A conspiración do silencio


Ven de estrearse en España un film sobre o proceso de Frankfurt (1963-1965), que se realizou naquela cidade alemana contra 22 detidos implicados no funcionamento do campo de exterminio de Auschwitz [*]. A meirande parte dos oficiais deste campo, incluído Rudolf Höss, xa foran xulgados en 1947 polas autoridades polonesas. O fiscal Fritz Bauer, de orixe xudea, iniciou a recollida de testemuñas individuais sobre a actuación dos oficiais nazis naquel campo.

O traballo de Bauer contribuíu á busca de información para capturar ao fuxitivo xerarca nazi Adolf Eichmann en Arxentina (1960), na operación Garibaldi levada a cabo polo Mossad, e no decurso da cal Eichmann foi capturado e trasladado a Israel, onde foi condeado a pena de morte. Intentos semellantes de captura producíronse co “anxo da morte” Josef Mengele -médico que experimentou con humáns no campo de Auschwitz-, mais foron infructuosos, pois Mengele acabou morrendo en Brasil en 1979, despois dun periplo por diversos países sudamericanos.

O filme aproxímanos ao primeiro xuizo realizado en Alemania contra responsables do nazismo (os xuizos de Nuremberg foran realizados baixo auspicio norteamericano, na época de ocupación). En verbas do director da película, Giulio Ricciarelli, o nazismo continuou a ser un tema tabú en Alemania ata 1968, na época en que o Estado do que Adenauer era chanceler (a RFA) exercitou unha amnesia colectiva con respecto á Shoah.

A película traza un retrato de como abordar a memoria histórica en países afectados por crimes de guerra. Recomendámosvos a súa visión no día (27 de xaneiro de 2015) en que se cumplen exactamente 70 anos da entrada do Exército Roxo no campo de Auschwitz para a súa liberación, e hai actos programados de celebración do acontecemento.

* Regardez “la solution finale”, d’après histoirealacarte.com.

* Visitez le website du musée Auschwitz-Birkenau. [E un gráfico sobre o campo de exterminio].

* Regardez les mots-clés autour du film.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s