Unha clase con Javier


Por fin o consigo: meu amigo Javier, profe de Mates, déixame ir á súa clase. Que sorte teño! E, ademáis, para falar de algo que non hai que esquencer nestes días de islamofobia: a importancia da civilización islámica á hora de preservar e difundir o saber antigo, ao tempo que innovaba na ciencia cando Occidente vivía no “escurantismo medieval”.

“Coa caída do imperio romano no século V, a cultura europea e, en particular, o estudo racional da nosa contorna sofreron un colapso do que tardarían dez séculos en recuperarse. (…)

O coñecemento do medio natural -do que iniciaran a exploración con notable racionalidade algunhas mentes preclaras en Mesopotamia e Grecia- quedou en mans dunha charlatanería popular e, sobre todo, da cada vez máis poderosa relixión cristiá. Menos mal que, en cambio, o mundo árabe dos séculos posteriores á caída do imperio romano foi conservando, por tradición predominantemente oral, os saberes que durante séculos difundíu a biblioteca de Alexandría. Na transmisión deses coñecementos os árabes fusionárono con retazos doutras culturas lonxanas, como a persa ou a hindú, e incluso aportaron novas ideas e desenvolvementos que, nun estrano conglomerado de saberes, acabou retornando a Europa por vía indirecta, en parte a través dos restos do imperio romano de oriente…, pero sobre todo a través do mundo árabe de España, desde onde se difundiría logo a Italia, Francia e incluso os países escandinavos. Toledo (coa súa famosa escola de tradutores), e logo Córdoba, xogaron un papel esencial.”

Manuel Toharia: Historia mínima del Cosmos“. [*]

Mentres Arabia e India estaban facendo avances importantes en matemáticas e ciencia, Europa estaba relativamente estancada, aínda que o período medieval non foi exactamente a “Idade Escura” da concepción popular. (…) O ritmo do cambio comezou a acelerarse cando a noticia dos descubrimentos orientais chegou a Europa. Italia está máis perto do mundo árabe que a maioría das rexións de Europa, de modo que era probablemente inevitable que os avances árabes en matemáticas chegasen a Europa a través de Italia. Venecia, Xénova e Pisa eran centros comerciais importantes, e os mercaderes partían destes portos cara ao Norte de África e o extremo oriental do Mediterráneo. Intercambiaban lá e madeira europeas por seda e especias.”

Ian Stewart: Historia de las matemáticas“.

numeros_indoarabigosEn Europa difúndese o uso da numeración hindo-arábiga a partir do século XIII, con Fibonacci.

“Durante a primeira metade “do século XII” non aparece nin un só matemático que non fora mouro, xudeu ou grego.”

Boyer: Historia de la matemática“. [*]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s