O que move o mundo


Imos preparando a performance para a Semana Intercultural do noso IESP. Este ano temos fixada a ollada en 1915, cunha historia que enlazará guerra civil española, exilio, primeira e segunda guerras mundiais,… e imos tomar como elemento aglutinador unha novela de Kirmen Uribe.

“Tras o bombardeo de Gernika, o lendakari José Antonio Agirre reafirmouse na súa decisión de por a salvo aos nenos. Naquel 1937, entre maio e xuño, dezanove mil pequenos saíron do porto de Bilbao cara a diversos países europeos. A meirande parte deles atoparon refuxio en Francia, a Unión Soviética, Gran Bretaña e Bélxica. Viaxaron ao estranxeiro sos, sen os seus pais, coa única compaña dun grupo de profesores dispostos a axudalos.

O 6 de maio o buque Habana partíu por primeira vez cara a La Rochelle. Ían a bordo 2.483 refuxiados. Noutro tempo, o Habana tiña sido un transatlántico de luxo que efectuaba a ruta Bilbao-A Habana-México-Nova Iorque. O buque, construído na Naval de Sestao, era a estrela da compañía. Na década dos trinta tiña sido bautizado como Alfonso XIII, mais coa chegada da República cambiáronlle o nome. (…)

A ría de Bilbao estaba completamente bloqueada e non era fácil saír. Non o terían conseguido sen a axuda dos barcos da Royal Navy. O exército sublevado non vía con bos ollos a protección dos británicos; consideraba ilegal a intervención dun país estranxeiro, e ameazaron incluso con afundir aqueles barcos cheos de nenos. Sen embargo, as ameazas non se cumpriron, e o Habana continuou coas súas viaxes durante un mes máis. O último fíxoo o 13 de xuño, con 4.500 nenos a bordo, apenas unha semana antes de que caese Bilbao.”

Kirmen Uribe: Lo que mueve el mundo“.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s