M(L)OVE


titulo_logo

Cando Herman, o mellor amigo de Robert Mussche, interrogou a este sobre o que move o mundo, propúxolle tres opcións: o poder -segundo Nietzsche-, os cartos -segundo Marx- e o amor -segundo Freud. E Robert dubidou… Porque pensaría, de inicio, na economía, pero decantouse finalmente polo amor, o amor entendido como amizade idílica e aprezo infinito á persoa amada: Robert Mussche era daquela (1929) platónico por natureza.

Despois de comprobar o amor e talento que tanto alumnado como profesorado puxeron nesta performance do 10 de abril, inspirada no libro de Kirmen Uribe -mais contando coa lembranza necesaria do centenario dos versos desa “canción de amor e morte” que xurdíu na mente de Hans Leip en 1915, “Lili Marleen”-, non me queda máis que agradecer o seu traballo e esforzo, neste bo exemplo de colaboración.

En todo caso, lémbrovos que eu son un fidel seguidor das consignas de James Stephens, cando dicía que “a fame, o amor e a curiosidade son as forzas motoras da vida”: tamén Stephens nos daba tres oportunidades de elexir, tal e como Herman lle deu a Robert… E nunha coincidiron: no amor. ¿Será este realmente o que move o mundo?

* Velaquí a presentación-guía para este acto.

* E algunhas datas de referencia para seguir o desenvolvemento dos acontecementos.

* Velaí vos deixamos algunhas das intervencións de Hans Leip no acto.

* Unha explicación matemática, por Javier Seoane.

* Eu coido que é importante revisar a intervención de Karmentxu Cundín. E o video sobre a historia do Cap Arcona.

* Velaquí unha explicación do “Guernica” de Picasso -por Esther Díaz-, con video de referencia.

* Un fragmento de “A casa das cotovías”, de Antonia Arslan. E un video sobre o xenocidio armenio.

* Et, finalement, chantez avec nous Pour la peine!

One thought on “M(L)OVE

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s