Asústame


Asústame un mundo no que haxa xente que queira vivir á marxe da integración. Que rexeite de xeito maioritario a idea dunha Europa unida que tanto loubara J. Rifkin.

Asústame que a reacción se impoña ao avance, que os temores triunfen sobre as esperanzas. Non semellan os tempos da globalización tempos de proteccionismo.

Asústame que estes tempos de século se queiran semellar aos comezos do século anterior. Eu, que vivín nos mellores tempos da humanidade, teño medo de que regresemos á cova.

Asústame que a humanidade evite o espírito crítico e a colaboración. Os nosos antergos fixeron cousas boas para seguir pola senda da busca e do avance, da integración e da colaboración. Por favor, que non se perda!

Agardo que o verán de 2016 despexe dúbidas e medos. Hai 100 anos Europa queimaba vidas no Somme e Verdun. É tempo de que as vidas se queimen adiantando en coñecementos e sorrisos, en VIVILAS!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s