Eclipse


Este 20 de marzo de 2015 terá lugar un eclipse solar que será visible en Europa. En España será visible claramente a partir das 9:16 a.m., aínda que o seu momento álxido coincidirá pouco despois das 10:00 a.m.

Lembra non ollar directamente ao Sol, nin a simple vista nin con gafas de sol; non utilices cámaras ou prismáticos sen os filtros solares axeitados. É conveniente ollar o Sol, sen perigo, vendo a súa imaxe proxectada sobre algún tipo de pantalla situada á sombra,  por exemplo deste xeito:

espello_eclipseNon é o único xeito. De feito, velaquí algunhas recomendacións para facer fotos do eclipse co teu smartphone.

Hoxe en día, sen embargo, existen tamén á nosa disposición multitude de organismos -con materiais máis sofisticados ca nós na nosa casa- que emitirán o evento en rede e nos farán disfrutar do eclipse paso a paso. Velaí algúns: o Observatorio Astronómico Nacional, o Planetario CETA-CIEMAT, o Planetario de Pamplona,… ou podes visitar a Casa das Ciencias de A Coruña para ollalo en directo, ou sumarte á información do hashtag #solareclipse2015  Non te eclipses, disfruta do eclipse: con ollo!!!

* Consulta unha animación sobre o que vai acontecer.

* E non teñas supersticións: o eclipse non che vai traer nada malo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s