están presentes nas nosas vidas, unha vez que os GPS e diversos sistemas de localización se teñen implantado na realidade cotiá, mesmo sobredimensionada coa realidade aumentada.

Os mapas teñen cambiado, nalgún intre, o curso da historia, tal e como nos descubre Jerry Brotton na súa Historia do mundo en 12 mapas. E están cheos de singularidades, tal como nolas contou Simon Garfield en En el mapa.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s