Europa, 1900


Dicía nunha entrevista na revista If hai varios anos o historiador das ideas Peter Watson que “Europa pode ser considerada como o logro colectivo máis admirable da historia”. Coido que é tempo de suscribilo, unha e outra vez, máis nestes días de anguria colectiva e reivindicación do laicismo e da liberdade de expresión, verdadeiros piares da nosa civilización. Eses piares asentáronse nos inicios do século XX, cando París celebraba a súa Exposición Universal de 1900, ao tempo que a Europa imperialista estendía os seus tentáculos polo orbe.

“En 1900 Gran Bretaña era a nación máis influinte da terra, tanto no ámbito político como no económico. Tiña posesións en Norteamérica e Centroamérica, e en Sudamérica, Arxentina dependía dela en grande medida. Tamén posuía o goberno dunha serie de colonias en África e Oriente Medio, e os seus dominios chegaban ata Australasia. O resto do mundo estaba na súa meirande parte dividido entre as potencias europeas: Francia, Bélxica, Holanda, Portugal, Italia e incluso Dinamarca. Os Estados Unidos adquiriran o Canal de Panamá en 1899, e acababan de facerse coas últimas pertenzas do Imperio español. Sen embargo, e a pesares de que a sede de poder dos Estados Unidos ía en aumento, o país que dominaba o mundo das ideas -en filosofía, nas artes e as letras, nas ciencias naturais e en ciencias sociais- era sen dúbida Alemaña, ou para ser máis precisos, os países de fala alemá. Este feito ten unha grande relevancia, porque a tradición intelectual alemá non estivo, nin moito menos, á marxe dos posteriores acontecementos políticos.

Unha das razóns desta situación preeminente dos alemáns na esfera do pensamento eran as súas universidades, que foron a orixe de grande parte da química do século XIX e se atopaban na vangarda dos estudos bíbliocos e a arqueoloxía clásica, por non mencionar o propio concepto de doutoramento, que tivo a súa orixe en Alemaña. A segunda razón era de orde demográfica: en 1900 había en todo o territorio xermano parlante trinta e tres cidades con máis de cen mil habitantes, e a vida urbana era un elemento imprescindible á hora de crear un mercado de ideas. De entre todas estas cidades sobresaía Viena: se hai un lugar que poida considerarse como representativo da mentalidade da Europa occidental nos albores do século XX, este é sen dúbida a capital do Imperio austrohúngaro.

A diferenza doutros imperios, como, por exemplo, o británico ou o belga, a monarquía dual austrohúngara, baixo o dominio dos Habsburgo, posuía a meirande parte dos seus territorios en Europa: comprendía parte de Hungría, Bohemia, Romanía e Croacia, e contaba cun porto de mar en Trieste, que hoxe pertence a Italia. Por outra banda, estaba moi pechado en si mesmo; os xermanos formaban parte dunha raza orgullosa, moi consciente do seu pasado histórico e do que pensaban que os distinguía dos demáis pobos.”

Peter Watson: Historia intelectual del siglo XX“.

* “Viena, 1900”, un documental en 4 partes: 1, 2, 3, 4.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s