Baleirado


O punto máis profundo medido nos océanos terrestres é o abismo ou fosa Challenger, nas illas Marianas, no Pacífico noroccidental. Cunha presión máis de 1.000 veces superior á da superficie, o abismo atópase a case 11.000 m baixo o nivel das augas. En 2012, o sumerxible Deepsea Challenger tocou fondo nel.

Randall Munroe plantexou a hipótese de baleirar os océanos a partir dun burato neste lugar, e concluíu cun imaxinario mapamundi no que, baleirados 5 km de altura da superficie actual dos océanos, a auga permanecería estancada entre múltiples espazos continentais de países baixos. Iso suporía aproximadamente baleirar a metade dos océanos, o que había de alterar notablemente o clima e os ecosistemas, de xeito ben difícil de predecir. Outra de xeografía-ficción!!!

En todo caso, podemos lembrar que dos pés á cabeza do planeta Terra -a parte tocable da cortiza terrestre, a pel da litosfera-, do abismo Challenger ao cumio do Everest, hai case 20 km de distancia en liña recta, isto é, como se fósemos de Coruña a Ferrol (tamén en liña recta).

Seguindo os parámetros do corpo ideal do Doríforo de Policleto, e aplicando a analoxía sobre a cortiza terrestre litosférica, velaquí a posición de algúns puntos de interese a nivel xeográfico:

corpo_humano_cortiza_terrestre

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s