Bruxelas


“Se hai un sitio onde a Bélxica francófona callou, este é Bruxelas. Unha Bélxica en francés, aliñada con salsa flamenca. Non só a súa poboación historicamente neerlandófona rematou adoptando a lingua das elites francófonas, senón que perseveran sen fraquezas en favor da unidade do país. (…)

En 1830, a capital do recén creado reino de Bélxica era apenas un pobo grande onde abondaban os campos, os xardíns e os muiños de auga. Os seus 98.000 habitantes vivían en casas nas que tiñan o curioso costume de instalar un pequeno espello na fachada co que espiar a rúa desde o interior sen seres vistos. Algunhas rúas viñan de inaugurar a iluminación de gas. Nos seus barrios falábase principalmente un dialeto flamenco. (…)

Ao longo do século XIX Bruxelas foi destino de numerosos exiliados políticos, sobre todo franceses que -como o esritor Víctor Hugo- vían nesta cidade un refuxio perfecto onde podían falar francés sen irse lonxe de París. (…)

A finais do século XIX, Bruxelas era a cidade do art nouveau. (…)

En 1989, por fin, Bruxelas foi recoñecida oficialmente como terceira rexión do país, cunha administración complicada e sobredimensionada, á imaxe e semellanza de Bélxica. (…) Desde ese momento Bélxica é como dous siameses, Valonia e Flandres, unidos pola cabeza, Bruxelas. Nin francófonos nin flamencos poden renunciar a ela… aínda que non sexa moi confortable para ninguén. Por se fose pouco, Bruxelas é tres veces capital: de Flandres, de Bélxica e de Europa. E sede da OTAN.”

Jacobo de Regoyos: Belgistán. El laboratorio nacionalista“.

Imos a Bruxelas, a capital belga, a sede administrativa principal da UE. Ese área pantanosa altomedieval conta hoxe con máis dun millón de habitantes. Teremos así ocasión de comprobar a variedade dos ladrillos bruxelenses, escoitaremos falar brusseler, coñeceremos a Grande-Place, deleitarémonos coas fachadas art-nouveau

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s