Sufraxistas


A historia de Maud Watts, inspirada na figura real de Hannah Webster Mitchell, danos pé a coñecer de máis perto a loita sufraxista levada a cabo en Gran Bretaña a finais do século XIX e comezos do XX, en plena Segunda Revolución Industrial. Nesta loita, o dereito ao voto non era máis que o obxectivo final dun longo camiño por evitar a subordinación feminina, ademáis de acadar a mellora das condicións vitais e salariais das mulleres e a eliminación da dobre moral sexual existente naquela sociedade vitoriana tan proclive á hipocresía.

A película “Sufraxistas” conclúe co triste episodio da morte de Emily Wilding Davison, no derby de Epsom, en xuño de 1913. O seu funeral concentrou a miles de sufraxistas que honraron a súa loita (ver video) e a continuaron ata acadar os plenos dereitos electorais en 1928, o mesmo ano da morte de Emmeline Pankhurst.

Aínda que o século XX significou a conquista do voto feminino na meirande parte dos países (ver timeline), esa loita continúa aínda ata os nosos días.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s