Cambios na paisaxe


perillo_1956-2016Velaquí dúas imaxes aéreas da nosa paisaxe ben próxima, unha correspondente ao vo de 1956 e outra actual: 60 anos de diferenza para amosar o incremento notable da ocupación urbanística do espazo en Perillo e contorna. Os cambios de uso do solo son ben perceptibles: alí onde non existía o complexo turístico de Santa Cristina, agora a urbanización chega a pé de praia; alí onde as leiras ocupaban agras tradicionais en Perillo, agora os bloques de edificación fan deste núcleo o maior a nivel demográfico do concello de Oleiros.

Fai click sobre a imaxe para xustapor as paisaxes na aplicación JuxtaposeJS.

  • Idénticos cambios na paisaxe se producen en Santa Cruz ou en Mera.
  • O impacto urbanístico na costa oleirense, vencellado ao turismo e ao fenómeno das segundas residencias é moi palpable en Canide, onde a transformación do espazo cultivado deu lugar a urbanizacións con viais estándar (espiña de peixe, ondas concéntricas) que acollen os novos modelos de edificabilidade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s