Grand Tour


Johann-Zoffany_tribuna-1“Semella que a expresión “Grand Tour” naceu en 1670 nunha especie de guía turística que realizou un tal Richard Lassels despois dunha viaxe por Italia. Sexa como fose, a finais do século XVII a expresión xa fixera fortuna entre as clases altas do norte de Europa, en Alemaña e, sobre todo, en Inglaterra. E os xoves da alta sociedade xermana e británica, así como os escritores e pintores máis acomodados, lanzáronse a completar a súa formación clásica cun periplo polo sur, por Francia e por Italia, que podería durar incluso anos, e no que viaxaban acompañados por servos, secretarios, preceptores, amigos e, incluso, amantes, aínda que daba maior prestixio lograr unha amante italiana que levala posta. A viaxe podía concluir en Nápoles ou Sicilia, mais Roma era sen dúbida parada obrigatoria. Tanto furor espertou a aventura nos xoves británicos que toda a zona que rodea a actual Piazza di Spagna se coñecía co nome de “bairro dos ingleses” e había un famoso café coñecido co mesmo nome na Via della Croce, hoxe desaparecido. Notables escritores europeos, como o citado Goethe, e os Sterne, Stendhal, Dickens, Henry James, o español Fernández de Moratín…, e incluso moitos outros máis modernos, entre os que hai unha boa tropa de americanos, como Pound ou Hemingway, viviron e aínda siguen a vivir o seu particular “Grand Tour”. Tratábase (trátase aínda) de descubrir o corazón artístico da cidade e, con sorte, de vivir algunha que outra aventura sentimental. E de facer currículo, por suposto.”

Javier Reverte: Un otoño romano“.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s